"Aman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
PERSOEIRO
Político nixeriano. Foi vicepresidente da Assemblée Nationale Française (1957) e dirixente do Rassemblement Démocratique Africain. En 1958 foi elixido primeiro ministro de Níxer, e dous anos máis tarde ocupou a presidencia da nova república. Reelixido en 1965 e 1970, continuou ocupando cargos políticos, como presidente, primeiro ministro e ministro de Asuntos Exteriores. Deposto por un golpe militar en 1974, exiliouse a Marrocos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Activo na segunda metade do s XII, a xulgar pola súa posición temperá nos cancioneiros e por diversas referencias documentais. Os bens que posuía en Galicia e León poden ser localizados grazas á relación que mantivo a familia co mosteiro leonés de Carrizo, onde profesaron as fillas do trobador, Orfresa e Elvira Fernandez. A súa produción poética é anterior a 1240 -momento culminante no proceso de expansión do fenómeno trobadoresco en certas cortes señoriais galegas- e comprende cinco cantigas de amor e tres de escarnio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Realizou, entre outras obras, o retablo da capela de Nosa Señora do Camiño (Ribadeo, 1699).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Licenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, ano no que se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero, foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese mesmo ano obtivo representación no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850; 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi condecorado coa Gran Cruz de Cabaleiro de Isabel a Católica (1837) e coa Cruz de Comendador de Isabel a Católica (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que presenta un aspecto brillante e lucido, xeralmente por ser ou parecer novo.
-
Que é novo ou recente, especialmente nunha actividade ou cargo.
-
Aplícase aos paos, faixas, bandas ou pezas similares cando son ondeados e terminan en punta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída por Amancio Ortega, presidente do grupo Inditex, cun capital inicial de 10.000 millóns de pesetas o 10 de xullo do 2001. Entre os seus obxectivos destacan o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e aprendizaxe mediante a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares. Os seus proxectos comezaron co apoio á educación primaria e infantil no Centro de Ensino Infantil e Primaria Ponte dos Brozos, de Arteixo (A Coruña). Está prevista a súa extensión aos campos da educación, da cultura, da investigación e da ciencia.
-
-
Relativo ou pertencente aos garamantes.
-
Individuo do pobo garamante.
-
Pobo nómade do interior de Libia que se desenvolveu arredor do 400 a C. Segundo as fontes históricas romanas a súa cabalería serviu no exército de Aníbal. No 19 a C foron derrotados polo procónsul romano Lucio Cornelio Balbo, que conquistou a súa capital, Garama, pero os enfrontamentos prolongáronse durante o s I. Introduciron o emprego do camelo e abriron unha ruta a través do Sáhara. O empeoramento climático na rexión ocasionou a súa decadencia e desaparición cara ao 600. Algúns investigadores identificáronos cos antepasados dos tuaregs.
-
-
-
Guarnición das espadas ou armas similares.
-
Peza que se fixa no canón dunha arma de fogo e que serve para que o tirador non se queime ao facer fogo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Utensilio de materiais diversos sobre o que se colocan as pezas do servizo de mesa para protexer o mantel e os mobles de manchas ou queimaduras.
-
PERSOEIRO
Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Amando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo formado por militantes do Sindicato de Peones coruñés e o empregado da Telefónica Manuel Rodríguez Baraja que, a mediados de 1933, emprenderon unha campaña desde o xornal barcelonés El Luchador contra o ex-secretario da CRG, J. Villaverde, acusándoo de escisionista. As súas colaboracións no voceiro catalán deron lugar a un folleto titulado La Farsa Torpe. Réplica a José Villaverde, publicado na Coruña a finais de 1933.
-
PERSOEIRO
Escritor árabe de familia persa. Estivo vinculado á corte buwaihida. É autor de diversas epístolas moi detallistas e foi o creador do xénero maqāma.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor alemán. Precusor do romanticismo, destacou pola súa teoría da revolución divina oposta ao coñecemento racional de Deus propugnado polos filósofos do seu tempo. Das súas obras destacan Tagebuch eines Christen (Diario dun cristián, 1758) e a súa obra póstuma contra I. Kant, Metakritik über den Purismus der reinen Vernunft (Metacrítica sobre o purismo da razón pura, 1800).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa deshonra.
-
GALICIA
Trobador. Debido á presenza das súas cantigas de amor no Cancioneiro da Ajuda e pola colocación das súas composicións no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, a carón de Nuno Fernandez Torneol e Pero Garcia Burgalês, a crítica supón que debeu compoñer a súa lírica a mediados do s XIII. Consérvanse 8 composicións da súa autoría: 5 cantigas de amigo e 3 cantigas de amor, caracterizadas pola súa disposición a xeito de narración dialogada entre varios personaxes, baseada nos esquemas estróficos, métricos e rítmicos, pero cos mesmos tópicos ca a lírica amorosa trobadoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Central, Turquía (14.680 km2; 1.025.241 h [1997]). A súa capital é Kahramanmaraş.
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, en Anatolia Central, Turquía (303.594 h [1997]). A actividade económica máis importante é a explotación das minas de ferro e plata.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il situado en Turquía (9.163 km2; 227.269 h [1997]). A súa capital é Karaman.