"Alonso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 177.
-
GALICIA
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Vigo e subdirector xeral de urbanismo da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (COTOP). Das súas obras destacan os proxectos do hotel Palacio del Carmen en Santiago de Compostela e do mosteiro das beneditinas de Trasmañó en Redondela. Publicou Desarrollo y deterioro urbano de la ciudad de Vigo (1981), A Casa da Troia (1995) e Rincones de Compostela: la obra de Manuel Pereiro Caeiro (1996). A súa conversión dunha antiga fábrica de curtidos nun conxunto de vivendas en Santiago de Compostela recibiu o Premio Europa Nostra (1994); ademais foi galardoado co Primeiro Premio do COAG (1992) e o Premio Irmáns Gómez Román (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e crítico de arte. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1956), ampliou estudos en Madrid e París e especializouse en anatomía patolóxica e análises clínicas. Vinculado desde moi novo á arte e á cultura, foi membro fundador do colectivo Atlántica, promotor e dinamizador das citas Bayona Horizonte Atlántico, comisario de múltiples exposicións, director da sección de arte da revista Galicia Moda (1985-1992) e editor de Futura (1987-1988), director da colección Aguatinta e editor de carpetas de gravados. Foi asesor de diversas institucións, director dos Museos do Real Club Celta de Vigo, membro do Patronato do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, asesor do grupo que puxo en marcha a Mostra Unión Fenosa e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. Colaborador en diversos medios e publicacións, publicou A batalla de Rande (2002). Recibiu a medalla de honra da Mostra Unión Fenosa (2001) e a Llave do Museo Massó.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista en probas de fondo, participou en 10.000 m nos Xogos Olímpicos de Roma (1960) e na proba de maratón nos Xogos Olímpicos de México (1968) e Múnic (1972), ademais de en tres edicións dos Xogos do Mediterráneo e dos campionatos de Europa. Foi 16 veces campión de España nas probas de 5.000 m, 10.000 m, cross e maratón (1958-1973). Posteriormente, foi seleccionador de fondo e cross da Federación Galega de Atletismo (1990-2000) e adestrador do equipo parolímpico español de atletismo. Recibiu a Medalla de Plata al Mérito Deportivo e a Insignia de Oro y Brillantes de la Real Federación Española de Atletismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Compoñente do dúo Montse e Luís Queimada, gravou cinco discos como solista e varios co grupo, dos que destacan Viva la música e Que nos vamos (1996). Interpretou as cancións “Pelegrín”, tema oficial do Xacobeo 93, e “Terra”, do Xacobeo 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista na proba de marcha, debutou como internacional en 1995. Conseguiu o diploma olímpico na proba de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, sétimo duque de Medina Sidonia, conde de Niebla e marqués de Cazaza. Capitán xeneral da costa de Andalucía, Filipe II nomeouno capitán da Armada Invencible (1588). Atribuíuselle parte do fracaso da Armada pola súa incompetencia, aínda que posteriormente foi vicerrei de Andalucía e capitán xeneral do Mar Océano (1595).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(León 24.1.1256 - Gaucín, Málaga 19.9.1309) Nobre e militar, señor de Sanlúcar de Barrameda. Conseguiu para Afonso X a axuda do rei de Fez na loita contra o futuro Sancho IV. Nomeado gobernador de Tarifa (1293), destacou na defensa contra os benimeríns. En 1309 participou na expedición contra Almería que conquistou Xibraltar.
