Faistenberger
Faistenberger
Familia de artistas alemáns activos nos ss XVII e XVIII. Entre outros membros cómpre destacar o escultor Benedikt Faistenberger (Kitbühel 1621-1693), que realizou, entre outras obras, o retablo de santo Andrés de Kitbühel; Andreas II Faistenberger (Kitbühel 1647-Múnic 1736) escultor e decorador que traballou, entre outras, na decoración do palacio dos Wittelsbach; Anton Faistenberger (Salzburgo 1663-Viena 1708), pintor formado en Italia que cultivou a paisaxe de temas heroicos; e os tamén pintores Joseph Faistenberger (Salzburgo 1675-1724) e Simon Faistenberger (Kitbühel 1695-1759).