"Alón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 299.

  • Sociedade deportiva fundada no Porriño o 15 de outubro de 1988 (data de aprobación dos seus estatutos). A súa actividade céntrase no balonmán, con equipos de categorías masculinas e femininas. Na categoría femenina acadou os seus maiores éxitos deportivos, como herdeiro da tradición balonmanística da vila, que xa tivera un equipo feminino na División de Honor na década de 1970. Na tempada 1994-1995 proclamouse subcampión galego e acadou o ascenso á Primeira División, na que participou as dúas campañas seguintes. Na tempada 1996-1997 logrou o ascenso á División de Honor, na que disputou as tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001. Ademais dos éxitos colectivos, varias xogadoras formadas no club foron convocadas polas distintas seleccións españolas: entre elas destacan Lorena Domínguez Castro e Andrea Arias Dasilva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto masculino fundado en Ourense en 1979 co nome de Club Bosco-Salesianos. Principiou a súa traxectoria deportiva militando na Terceira División. Ao remate da tempada 1983-1984 conseguiu o ascenso á Segunda División. Dúas campañas máis tarde proclamouse subcampión de Segunda División, feito que lle permitiu acceder á Primeira División “B”. Permaneceu nesta categoría ata a conclusión da tempada 1988-1989, na que conseguiu o título de campión e o dereito a participar na Liga ACB. A súa primeira etapa na elite prolongouse durante nove campañas consecutivas, ata a do 1997-1998, na que descendeu. Logo de dúas tempadas na Liga LEB, ascendeu de novo á ACB (1999-2000). A tempada 2000-2001 foi a súa décima participación na máxima categoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estandarte ou bandeira que ten unha altura tres veces meirande ca a súa anchura e que remata en dúas puntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e conde. En 1814 loitou contra Francia e propuxo a creación dun estado lombardo. Conspirou contra os austríacos e foi detido (1821) e deportado a América (1835); no 1837 regresou a Europa. Fundou a publicación Il conciliatore (1818-1819).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo, crítico, compositor e pianista. Foi director en 1954 da escola de canto de La Scala de Milán. Autor de sonatas e de música sinfónica e escénica, publicou diversos estudios, entre os que destaca Storia della Musica (Historia da música, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Logo de presidir a confraría de pescadores de Moaña, dirixiu a sección de asuntos sociais do Sindicato Provincial da Pesca, presidiu a Federación Galega de Pósitos Marítimos e foi inspector do Instituto Social da Mariña. Dirixiu o xornal Galicia Marítima. Publicou, ademais das súas memorias, diversos artigos de pesca en Faro de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Despois da súa formación escultórica dedicouse á arquitectura. A súa arte evolucionou dende o predominio do elemento ornamental ata o dominio do elemento construtivo. En 1512 foi un dos conselleiros do cabido de Salamanca para a construción da catedral. Entre as súas obras destacan a igrexa da Piedad de Guadalajara (1526) e o palacio arcebispal de Alcalá de Henares (1530?-1540). En 1534 nomeárono mestre da catedral de Toledo, onde realizou a capela dos Reyes Nuevos (1531-1534). Como mestre do Alcázar toledano, traballou na fachada sur (1546), no patio (1550-1557) e trazou a escaleira imperial. Encargouse tamén do Hospital de Tavera (1541-1551) e realizou a Puerta Nueva de Bisagra (1559). En Santiago de Compostela participou en obras subvencionadas polo arcebispo Alonso III Fonseca. En 1518 pertenceu á comisión de arquitectos encargada da resolución dos problemas de construción do claustro da catedral. Atribúeselle o proxecto da fachada do colexio de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo, xornalista e escritor. De tendencia libertaria, colaborou antes da Guerra Civil española en Solidaridad Obrera e La Calle. A colección dos seus artigos publicados nestes semanarios, escritos nunha prosa poética moi persoal, presaxiou o seu recoñecido aliñamento coa poesía social nos anos corenta do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e sociólogo. Profesor, conferenciante e colaborador de prensa, é autor de numerosas publicacións científicas e políticas, e director de investigacións sociolóxicas. Foi coautor, xunto con Margarita Ayestarán, de Galleguidad y conflito lingüístico gallego (Las familias de la provincia de Pontevedra en 1974) e La comarca de la Ría de Arosa. Sus familias en 1974 (Avance de los resultados de una investigación sociológica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praza cercada pola que teñen entrada varias vivendas que se sitúan ao seu redor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de ensino medio de lingua e literatura galega, colaborou con artigos de carácter científico e divulgativo en revistas como A peneira, Cadernos da lingua ou Natureza galega. Entre outras obras, publicou Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín (1994), Crear o mar en Compostela (Premio de Poesía O Grelo 1993), Pel de ameixa (1996, Premio de Poesía Miguel González Garcés 1995), Setembro (1998, VII Premio Martín Codax de Poesía) e En atalaia aberta (2000). Ademais, participou no volume colectivo 8 e medio (1993) e nas antoloxías Para saír do século (1997) e Defecto 2000 (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Pintou, entre outras obras, o retablo colateral de Santa María a Nai na igrexa de Santiago de Allariz (1633).