"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Teórico e realizador cinematográfico ruso. Iniciouse no cine como colaborador de Einsenstein. No 1930 principiou unha liña baseada no gusto popular pola música e o circo, para adoptar posteriormente un estilo máis comprometido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso, membro do Proletkul’ t. Autor de Vosstanije (A insurrección, 1919), Utro (A mañá, 1921) e Veter (O vento, 1925), cultivou temas inspirados na Guerra Civil deses anos e nos problemas do traballo na nova sociedade soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Único fillo varón do Tsar Nicolao II e da súa dona, a Tsarina Alexandra F’odorovna. A súa hemofilia foi a causa principal da entrada de Rasputin na Corte. Durante a Revolución do 1917 fixérono prisioneiro e posteriormente executárono co resto da súa familia máis próxima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo do Tsar Pedro o Grande e da súa primeira muller, Lopukhina. Apoiado polo clero, opúxose ás reformas de seu pai, que decidiu excluílo da sucesión ao trono (1716). Un ano despois fuxiu a Viena e a Nápoles, pero volveu a Rusia. Foi aprisionado e executado no 1718 por conspirar contra o Tsar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e pedagogo ruso. Coñecido retratista, foi un dos promotores do paisaxismo lírico ruso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar ruso. O Tsar Nicolao II nomeouno Xefe do Estado Maior Xeral durante a Primeira Guerra Mundial. Despois da Revolución bolxevique uniuse a Denikin e traballou na Ucraína (1917-1918) organizando o Exército Branco, que había de loitar contra do soviético Exército Vermello. No 1918 foi nomeado membro do Directorio de Ufa (goberno provisorio antibolxevique) pero morreu axiña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso máis coñecido polo pseudónimo de Sergej Aleksandrovič Najd´onov. A súa obra describe a vida dos comerciantes e pequenos burgueses: Bludnyj syn (O fillo prodixio, 1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta soviético especializado en halterofilia. Acadou todos as marcas da categoría dos superpesados da década de 1970 e gañou os títulos olímpicos nos Xogos de Múnic 1972 e Montreal 1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbas da familia das crucíferas que se caracterizan pola presenza de pétalos maiores de 12 mm vivamente coloreados, xeralmente violáceos ou rosados. Pertencen aos xéneros Erysimum, Malcolmia ou Matthiola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao alelo.
-
-
Cada unha das formas alternativas que pode presentar un xene que ocupa o mesmo lugar nun cromosoma determinado ou en dous cromosomas homólogos, e que expresa de forma diferente un mesmo carácter mediante unha secuencia específica de nucleótidos. Os integrantes dun grupo de alelos son marcadores xenéticos mutuamente excluíntes, e xorden por mutación xenética. Nos organismos diploides, os alelos ocupan loci homólogos, é dicir, están nunha posición idéntica nos cromosomas homólogos.
-
serie de alelos múltiples/serie alélica
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade de presentar alelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso no que metabolitos secundarios producidos por plantas, algas, bacterias e fungos inflúen sobre o crecemento e desenvolvemento de sistemas agrícolas e biolóxicos. Os metabolitos secundarios de acción alelopática tiñan unha función orixinalmente de toxicidade para animais ou patóxenos pasando logo a desempeñar unha función daniña para as plantas veciñas, unha vez liberados no medio circundante. Os metabolitos tóxicos que produce unha planta son liberados ao medio ambiente onde teñen unha acción alelopática sobre outros vexetais e a planta produtora obtén unha vantaxe adaptativa fronte a plantas competidoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do cambio estrutural cromosómico no cal está implicada a parella de cromosomas homólogos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frecuencia alélica (composición xenética) dunha poboación. Os cambios no alelotipo poden xurdir por mutación, selección, derivación xenética ou procesos de migración en caso de illamento completo de poboacións.
-
-
Exclamación de orixe hebrea, que significa ‘cantemos himnos a Iavé’ e que expresa ledicia e agradecemento. No Antigo Testamento aparece sobre todo nos Salmos e no Libro de Tobías; no Novo Testamento, no libro da Apocalipse. Introduciuse na liturxia cristiá, fundamentalmente como resposta cantada a versículos dos salmos.
-
Berro de ledicia, de satisfacción, ao ver cumprida ou conseguida algunha cousa que implicaba algún tipo de esforzo no seu acadamento.
-
Estrofa que consta xeralmente de versos octosílabos pareados con rima consonante.
-
trevoácedo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Alemaña, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante da Alemaña.
-
Individuo pertencente a un pobo de lingua xermánica establecido, principalmente, na Europa central. As estirpes xermánicas occidentais fixadas na rexión, unha vez pasado o período das invasións ou migracións (francos, saxóns, alamáns, baiuvaríns, turinxios e frisóns), non comezaron a adquirir consciencia nacional ata que a participación do Imperio Carolinxio achega ao plano político a contraposición deste conglomerado étnico coas poboacións de fala románica, que despois serían Francia e Italia. A denominación nacional actual (deutsche) ten orixe no s VIII, do franco theudisk que designaba a fala materna dos francos instalados na Galia merovinxia, por oposición a walhisk, isto é, o latín falado polos indíxenas. A xeneralización desta denominación ten lugar durante os ss IX e X. A contraposición cos pobos románicos verase reforzada coa contraposición entre as poboacións xermánicas e eslavas. A conciencia nacional non chega a concretarse segundo o modelo europeo...
-
No xeito co que adoito se emprega en galego, o termo ‘alemán’ designa a lingua de cultura oficial na Alemaña, Austria e Suíza. En lingüística, ‘alemán’ (deutsch) designa unha gran variedade de falas que compoñen o grupo das linguas xermánicas occidentais, unha vez eliminado o anglofrisón. Estas falas subdivídense en dous grandes grupos: o baixo-alemán ou niederdeutsch, cunha grande lingua de cultura, o neerlandés, e o alto-alemán ou hochdeutsch, coa correspondente lingua de cultura, o alemán en senso ordinario ou restrinxido. Adóitase considerar que o trazo diferencial básico dos falantes altoalemáns é a denominada “segunda mutación consonántica”, que diferenza as oclusivas altoalemanas das de todas as outras falas xermánicas. Normalmente distínguense tres grupos de dialectos: o francónico, o alamánico e o bávaro-austríaco. No que toca ao alemán no sentido ordinario, é máis ben unha combinación artificiosa, que se remonta á lingua da corte e á chancelería dos...
-
arte alemana
-
cine alemán
-
dereito alemán
-
filosofía alemana
-
literatura alemana
-
música alemana
-
-
PERSOEIRO
Escritor castelán de ascendencia hebrea. Escribiu o Guzmán de Alfarache (1599), novela picaresca que obtivo inmediata sona e que significou a culminación do xénero, presentando todas as características propias. Escrito en primeira persoa, alterna as digresións morais coa historia da degradación do protagonista e a visión pesimista da condición humana. A segunda parte apareceu no 1604. En México publicou a Ortografía castellana (1609) e a biografía do seu protector Sucesos de Fray García Guerra (1613).
VER O DETALLE DO TERMO