-
PERSOEIRO
Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, sexto conde de Benavente. Foi amigo persoal do Emperador Carlos V e padriño e titor do Rei Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Presidente do Centro Cultural de Valadares (Vigo) e director do grupo de teatro Escoitade, foi concelleiro en Vigo. Escribiu guións de cine e obras de teatro, das que destacan Historia de unha reconquista contada á miña maneira (1979), Queda terminantemente prohibido o suicidio (1983) e O milagre do torreiro de Quintián (1985). Co grupo Escoitade representou, ademais das súas propias obras, Estebiño (1973), de Prado Lameiro; Edipo (1975) de Sófocles; e Un home, un pobo (1984), de H. Ibsen. Recibiu o Premio Nacional a la Animación Cultural (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante, irmán de Vicente Yáñez Pinzón. Uniuse á primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Pinta. A súa experiencia náutica foi moi valiosa ao longo da viaxe, pero unha vez en América, xurdiron discrepacias entre ambos, dado que era partidario de continuar explorando mentres que Colón se inclinaba por volver a Castela. Finalmente volveu á Península Ibérica, arribando a Baiona (Pontevedra) en 1493.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e guionista cinematográfico. Participou na elaboración dos guións dos filmes El bosque del lobo (1969) e Beltenebros (1992), e da serie de televisión La forja de un rebelde (1989). Escribiu a novela Los crímenes del capitán Sánchez (1983). Recibiu o Premio Nacional ao mellor guión cinematográfico (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e editor. Foi corrector da Tragicomedia de Calisto y Melibea, de F. de Rojas. En València dedicouse ao tratamento das edicións de R. Llull de 1506 a 1515: catro volumes, prólogos, cartas, dedicatorias, poesías, en parte escritas por el, e un Index librorum Raymundi Lullii (1515), primeiro catálogo do estilo publicado na Península. Algunhas das súas poesías apareceron na reedición do Cancionero General (1520), de Hernando del Castillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na escolas de Artes de Vigo e Madrid e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. A partir de 1969 colaborou no taller de Xoán Piñeiro en Goián e entre 1976 e 1977 estudou cerámica, invitado polo Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. En 1979 instalouse en Francia, onde abriu o seu taller en Bonneuil-sur-Marne e participou en numerosas exposicións no estranxeiro e en Galicia, onde tamén formou parte do movemento Atlántica desde 1980. En 1986 regresou a Galicia e en 1992 instalou o seu estudo en Paramos (Tui). Nas súas esculturas, abstractas, experimentou coas formas, xogando cos ocos e os volumes, coas texturas e cos materiais: empregou poliéster, aceiro, ferro, madeira (Acacia, 1976), pedra (Pensando en Stendhal, 1995) e bronce (As agullas da catedral, 1992; Personaxes de Millet, 2000) e innovou coa realización conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Da súa obra pública destaca a formación de granito de grandes dimensións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista e escritor filipino. Coñecido como José Rizal, en 1888 fundou en Hong Kong a Liga Filipina, de signo independentista. Publicou as novelas Noli me tangere (1887), onde denunciaba a tiranía colonial española, e El filibusterismo (1891). Foi fusilado despois de escribir o poema “Adiós a mi patria”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Coñecido como Farruco, foi capitán de milicias e chegou a Río de la Plata como soldado do exército español (1764). Entre 1782 e 1797 construíu un fortín nun estratéxico paso dos contrabandistas de gando e coiros ao L do departamento de Durazno, que foi declarado Monumento Histórico Nacional (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Catedrático de instituto, centrou os seus estudos na lingüística, sobre todo na lexicografía, e na literatura. É autor da parte galega do Dicionario de las lenguas de España (1985) e O españolismo lingüístico (2004). É coautor, xunto con Rafael Chacón Calvar, do Cuaderno de o galego correcto (1993), do Cuaderno de o galego de uso (1993) e do Dicionario crítico de dúbidas e erros da lingua galega (1992). Tamén publicou Historia de la literatura gallega (2002), editou Los manifiestos políticos en el siglo XIX (1808-1874) (1998) e traduciu e editou Viaje por España 1808, de Charles Richard Vaughan (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de cantaría. Traballou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e na catedral de Ourense, para a que fixo unha porta para a capela do Santo Cristo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Segovia 1533 - Mallorca 1617) Escritor e místico xesuíta. Ingresou na Compañía de Xesús para dedicarse ao ensino en Mallorca ata a súa morte. Publicou Ejercicio de perfección y virtudes cristianas. Foi beatificado en 1825 e canonizado en 1888. Iconograficamente represéntase como un ancián imberbe vestido con hábito negro e faixa, ao xeito da sotana dos cregos, ou como bispo con sotana violeta, roquete e peitoral. Como atributos leva na man dereita un báculo rematado en cruz de dobre travesa (propio dos fundadores) e un crucifixo dos misioneiros e un rosario (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 30 de outubro.
-
GALICIA
Músico e escritor. Membro do colectivo poético Rompente, participou na obra conxunta deste colectivo titulada Galletas Kokoschka non (1979), coa que pretendían experimentar con novas formas. No apartado audiovisual colaborou co grupo musical Siniestro Total e realizou diversos traballos para a TVG. Escribiu Anaí, o conto (1983), en que incluíu unha partitura de Enrique Macías; o poemario Miniaturas (1987), formado por composicións moi breves nas que introduce unha trama amorosa, acompañadas de pequenas prosas con algún monólogo interior e textos de carácter cinematográfico; e Et finira le jour de son commencement (2000).
VER O DETALLE DO TERMO