Grupo Anarquista Amanecer Anárquico
Grupo Anarquista Amanecer Anárquico
Colectivo formado por militantes do Sindicato de Peones coruñés e o empregado da Telefónica Manuel Rodríguez Baraja que, a mediados de 1933, emprenderon unha campaña desde o xornal barcelonés El Luchador contra o ex-secretario da CRG, J. Villaverde, acusándoo de escisionista. As súas colaboracións no voceiro catalán deron lugar a un folleto titulado La Farsa Torpe. Réplica a José Villaverde, publicado na Coruña a finais de 1933.