"APA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

    1. Falta de impulsos, que comporta unha indiferenza aos estímulos que habitualmente orixinan as emocións. Adoito vai acompañada de pasividade evidente. Os casos extremos danse nos estados depresivos e nalgunhas esquizofrenias.

    2. Ausencia de paixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afectado de apatía.

    2. Dise do individuo de personalidade non emotiva e non activa, con tendencia á soidade, á intransixencia e á primacía do pensamento racional sobre os sentimentos e a acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluofosfato de calcio (PO4)3FCa5, ás veces con parte de clorofosfato de calcio (PO4)3ClCa5 en mestura isomorfa. Cristaliza no sistema hexagonal e toma formas prismáticas ou tubulares. Ten aspectos diferentes, desde incoloro e transparente ata moi escuro e opaco. As variedades amarela verdosa (esparragolita) e verde azulada (moroxita) son as máis importantes. Presenta un brillo vítreo. É fosforescente ao quentarse. É a materia prima principal para a obtención de ácido fosfórico. Atópase asociada a rochas magnéticas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten ningunha nacionalidade.

    2. Persoa individual que non ten nacionalidade. Esta situación prodúcese por un posible conflito negativo das leis de adquisición da nacionalidade ou pola existencia duns motivos legais de perda da nacionalidade (incluída a sanción penal), sen prever a posibilidade de adquirir outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acariñar coa man algo ou alguén.

    2. Tocar coas mans as cousas ou alguén para examinalos ou recoñecelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quedar calmo, con sosego e tranquilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das capas da ionosfera, coñecida tamén como rexión F, que funciona como reflectora nas telecomunicacións a longa distancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos arapaho ou á súa lingua.

    2. Individuo dun pobo de fala algonquina de América do Norte que habitaba na parte occidental da área dos bosques orientais, ao norte do Missouri, onde se dedicaba á agricultura; máis tarde pasou á área das praderías (no curso superior dos ríos Prata e Arkansas), onde se volveu cazador de bisontes.

    3. Subgrupo de linguas indíxenas de América do Norte da familia algonquina, do cal existen actualmente dous dialectos: o arapaho propiamente dito e o atsina. O número de falantes é inferior a 10.000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe osteoglosiforme que pode acadar máis de 5 m de lonxitude e 200 kg de peso, de corpo robusto, comprimido lateralmente e recuberto de grandes escamas. É de cor gris, con reflexos azuis ou vermellos. Ten a boca grande, provista de dentes no padal e na lingua. Vive en grandes ríos do norte do Brasil e das Güianas. De carne apreciada, constitúe o maior peixe de auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altiplano do Brasil, fronteirizo cos estados de Piauí, Ceará e Pernambuco (1.000 m de alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral de Mitrídates VI. Conduciu as campañas contra os romanos establecidos en Asia Menor. Sila derrotouno en Queronea (86 a C) e en Orcomen (85 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade dos turdetanos aliada dos cartaxineses que foi identificada coa actual Estepona (Sevilla). Foi tomada por Escipión o Africano (206 a C); a poboación, antes de renderse ante os romanos, inmolouse nunha fogueira. Este feito representa o comezo da conquista romana do val alto do Guadalquivir. Despois foi cidade romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos atapascanos.

    2. Individuo dunha gran familia de pobos indíxenas de América do Norte constituída por etnias moi diversas culturalmente e antropoloxicamente, que teñen en común a orixe histórica e o parentesco lingüístico consecuente. O centro de dispersión dos atapascanos é probablemente a zona do lago Athabasca, Canadá. Desde este punto, e ata o s XVI, estendéronse cara ao S, ao longo do O dos EEUU, ata chegar ás fronteiras actuais de México. O grupo da área cultural do sudoeste é o máis numeroso e homoxéneo (apache, navaho, kiowa-apache, etc). Actualmente quedan uns 120.000 individuos.

    3. Grupo de linguas faladas no Canadá. O lingüista Sapir engadiu ao atapascano as linguas haida, tlingit e eyak, e constituíu a gran familia na-dené. A lingua atapascana máis coñecida actualmente é o navaho que, cuns 140.000 falantes, é unha das linguas de América con máis vitalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atrapallar.

    2. Que se fixo ou dixo sen seguir unha orde ou regra.

    3. Que actúa ou di as cousas con precipitación e sen esmero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer as cousas apresuradamente, sen poñer atención.

    2. Mesturar as cousas sen orde ou regra.

    3. Producir confusión en alguén de maneira que non sabe qué dicir, qué facer ou cómo comportarse.

    4. Confundirse ou apresurarse na execución de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agarrar algo ou a alguén que foxe, que está en movemento ou que pode escapar.

    2. Conseguir, especialmente con enganos ou habilidade, algunha cousa que é proveitosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cubrir de bafo un cristal.

    2. Encherse de bafo un cristal.

    3. Anubrarse a vista momentaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de azarapallar.

    VER O DETALLE DO TERMO