"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Probablemente Bispo de Hierápole (Frixia). Foi coñecido grazas a unha inscrición sepulcral en versos gregos (epitafio de Abercio), na que se expresa de xeito simbólico a celebración da Eucaristía no Oriente e no Occidente. A festa celébrase o 22 de outubro.
-
PERSOEIRO
Escritor do grupo dos xeorxianos. Foi autor de obras de poesía, teatro e ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Foi un impulsor do urbanismo contemporáneo e un dos pioneiros do planeamento rexional. O seu método recóllese no manual Town and country planning (Planeamento rexional e urbano, 1933). Non obstante , o seu maior traballo foi o plano do “Gran Londres” (1944) en colaboración con J. H. Forshaw.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral escocés. Realizou os planos da remodelación de Dublín (1913) e de Addis Abeba (1955). Dirixiu a campaña británica nas Indias Occidentais (1795) e foi comandante en xefe do exército de Irlanda (1797-1798) e da expedición a Exipto (1801), onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Macizo antigo, tipo penichaira e coroado con manifestacións volcánicas, de 3.994 m situado no flanco oriental do Rift Valley, en Kenia. Está declarado Parque Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do condado de Dyfed, no País de Gales, Gran Bretaña, situada na ribeira norte da badía de Aberdaugleddau (13.934 h [1981]). Importante porto pesqueiro e petrolífero.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión de Grampian, en Escocia, Gran Bretaña, situada nunha chaira litoral do Mar do Norte, entre o Don e o Dee (190.465 h [1996]). Porto de mar, aeroporto e nó ferroviario, é o centro rexional da Escocia do NL. Dende a década de 1970, converteuse na base principal para a explotación de petróleo no Mar do Norte. Residencia real do s XII ao s XIV. Cómpre destacar a súa universidade (1494) e a súa catedral (ss XIV-XVI).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título co que se coñece a George Hamilton-Gordon .
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raza bovina de carne, de talle mediano e pelame negro. É orixinaria dos condados de Aberdeen e de Angus (NL de Escocia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba do xénero Romulea que pertence á familia das iridáceas, provista de tubérculo, xeralmente con dúas follas, flores de 6 tépalos soldados na base e cunha combinación de tres cores -amarela, branca e lila- repartidas en franxas, e froito en cápsula. En Galicia son frecuentes R. bolbocodium, en prados, rochedos e dunas, e R. clusiana, endemismo do occidente peninsular que aparece en areais e rochedos litorias.
-
PERSOEIRO
Médico inglés. Como cirurxián foi o primeiro en ligar os aneurismas da arteria ilíaca externa (1796).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.
-
Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan ostensiblemente do valor medio obtido co total das observacións.
-
Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo. Estas alteracións poden ser corrixidas por obxectivos compostos ou mediante o emprego dunha pequena abertura.
-
Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor. É un caso particular do efecto Doppler .
-
-
Nun sistema óptico, discrepancia entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.
-
aberración cromática/de refranxibilidade
Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe. A distancia focal dun lente depende do índice de refracción, e este da lonxitude de onda da luz incidente; se esta luz non é monocromática, o lente forma un certo número de imaxes de cores diversas. Combinando lentes convexas e cóncavas de materiais diferentes, conséguense sistemas de lentes de aberración cromática nula para dúas das cores do espectro e moi reducida para todas as outras (lente acromática).
-
aberración xeométrica
Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico, que se produce tamén con luz monocromática (astigmatismo, distorsión, aberración de esfericidade e aberración de curvatura).
