"Als" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danza popular e de salón escrita en compás de tres por catro. A súa orixe estaría nas danzas denominadas walzerische Tänze (deutsche Tänze, wiener Tänze, ländler, etc) austrobávaras. Consiste nun desprazamento da parella enlazada dando voltas, case sen levantar os pés do piso, nunha figura de seis pasos. Durante os últimos decenios do s XVIII o valse popularizouse en Viena, en coexistencia co ländler. No s XIX difundiuse por toda Europa, foi estilizado e creou un tipo de peza musical a medio camiño entre a danza e a modalidade de obra instrumental para concerto, cultivada especialmente pola familia Strauss. O valse de concerto para piano difundírono Chopin, Liszt, Schumann e Brahms, mentres que o sinfónico Liszt, Berlioz, Chaikovski, R. Strauss e Ravel. A mediados do s XIX o valse tivo unha función esencial na opereta vienesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bailar o valse.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, na illa de Gran Canaria, no sector L da caldeira de Tirajana (7.964 h [2001]). A economía baséase na gandaría e na agricultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo galego de distribución alimentaria fundado por Ventura González Prieto. Creado en 1977 co nome de Vegonsa, en 1998 incorporouse ao Grupo Eroski. En 1999 recibiu o nome actual. Ten preto de 500 centros en Galicia, propios e como franquía, baixo o nome Eroski Center, Eroski City, Familia e Cash Record.
-
GALICIA
Escritora, marquesa de Ayerbe, de Lierta e de Rubi, condesa de San Clemente. Dotada dunha gran cultura, participou en diversos parladoiros e encontros culturais da época. Amosou un grande interese pola obra de Cervantes, Musset, Quevedo e Schiller e publicou El Castillo del marqués de Mos en Sotomayor (1904), en que incluíu un estudo histórico da casa de Soutomaior. Defensora dos dereitos e liberdades da muller, presidiu o Centro de Cultura Feminino e publicou diversos artigos sobre esta materia na prensa da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación de estado introducida por J. D. van der Waals (1873). Foi a primeira que procurou explicar as desviacións dos comportamentos dos gases respecto á idealidade. Ten a forma
FORMULA
a
(P + Symbol >⎯ )(V - b) = RT,
V2
sendo a e b dúas constantes introducidas para ter en conta respectivamente as forzas de van der Waals e o seu volume. -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica das forzas, diferentes das que conducen ao enlace químico, existentes entre átomos, entre moléculas ou entre ambos. Mentres o enlace químico ten enerxías da orde do electronvolt, as forzas de van der Waals teñen asociadas enerxías da orde dos 10-3 eV. Postuladas por J. D. van der Waals (1873), permitiron un estudo sistemático das propiedades físicas dos líquidos e dos gases. A súa existencia orixina as desviación do comportamento dos gases reais respecto do dos gases perfectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Leiden 23.11.1837 - Amsterdam 9.3.1923) Físico neerlandés. Estudou os gases, a termodinámica e a teoría cinética, campo en que perfeccionou as teorías existentes. Estudou a capilaridade, a continuidade dos líquidos e os gases, a disociación electrolítica ou as forzas atómicas. A súa ecuación de estado, pola que recibiu o Premio Nobel de Física (1910), mellora a dos gases perfectos.
-
CIDADES
Cidade do condado metropolitano de West Midlands, Inglaterra, Reino Unido (253.499 h [2001]). É un centro mineiro e un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Da súa filmografía destacan The Thief of Bagdad (1924) e They Died with their Boots on (1941).
VER O DETALLE DO TERMO