"ABI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 731.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que arabiza.
-
-
Imitar a lingua, o estilo e os costumes arábigos.
-
Imprimir o carácter árabe.
-
Afacerse aos costumes e formas árabes.
-
-
PERSOEIRO
Procedente dunha familia carlista do barrio de Abando, fundador do nacionalismo vasco moderno. Proporcionou os primeiros alicerces teóricos ao nacionalismo vasco, unindo a tese da independencia para Euskal Herria cunha ríxida relixiosidade e unha posición aburguesada fronte ás problemáticas sociais. Participou en diversas publicacións periódicas e escribiu traballos de revaloración da cultura autóctona, sobre todo lingüísticos: Etimologías euskéricas (1887), Gramática elemental del euzkera bizkaino (1888, incompleta), Lecciones de ortografía del euzkera bizkaino (1896), Orígenes de la raza vasca (1889) e Bizkaya por su independencia (1892). Foi preso por motivos políticos (1895-1896 e 1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ostān de Ardabil, no Acerbaixán Oriental, Irán, na beira occidental do mar Caspio (329.869h [1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán na fronteira co Acerbaixán (17.814 km2; 1.141.625 h [1991]). Forma parte da rexión natural do Acerbaixán, repartida entre estes dous estados. A máxima altitude do ostān son os 4.814 m do monte Sabalan, e a súa capital é Ardabil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo Sa-rabia.
-
PERSOEIRO
Político vasco. Licenciado en Dereito e doutor en Letras, ampliou os seus estudios en Alemaña e posteriormente foi profesor de Dereito Político nas Universidades de Madrid, Bilbao e Deusto. En 1968 ingresou no Partido Nacionalista Vasco (PNV), polo cal foi deputado a Cortes (1977-1979). En 1980 foi elixido Presidente do partido, pero demitiu en 1984. No ano 1986 foi reelixido, así como en anos posteriores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e deseñador gráfico. Como ilustrador publicou Onnameya (1980), Maxina ou a filla espúrea (1987), O Pergameo de Elir (1989), O conto da boa e da mala pipa (1996), Dous máis dous (1998), Camiño de fantasía (1998), Claudina volveu (1998), A brétema (1999), a Colección Sol e Sombra (2004), Sorrisos e boa colleita (2008) e PIC-NIC (2011). A súa actividade artística abrangue tamén a pintura e o gravado. A súa obra expúxose na sala La Fábrica de Allariz (1996) e na exposición colectiva Ars Saliniensis, celebrada en Cambados en 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afasia na que o paciente pode recoñecer as letras pero é incapaz para reunilas mentalmente ou de formar unha sílaba.
-
-
Non silábico.
-
Fonema que non ten por el mesmo capacidade para dar lugar a un núcleo silábico nunha lingua determinada. Identifícase case sempre co fonema consonántico e oponse a todos os vocálicos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Asiria e a Babilonia, consideradas como unha unidade lingüística, histórica e cultural.
-
acadio.
-
Literatura escrita en lingua acadia, con caracteres cuneiformes, aparecida en Mesopotamia nos primeiros séculos do segundo milenio a C. Desenvolve especialmente temas mitolóxicos e relixiosos comúns aos pobos mesopotámicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de asociable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización socio-laboral fundada en abril de 1932 en Vigo. Estaba conformada por maquinistas e patróns de pesca da cidade e non se establecía a afiliación de mariñeiros. A fins de 1932 ingresou na UGT baixo a denominación de Sociedad de Patrones, Habilitados y Fogoneros, sendo unha das poucas organizacións de traballadores do mar afiliada ao socialismo, xa que a CNT exercía, por eses anos, un total dominio sobre o sector mariñeiro galego.
-
-
Tipo de armila portátil apta para medir a altura dos astros. O modelo máis coñecido consistía nun círculo de metal, sostido cun anel na súa parte superior e mantido no plano da vertical do astro observado. Ao dirixir a alidada, que era xiratoria, cara ao astro, a escala graduada do canto do círculo daba o valor da altura do astro. O astrolabio, coñecido polos exipcios no s III a C -hai, sen embargo, quen lle atribúe a invención a Hiparco, s II a C-, é descrito por Ptolomeo (s II d C) no Almaxesto. Introducido na Península Ibérica polos árabes, foi construído e adaptado á numeración latina por Sunifred Llobet a finais do s X, quen ensinou o seu funcionamento a Xerberte d’Aurillac, futuro Papa Silvestre II, que á súa vez difundiu o seu coñecemento por Europa. O astrolabio náutico, usado durante a Idade Media, foi substituído polo octante e posteriormente polo sextante. Na actualidade só se empregan os astrolabios de prisma.
-
Aparello astronómico destinado a coñecer o momento de paso dunha estrela por unha distancia cenital establecida. Consiste nun prisma de vidro, situado ante un lente, e un horizonte artificial de mercurio, situado diante e na parte inferior do prisma. Hainos de 60° (prisma equilátero) e de 45°. O de 60° -o máis coñecido-, disponse horizontalmente, acaroado á vertical dunha estrela, de forma que o observador vexa ao mesmo tempo, a través da lente, a estrela e a súa imaxe reflectida no horizonte artificial. Das observacións feitas dedúcese a latitude do lugar.
-
Astrolabio de prisma de 60° perfeccionado por A. Danjon ao dotalo dun micrómetro impersoal que permite inmobilizar as dúas imaxes que aparecen no campo visual no momento da súa coincidencia.
-
Astrolabio adaptado ás observacións que tiñan que facer os navegantes. Os primeiros modelos daban a altura do astro observado, pero no s XVI foi modificada a graduación e daban directamente a distancia cenital.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bile negra, considerada antigamente a causa da hipocondría.
-
-
De bile negra, hipocondríaco.
-
De carácter difícil ou irascible.
-
-
PICOS
Pico dos montes Beskidy (1725 m), o máis elevado da serra, na fronteira entre Eslovaquia e Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural de León, no límite con Asturias. Situada nas estribacións occidentais da Cordilleira Cantábrica, é unha comarca de alta montaña. A máxima cota son os 2.417 m da Peña Ubiña. Está drenada polo Sil, que ten aquí as súas fontes. Na Idade Media, en Babia estaba a residencia de caza dos reis, por mor da abundancia de especies venatorias nos seus vizosos bosques.
-
PICOS
Pico dos montes Beskidy (1725 m), o máis elevado da serra, na fronteira entre Eslovaquia e Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural de León, no límite con Asturias. Situada nas estribacións occidentais da Cordilleira Cantábrica, é unha comarca de alta montaña. A máxima cota son os 2.417 m da Peña Ubiña. Está drenada polo Sil, que ten aquí as súas fontes. Na Idade Media, en Babia estaba a residencia de caza dos reis, por mor da abundancia de especies venatorias nos seus vizosos bosques.