-
-
Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas. Na especie humana, afecta a 1 de cada 150 neonatos vivos. Non obstante , o 90 por cento dos fetos portadores de aberracións cromosómicas graves non son viables e pérdense de xeito espontáneo. Entre as anomalías numéricas cómpre destacar as trisomías autosómicas (síndrome de Down ou trisomía 21, síndrome de Patau ou trisomía 13 e síndrome de Edwards ou trisomía 18), as trisomías gonosómicas (síndrome de Klinefelter ou trisomía XXY, trisomía XXX e trisomía XYY) e a monosomía gonosómica X0 ou síndrome de Turner; as monosomías autosómicas son inviables. Doutra banda, as aberracións estruturais inclúen unha serie de síndromes asociados á deleción, á traslocación, á duplicación e á inversión cromosómicas.
-
Fenómeno polo cal a dirección aparente en que ollamos un astro é diferente da dirección real, a que se pode determinar unindo imaxinariamente o astro e a Terra no instante da observación. Prodúcese porque a Terra, e o observador que está nela, se moven a unha velocidade que non se pode ignorar respecto ao valor finito da velocidade da luz. Os diferentes movementos dun observador solidario con respecto á Terra determinan as diferentes aberracións. Así, o movemento co conxunto do sistema solar determina a aberración secular e o movemento de rotación ao redor do eixe terrestre determina a aberración diurna; pero a de maior importancia é a aberración anual debida ao movemento de translación da Terra ao redor do Sol.
-
-
-
Que se desvía do tipo ordinario.
-
Dise dun órgano cunha configuración anormal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘desviación do delito’ e que fai referencia ao erro cometido polo criminal con respecto á víctima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión que significa ‘desviación do golpe’ e designa o desvío involuntario na comisión dun delito ou acto delitivo que fai recaer o efecto ou as súas consecuencias sobre un suxeito pasivo diferente do que pretendía o suxeito axente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festa do Día da Patria, que se celebra cada ano en Euskadi o domingo de Pascua. Dende a súa institución (1932) como homenaxe aos irmáns Luis e Sabino de Arana Goiri, baixo os auspicios do PNV, ten un carácter marcadamente popular e de reivindicación nacionalista.
-
-
Lugar ao descuberto.
-
abertura.
-
Pequeno intervalo de tempo en que deixa de chover.
-
Relaxación dun tendón producida por un esforzo excesivo.
-
Suco destinado ao rego dos campos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo comunal que non está pechado con tapia, valo nin ningún outro tipo de cerca.
-
-
de abrir.
-
-
Que sufriu abertura.
-
Que permite o paso.
-
Espacio amplo e sen ningún obstáculo.
-
-
Circuíto ou elemento do circuíto que presenta discontinuidade e, polo tanto, non permite o paso da corrente eléctrica.
-
Fonema que en posición tónica se realiza, articulatoriamente, mediante unha separación intermaxilar ou linguopalatal que crea unha maior abertura para a saída do aire. En galego os fonemas vocálicos /E/ e /O/ (présa [prEsa], óso [Oso]) son abertos, fronte a /e/ e /o/ que son pechados (presa [presa], oso [oso]).
-
Termo empregado por Punya S. Ray que designa aquela variedade lingüística que se pode deixar influír por outra.
-
Castelo, torre ou pazo que presenta aberturas nas portas e nas fiestras, a través das cales se ve o campo e o esmalte da peza que está cargada.
-
Ás dunha ave cando están separadas do corpo.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de abrir ou abrirse.
-
Separación entre dúas cousas próximas, entre dúas partes dunha mesma cousa ou espazo baleiro nun corpo que deixa un oco entre elas e permite o paso a través das mesmas.
-
Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.
-
Espacio baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.
-
Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que, procedente do obxecto, penetran nun instrumento óptico. Nos telescopios e nas cámaras fotográficas, ten moito interese a abertura relativa, é dicir, o coeficiente d/f entre o diámetro d da pupila de entrada e a distancia focal f. Nos microscopios emprégase a abertura numérica.
-
Nos ss XI, XII e XIII, consistía en devolver o feudo en poder do señor alodiario en caso de queixa, ou ben sen ela se a infracción habida non tivera perdón ou esmena.
-
Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.
-
Grao de diverxencia dos costados dun ángulo, dun compás, etc.
-