"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Sociólogo norteamericano. Profesor en Columbia, inclinouse nun primeiro momento polo evolucionismo psicolóxico. Froito desta época foi a súa obra fundamental, Principles of Sociology (1896), abreviada e modificada en Elements of Sociology (1898). Posteriormente, decantouse cara a posicións cuantitativistas e condutistas, polo que foi recoñecido como un dos fundadores do neopositivismo sociolóxico. Neste sentido escribiu The Scientific Study of Human Society (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Debutou con Les cahiers d’André Walter (1891) e con outras obras que manifestan análises psicolóxicas e reflexións sobre o desexo e o amor. Da súa produción destaca Les nourritures terrestres (1897), Prométhée mal enchaîné (1899), Corydon (1911), Les caves du Vatican (1914), Symphonie pastorale (1919) e as obras dramáticas Roi Candaule (1901), Oedipe (1932), Thésée (1946) e Journal (1949-1953). Defendeu a liberdade individual, denunciou os excesos do colonialismo (Voyage au Congo, 1927) e criticou o conformismo (L’École des Femmes, 1929). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e dramaturgo. Foi un dos fundadores do Teatro de Cámara de València e traballou como profesor do Instituto de Arte Dramática de València, cidade na que desenvolveu un importante labor cultural. Autor de máis de trinta obras, moitas delas estreadas, a súa escrita presenta diversos rexistros que van da farsa, cunha dimensión social, a textos máis simbólicos ou experimentais. Entre elas destacan El sueño es vida (1952), El tótem en la arena (1960), Muy alto, muy rubio, muy muerto (1964), El cubil (1969), La erotísima Doña Inés (1976) ou El petrolio (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Investigador no campo da etnografía, coordinou o suplemento cultural Cataventos de El Ideal Gallego e colaborou en La Voz de Galicia. Dirixiu a Guía de la artesanía de Galicia (1984) e publicou Galicia artesana (1988) e O liño (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos casteláns do s XVI. Juan Gil de Hontañón (? Cantabria 1480? Salamanca 1531?) formouse con Simón de Colonia e instalouse en Salamanca, onde interveu na catedral nova (1512). En 1513 nomeárono mestre maior da catedral de Sevilla con Alfonso Rodríguez. En 1521 trasladouse a Granada onde colaborou con Enrique Egas na catedral e en 1525 iniciou a catedral de Segovia. O seu fillo Rodrigo Gil de Hontañón (Rasines? Cantabria 1500-Segovia 1577) combinou a estética gótica coas novas tendencias renacentistas. Sucedeu a seu pai na obra da catedral de Segovia e traballou nas de Salamanca, Plasencia, onde foi mestre maior dende 1544, Astorga e Ciudad Rodrigo. En 1538 sucedeu a Juan de Álava como mestre maior da catedral de Santiago de Compostela, onde fixo a fachada do Tesouro e o claustro e interveu na fachada S. Atribúeselle unha casa situada na rúa de Tras de Salomé da que se conserva só o primeiro corpo organizado por catro arcos con medallóns....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Gobernador do asentamento español nas Malvinas (1174-1779), foi vicerrei de Nova Granada (1788-1792) e do Perú (1792-1796). De ideas ilustradas, potenciou a creación dos xornais Mercurio Peruano (1791) e da Gaceta de Lima (1793), o desenvolvemento da Sociedad Cultural Amantes del País e da Tertulia Poética (1791), e a fundación, entre outras, dunha cátedra de Anatomía (1792) e da Academia de Naútica (1794). De volta a España foi elixido membro do Consejo Supremo de Guerra, director xeral da Armada (1799) e ministro de Mariña (1866). Trala chegada ao trono de Fernando VII, formou parte da Junta de Goberno que se desprazou a Baiona, que abandonou trala subida ao poder de Xosé Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e político. Estudiou ciencias exactas e literatura. Foi nomeado oficial do ministerio do Interior (11.4.1835), oficial da secretaría de Gobernación (1843) e de aí pasou a director xeral de Instrución Pública e subsecretario do ministerio de Gobernación. Coa revolución de 1854 cesou dos seus cargos e en 1856 volveu exercer na Instrución Pública. Foi o responsable intelectual do Plan Pidal de educación secundaria que poñía en marcha os institutos de bacharelato, cunha ordenación que substancialmente despois recolleu a Lei Moyano (1857), e avogaba pola necesidade de secularizar o ensino (De la Instrución Pública en España, 3 vols, 1855). A súa obra literaria inclúe dramas (El entrometido, 1825; Cuidado con las novias, 1826; Un año después de la boda, 1826; Carlos II el Hechizado, 1837; Rosamunda, 1839; Guillermo Tell, 1843), comedias (Matilde, 1841; Un amigo en el candelero, 1842; Cecilia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Licenciouse en Filosofía e Letras. Codirector da revista Nós, é membro do consello de redacción da revista Agália. Escribiu Sobre o acordo ortográfico desde a Galiza (1987) e Luzes e espirito (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1954 formou parte do Salón de los Once de Eugeni d’Ors. A súa pintura participa do expresionismo, a abstracción e o neofigurativismo. Fundou o Grupo Parpalló e cultivou o gravado e a cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Membro dende 1944 do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, foi director dos Centros Provinciais de Arquivos e Bibliotecas de Lugo. Creou a Biblioteca Pública Provincial Unificada, o Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas (1948) e o Arquivo Histórico Provincial de Lugo (1951). Dirixiu o arquivo da Delegación de Facenda e o Arquivo Histórico do Reino de Galicia. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico del Reino de Galicia: guía del investigador (1968) e La vida y obra de don José Cornide Saavedra: breve biografía (1992). Membro da Real Academia Galega dende 1975, do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses e do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e crego portugués. Entre 1214 e 1219 estivo posiblemente exiliado na corte de Afonso IX de León. Casou con Maria Garcia de Sousa, filla de Garcia Mendiz d’Eixo, un dos primeiros trobadores en cultivar a lírica medieval galego-portuguesa. O Cancioneiro da Bilioteca Nacional de Lisboa conserva da súa autoría a cantiga de amor, “Tu, que ora vëes de Monte-mayor”, unha das composicións máis antigas dos cancioneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Lugo (1735-1745) e arcebispo de Santiago (1745-1751). Foi colexial maior de Santa Cruz de Valladolid e reitor do colexio de Fonseca (1713). En 1725 tomou posesión dunha coenxía en Sevilla, que conmutou por unha en Santiago, onde tamén exerceu como administrador do Hospital Real. Tras ser nomeado bispo de Lugo (1735), fomentou a educación dos nenos do coro catedralicio, mandou construír o retablo da capela da Nosa Señora dos Ollos Grandes e ampliou o palacio espiscopal. Foi delegado rexio de Filipe IV para efectuar a ofrenda ao Apóstolo (1745).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Formado en teoloxía, foi catedrático de Filosofía na Universidad de Salamanca. En 1706 trasladouse ao convento de Santiago de Compostela, onde exerceu de lector de teoloxía, de examinador sinodal do arcebispado e de censor de libros para a Inquisición. Foi provincial da súa orde e posteriormente visitador da mesma (1713 -1716). Das súas obras destacan Acerca de las indulgencias concedidas a los que asisten a las doctrinas y a las misiones (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Doutor en Xurisprudencia pola Universidad Central de Madrid, foi catedrático de diversas disciplinas na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu á comisión encargada de redactar as observacións do claustro da universidade compostelá sobre o proxecto de instrución pública en 1869. Dos seus escritos destacan De los Censos en la Legislación General de España: Indicaciones (1880) e Proyecto que el vogal de la comisión constituida para emitir informe acerca del derecho foral de Galicia, o denominado así, somete como ponente de la misma comisión al juicio de sus ilustrados compañeros (1889). Foi decano do Colexio de Avogados e da facultade de Dereito, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, senador real e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan La fascinación de lo real (1927), Vibración de estío (1928), Como pudieron ser. Galerías del Museo del Prado (1929), Misteriosa presenza (1936), Son nombres ignorados (1938), Concertar es amor (1951), Concierto en mi menor (1964), La trama inextricable (1968), Fuentes de la constancia (1972), La Meta-física (1974) e Homenajes e in promtus (1976). Nomeado doutor honoris causa pola Universitat d’Alacant (1985), foi presidente do consello de cultura da Generalitat Valenciana (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e historiador. Formado en filosofía e teoloxía nos conventos de Sarria e Poio, ingresou en 1906 nos mercedarios. Os seus intereses históricos centráronse no estudo da presenza dos misioneiros en América e Filipinas. Director de La Merced, das súas obras destacan La Merced en Perú (1945), La traida de libros y vestuarios en el siglo XVI de los misioneros, desde sus conventos a Sevilla, pasados por el Tesorero de la Casa de Contratación (1954) e Aviamiento y catálogo de los misioneros que en el siglo XVI pasaron de España a Indias y Filipinas según los libros de Contratación (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de artistas formada por Gilbert Proech e George Passmore na St. Martin School of Art de Londres, onde se suman á experimentación da corrente conceptual e deciden converter os seus corpos en arte, a través da creación de esculturas vivas, seguindo a tradición medieval dos tableaux vivants, coas que tentaban rachar as fronteiras entre arte e vida. Un dos seus primeiros traballos foi The Singing Sculpture (1969). Todos os seus traballos posteriores, The Meal, Drinking Sculpture, The Red Sculpture, están realizados nesa mesma dirección, utilizando o corpo humano como obxecto artístico, xunto con novos soportes como a fotografía e o cine. O seu traballo tivo unha considerable influencia nas orientacións de xéneros artísticos mixtos como as accións escénicas, as instalacións ou as intervencións plásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Traballou nas universidades de Charlottesville e Dallas. En 1987 demostrou que as proteínas G actuaban coma mensaxeiros secundarios na transmisión de sinais, activando e desactivando certos procesos biolóxicos. En 1994 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Martin Rodbell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi un dos fundadores do Camden Town Group e primeiro presidente do London Group. Cultivou o retrato, o bodegón, a paisaxe e temas relacionados coa clase traballadora. Recibiu a influencia postimpresionista no emprego dunha paleta brillante e da simplificación de planos.

    VER O DETALLE DO TERMO