"AIX" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 193.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Riotorto. Ten unha soa nave cuberta a dúas augas. O arco triunfal é de medio punto e a ábsida ten unha cuberta a catro augas. No exterior destaca a espadana de dous corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Peza de roupa interior, normalmente elástica, empregada habitualmente polas mulleres, coa que se cingue parte do corpo.
-
Peza de tecido elástico ou de coiro que serve para cinguir o corpo e soster as vísceras abdominais en caso de ptose.
-
Tira de tea ou doutro material que se pon por riba da roupa rodeando a cintura.
-
Tira de tea que se usa como insignia dun determinado rango militar, civil ou eclesiástico.
-
-
Zona en forma de banda máis longa ca ancha, especialmente no terreo.
-
Motivo decorativo consistente nunha moldura que cingue unha construción, como unha ventá ou unha porta, ou calquera outro elemento decorativo.
-
-
Tira de lona que se cose á vela para reforzala.
-
faixa de rizos
Faixa de lona cosida a unha vela, paralelamente ao grátil ou á parte inferior da vela que vai do puño de amura ao puño de escota, desde unha relinga á oposta, onde van fixados os rizos.
-
-
...
-
-
-
de faixar.
-
Aplícase ao escudo que ten o campo cuberto de faixas, alternativamente dun metal e dunha cor, en numero parello; se pasa de oito denomínase burelado ou cintado. Tamén poden ser faixados os restantes obxectos heráldicos, como o león envolto en cinta.
-
Aplícase aos deseños de plumaxe ou pelame que presentan bandas ou raias anchas dunha cor contrastada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer unha faixa a algo ou a alguén ou cinguir con ela.
-
-
de faixear.
-
Conxunto de faixas que cobren as portas pola súa parte externa e interna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colocar a faixa a unha construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza resultante da diminuición da largura da faixa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade sen ánimo de lucro creada en 1990 coa finalidade de promocionar un mecenado social e cultural. Estrutúrase en catro grandes programas: o educativo, cun programa de investigación e bolsas; o cultural, co patrocinio de diferentes actividades; o social, con actividades de mellora da calidade de vida dos cidadáns; e o desenvolvemento rural e do medio ambiente. Dispón de diversos equipamentos, como o Museu de la Ciència en Barcelona, de centros culturais e dunha gran rede de salas de exposicións e outra de bibliotecas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1989 por Caixa Galicia coa finalidade de promover as actividades culturais en calquera das súas posibles manifestacións. Ten a súa sede principal na Coruña. Centrouse no eido da investigación, das belas artes e da promoción cultural e na concesión de bolsas. Convoca diversas actividades de índole cultural. O interese polas artes plásticas deu lugar á creación da Colección Caixa Galicia (1996), con sede na Coruña, constituída por fondos xa existentes e enmarcada nunca política de novas adquisicións que ten en conta as achegas da arte máis nova en Galicia. Pintura, escultura, instalacións e fotografía constitúen os fondos da colección. Posúe varias salas de exposicións e participa así mesmo, en mostras de arte contemporánea. Conta cun servizo pedagóxico para estudiantes e realiza talleres para os mais novos. Dende o curso 1997-1998 concede diversas bolsas de estudios no estranxeiro.
-
PERSOEIRO
Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1815-1840), fillo e sucesor de Guillerme V de Orange-Nassau. Recoñecido como rei dos Países Baixos e Bélxica polo Congreso de Viena, cedeu os seus territorios patrimoniais en Alemaña e Prusia a cambio do Ducado de Luxemburgo (1815). Potenciou o desenvolvemento agrícola e industrial dos Países Baixos, aínda que gobernou de forma absoluta. Trala revolución de 1830 perdeu Bélxica e viuse obrigado a aceptar un réxime parlamentario en Holanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1840-1849), fillo e sucesor de Guillerme I. Trala invasión francesa dos Países Baixos (1795), exiliouse xunto coa súa familia a Inglaterra, onde estudiou na Universidade de Oxford e ingresou no exército británico. Tras acceder ao trono despois da abdicación do seu pai (1840), o seu reinado caracterizouse pola concesión dunha Constitución parlamentaria e liberal (1848) en que se limitaban amplamente os poderes do monarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1849-1890), fillo e sucesor de Guillerme II. Durante o seu reinado produciuse a conversión do Ducado de Luxemburgo nun territorio neutral baixo a garantía das grandes potencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña dos Países Baixos (1890-1948), filla e sucesora de Guillerme III. Trala súa coroación (6 de setembro 1898), produciuse a separación definitiva con Luxemburgo, que rexeitou ser gobernado por unha muller. Mantivo a neutralidade dos Países Baixos durante a Primeira Guerra Mundial e durante a ocupación nazi, na Segunda Guerra Mundial, exiliouse en Londres xunto co goberno. Regresou aos Países Baixos en 1945 e tres anos máis tarde abdicou na súa filla Xiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista otomano. Gran visir de Mehmet IV (1676), loitou contra Leopoldo I de Austria no sitio de Viena (1683), pero foi derrotado por Jan Sobieski de Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura da República Centroafricana (17.604 km2; 223.306 h [estim 1989]). A capital é Mobaye (5.816 h [estim 1989]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Larache.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ortigueira baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Seixido (A Lama). O seu cumio acada os 662 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO