faixa
(< lat fascĭa ‘venda, faixa’, de fasce‘feixe’)
-
s
f
-
Peza de roupa interior, normalmente elástica, empregada habitualmente polas mulleres, coa que se cingue parte do corpo.
-
Peza de tecido elástico ou de coiro que serve para cinguir o corpo e soster as vísceras abdominais en caso de ptose.
-
Tira de tea ou doutro material que se pon por riba da roupa rodeando a cintura.
-
Tira de tea que se usa como insignia dun determinado rango militar, civil ou eclesiástico.
-
-
s
f
Zona en forma de banda máis longa ca ancha, especialmente no terreo.
-
s
f
Motivo decorativo consistente nunha moldura que cingue unha construción, como unha ventá ou unha porta, ou calquera outro elemento decorativo.
-
[MAR]
-
s
f
Tira de lona que se cose á vela para reforzala.
-
faixa de rizos
Faixa de lona cosida a unha vela, paralelamente ao grátil ou á parte inferior da vela que vai do puño de amura ao puño de escota, desde unha relinga á oposta, onde van fixados os rizos.
-
s
f
-
[HERÁLD]
-
s
f
Peza fundamental que atravesa horizontalmente o campo, normalmente o centro dun escudo, e ocupa un terzo de ancho do mesmo. Esta amplitude diminúe ao aumentar o número; se son máis de catro faixas, denomínanse cintas. Cando está dividida por outra faixa horizontal recibe o nome de faixa cortada ou contrafaixa.
-
en faixa
Aplícase ás pezas alongadas ou dos mobles colocados na dirección propia da faixa.
-
faixa banda
Peza composta que resulta da unión da faixa e da banda, cando esta só ocupa a parte inferior do escudo.
-
faixa barra
Peza composta que resulta da unión da faixa e da barra, cando esta só ocupa a parte inferior do escudo.
-
faixa en divisa
Faixa diminuída nun terzo do seu largo normal.
Sinónimos: cinguideiro, cinta. -
faixa cantón
Peza composta que resulta da unión da faixa e do cantón sinistro.
-
faixa semibanda
Peza composta que resulta da unión da faixa e da metade inferior da banda.
-
faixa semibarra
Peza composta que resulta da unión da faixa e da metade inferior da barra.
-
faixa semipal
Peza composta que resulta da unión da faixa e da metade inferior do pal.
-
s
f