faixa

faixa

(< lat fascĭa ‘venda, faixa’, de fasce‘feixe’)

  1. s f
    1. Peza de roupa interior, normalmente elástica, empregada habitualmente polas mulleres, coa que se cingue parte do corpo.

    2. Peza de tecido elástico ou de coiro que serve para cinguir o corpo e soster as vísceras abdominais en caso de ptose.

    3. Tira de tea ou doutro material que se pon por riba da roupa rodeando a cintura.

    4. Tira de tea que se usa como insignia dun determinado rango militar, civil ou eclesiástico.

  2. s f

    Zona en forma de banda máis longa ca ancha, especialmente no terreo.

  3. s f

    Motivo decorativo consistente nunha moldura que cingue unha construción, como unha ventá ou unha porta, ou calquera outro elemento decorativo.

  4. [MAR]
    1. s f

      Tira de lona que se cose á vela para reforzala.

    2. faixa de rizos

      Faixa de lona cosida a unha vela, paralelamente ao grátil ou á parte inferior da vela que vai do puño de amura ao puño de escota, desde unha relinga á oposta, onde van fixados os rizos.

  5. [HERÁLD]
    1. s f

      Peza fundamental que atravesa horizontalmente o campo, normalmente o centro dun escudo, e ocupa un terzo de ancho do mesmo. Esta amplitude diminúe ao aumentar o número; se son máis de catro faixas, denomínanse cintas. Cando está dividida por outra faixa horizontal recibe o nome de faixa cortada ou contrafaixa.

    2. en faixa

      Aplícase ás pezas alongadas ou dos mobles colocados na dirección propia da faixa.

    3. faixa banda

      Peza composta que resulta da unión da faixa e da banda, cando esta só ocupa a parte inferior do escudo.

    4. faixa barra

      Peza composta que resulta da unión da faixa e da barra, cando esta só ocupa a parte inferior do escudo.

    5. faixa en divisa

      Faixa diminuída nun terzo do seu largo normal.

      Sinónimos: cinguideiro, cinta.
    6. faixa cantón

      Peza composta que resulta da unión da faixa e do cantón sinistro.

    7. faixa semibanda

      Peza composta que resulta da unión da faixa e da metade inferior da banda.

    8. faixa semibarra

      Peza composta que resulta da unión da faixa e da metade inferior da barra.

    9. faixa semipal

      Peza composta que resulta da unión da faixa e da metade inferior do pal.