Babia
Babia
Comarca natural de León, no límite con Asturias. Situada nas estribacións occidentais da Cordilleira Cantábrica, é unha comarca de alta montaña. A máxima cota son os 2.417 m da Peña Ubiña. Está drenada polo Sil, que ten aquí as súas fontes. Na Idade Media, en Babia estaba a residencia de caza dos reis, por mor da abundancia de especies venatorias nos seus vizosos bosques.