Club Balonmano Porriño
Sociedade deportiva fundada no Porriño o 15 de outubro de 1988 (data de aprobación dos seus estatutos). A súa actividade céntrase no balonmán, con equipos de categorías masculinas e femininas. Na categoría femenina acadou os seus maiores éxitos deportivos, como herdeiro da tradición balonmanística da vila, que xa tivera un equipo feminino na División de Honor na década de 1970. Na tempada 1994-1995 proclamouse subcampión galego e acadou o ascenso á Primeira División, na que participou as dúas campañas seguintes. Na tempada 1996-1997 logrou o ascenso á División de Honor, na que disputou as tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000 e 2000-2001. Ademais dos éxitos colectivos, varias xogadoras formadas no club foron convocadas polas distintas seleccións españolas: entre elas destacan Lorena Domínguez Castro e Andrea Arias Dasilva.