aleluia

aleluia

(

  1. interx [RELIX/MÚS]

    Exclamación de orixe hebrea, que significa ‘cantemos himnos a Iavé’ e que expresa ledicia e agradecemento. No Antigo Testamento aparece sobre todo nos Salmos e no Libro de Tobías; no Novo Testamento, no libro da Apocalipse. Introduciuse na liturxia cristiá, fundamentalmente como resposta cantada a versículos dos salmos.

  2. interx

    Berro de ledicia, de satisfacción, ao ver cumprida ou conseguida algunha cousa que implicaba algún tipo de esforzo no seu acadamento.

    Ex: Aleluia, xa conseguimos os puntos que precisabamos!

  3. s f [LIT]

    Estrofa que consta xeralmente de versos octosílabos pareados con rima consonante.

  4. s f [PLANTA]

    trevoácedo.