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Joaquín Dicenta Benedicto. Publicou, entre outras obras, a traxedia El bufón (1913), o poema dramático La leyenda del yermo (1915), El idilio de Pedrín (1916), os dramas Son mis amores reales (1925) e Leonor de Aquitania (1933) e, en colaboración con Antonio Paso, os disparates cómicos El cuarto de la gallina (1922), Simón y Manuela (1923) ou a traxicomedia Tutankamen (Rey de Egipto) (1924). Recibiu o Premio Piquer e o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Profesor numerario do Conservatorio Superior de Música da Coruña, estudiou nos conservatorios superiores da Coruña e Vigo, e dende 1997 é asesor técnico da consellería de Educación da Xunta de Galicia. Socio fundador e directivo da Asociación Galega de Compositores, é autor de publicacións didácticas de linguaxe musical e piano, amais dun monográfico sobre a obra do seu mestre Roxelio Groba. Colaborador na Revista Galega de Ensino e crítico musical en La Voz de Galicia, en 1986 gravou a música para a produción do Centro Dramático Galego de A noite vai coma un río. Na súa traxectoria profesional dedicou especial atención á transcrición de pezas de distinta autoría, sobre todo para quinteto de metais, escribiu obras sobre temas de P. Sorozábal (Variaciones sobre un tema de Pablo Sorozábal, 1990 e 1993) e de A. Gaos (Variaciones sobre “Rosa de abril”, 1997) e diversos lieder sobre textos de F. Pessoa (Estou só, 1985), G. Diego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Como docente tivo varios destinos, entre os que cómpre destacar a Escola Normal de Santiago, a Escuela Normal de Palencia, a Escola Normal de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de secretario (1894-1897) e de director interino (1897-1899), a Escola Normal de Ourense, onde foi director (1899-1901), e o Instituto de Pontevedra. Dirixiu a revista da Asociación de Maestros de Pontevedra, Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar (1894), e presidiu a Asociación Pedagógica de Pontevedra e a Asociación Provincial de el Magisterio de Primera Enseñanza de Ourense. É autor de Elementos de Geografía: para uso de los aspirantes a la carrera de magisterio de la enseñanza (1898), Estados nuevos y estados modificados de Europa, después de la Gran Guerra e Atlas de ejercicios gráficos de Geografía de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De ascendencia nobre, foi paxe do futuro Filipe II e participou na conquista de Chile. A súa obra La Araucana (1569) é un poema épico en oitavas reais que trata a subxugación que sufriu o pobo araucano, da que el mesmo formou parte. Os versos reflicten a influencia nesta obra de Virxilio, Lucano e, sobre todo, Ariosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das pezas horizontais dunha escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.

    2. Travesa horizontal dunha escada, onde se apoian os pés.

    3. Travesa dunha grade.

    4. Listón de madeira colocado horizontalmente nunha cancela ou nun portelo.

    5. Cada un dos diferentes niveis nos que se sentan os espectadores dun estadio, dun anfiteatro ou doutra instalación semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Chegou á presidencia de El Salvador (1903-1907) avalado polo home forte do momento, o xeneral Tomás Regalado. Liquidou a débeda Burrel cos EE UU. Despois da morte do xeneral, asinou a paz con Guatemala o 20 de xullo de 1906.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, no val do río Alberche, que drena o termo municipal (2.048 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa gandería e o sector servicios. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de orixe árabe, reconstruído entre 1435 e 1448 en estilo gótico flamíxero e mudéxar polo condestable de Castela Álvaro de Luna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a algo o grao conveniente ou o que lle corresponda.

    2. Medir ou determinar os graos de algo.

    3. Dispor ou ordenar algo por graos de xeito sucesivo.

    4. Marcar nun obxecto de medida os graos en que se divide.

    5. Obter certo grao ou título académico.

    6. Obter un grao na milicia.

    VER O DETALLE DO TERMO