"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Ebanista. Traballou para a corte. A súa obra caracterízase polas marqueterías de cobre, de carei ou de estaño, e tamén polos ornamentos de bronce puído e dourado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudiou Peritaxe Mercantil na Escola de Comercio da Coruña, estudios que compaxinou coas clases que impartía no colexio dos Villares en Ourense. Recibiu tamén clases de debuxo no Círculo Católico e de solfexo na Academia da Banda Municipal. Na súa mocidade colaborou coa Coral Ruada e co Orfeón Unión Orensana. Presentouse ás oposicións de auxiliares de Contabilidade do ministerio de Facenda, para as que acadou o número un en 1924. Foi destinado á delegación de Facenda en Ourense, onde permaneceu catro anos. Tras aprobar a oposición a xefe de Contabilidade foi destinado en 1928 a Pontevedra. Rexeitou a proposta do ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, de formar parte do comité de intervención de cambios. En Pontevedra, entrou en contacto con Castelao e Losada Diéguez e participou nas tertulias do café Méndez Núñez. Da man de Castelao entrou a formar parte da Coral Polifónica, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego, con quen casou o 20 de outubro de 1930. Ese mesmo ano, foi invitado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Traballou esencialmente en Roma, onde desenvolveu a súa actividade escultórica en monumentos funerarios como o do cardeal Ludovico Lebretto (1465), en Santa Maria in Aracoeli, de Roma, e os de Pietro Riario (1475-1477) e de Raffaello della Rovere, ambos na igrexa dos Santos Apóstolos, tamén na capital italiana. No campo arquitectónico atribuíuselle o palacio de Giovanni della Rovere ou da Cancelleria, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De tendencia surrealista, publicou en 1919 a primeira recompilación de poemas titulada Mont de piété (Monte de piedade) e fundou xunto con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, órgano do dadaísmo, onde publicou Les champs magnétiques (Os campos magnéticos). En 1924 dirixiu a revista La révolution surréaliste e publicou Manifeste du surréalisme (Manifesto do surrealismo). As obras Légitime défense (Lexítima defensa, 1926) e Second manifeste du surréalisme (Segundo manifesto do surrealismo, 1930), foron a reacción fronte á tendencia inicial a unha socialización do surrealismo e ao control marxista en poesía, reacción que en 1935 lle fixo romper co partido comunista francés. En 1941 ante a prohibición de Anthologie de l’humour noir (Antoloxía do humor negro, 1940), marchou a América. Volveu a Francia en 1946, combateu contra o realismo socialista e contra Albert Camus, e fundou diversas revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sudafricano. Moi influído polo nouveau roman, escribiu novelas e pezas teatrais de contido psicoloxista e de feitura experimental en lingua afrikaans e inglesa. Publicou Kennis van die Aand (Coñecemento da noite, 1973), prohibida polo goberno do seu país durante anos, An Instant in the Wind (Un momento no vento, 1976), Rumours of Rain (Rumores de chuvia, 1978), A Dry White Season (Unha estación seca e branca, Prix Médicis, 1979) e The Wall of the Plague (O muro da praga, 1984), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista e xeólogo. Foi director da Manufacture de Sèvres (Manufactura de Sèvres, 1800) e profesor de mineraloxía na Sorbonne (1808). É autor dun Traité élémentaire de minéralogie (Tratado elemental de mineraloxía, 1807) e, con Cuvier, dunha Description géologique des environs de Paris (Descrición xeolóxica dos arredores de París, 1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto neoclásico. Foi discípulo e colaborador de Ange-Jacques Gabriel. Construíu o convento da Chaussée de Antin (actual Lycée Condorcet) en 1783, e o novo cemiterio de Père-Lachaise de París (1804). Deseñou os planos da bolsa de París, iniciada en 1807.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta e erudito. Investigou en diversos arquivos peninsulares, preferentemente no da catedral de Toledo. Escribiu Noticia da California y de su conquista temporal y espiritual (1758) e Tratado sobre la igualdad de pesos y medidas (1759).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Baseou o seu academicismo na harmonización suave dos tons e na elegancia convencional das formas. Opúñase ao impresionismo. A súa obra máis coñecida é O nacemento de Venus que presentou ao Salón oficial de 1863 e que mercou Napoleón III. Sobresaíu como retratista coas obras Retrato de Napoleón III (1865) e Autorretrato (1852). Gañou en 1845 o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Entre 1857 e 1860 foi agregado militar da legación peruana en París. Participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883) onde liderou a resistencia peruana contra os chilenos. No ano 1886, foi elixido presidente ata 1890 cando foi derrocado por Morales Bermúdez. Nos anos seguintes foi destinado a Inglaterra e Francia como ministro plenipotenciario. A súa volta a Perú produciuse no ano 1894 cando ocupou o poder pola forza. A súa ditadura durou un ano, ata 1895, cando un novo golpe de estado o obrigou a exiliarse. Durante os seus mandatos presidenciais puxo en práctica unha política económica destinada a diminuír a débeda externa do seu país polo que cedeu a explotación do ferrocarril durante sesenta anos e parte da explotación de guano a Gran Bretaña. Entre 1905 e 1911 foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos aláudidos ao que pertencen algunhas calandras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e debuxante norteamericano. Estudiou enxeñería mecánica e pintura. En 1926 fixo en París un conxunto de figuriñas de madeira e arame articuladas (Circo), que o levaron a facer esculturas de aramio. Máis tarde realizou obras de arte abstracta e os 30 móbiles presentados na Galería Vignon de París en 1932. Cos móbiles relaciónanse outros dous tipos escultóricos destacables na traxectoria artística de Calder: os standing mobiles e os stabiles, que presentan unha longa evolución desde as primeiras esculturas ata as formas monumentais como as do Falcón (1963) ou o Barón (1965). Ademais, fixo ilustracións, decoracións, xoias e fontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo, poeta e actor. Deixou seis comedias que oscilan entre o realismo e o clasicismo, nas que empregou dialectos diferentes. Destacan os títulos La spagnola (A española, 1549) e Saltuzza (1551), entre outros. Escribiu tamén poesía en dialecto veneciano como Egloghe pastorili (Églogas pastorís, 1553) ou Bizarre, feconde et ingegnose rime piscatorie (Bizarra, fecunda e enxeñosa rima piscatoria, 1556).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Traballou activamente en Santiago de Compostela. Segundo consta no seu testamento, datado en 1683, realizou obras de pratería e ourivería para o conde de Maceda e para Andrés de Mondragón, marqués de Santa Cruz, así como unha cruz para San Vicente de Vimianzo e uns cálices e unha lámpada para as mercedarias de Santiago de Compostela. No mesmo ano de 1683 realizou unha espada para a imaxe de san Xián da confraría do gremio de ferreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado inspector xeral de finanzas en 1783, en 1786 intentou introducir reformas económicas radicais, seguindo o modelo fisiocrático, que foron rexeitadas por unha asemblea de notables en 1787. Emigrou a Inglaterra e, trala Revolución Francesa (1789), instalouse en Turín, onde se converteu nun dos xefes da contrarrevolución. É autor de De l’état de la France present et à venir (Sobre o estado da Francia actual e futura, 1790).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Iniciou as súas colaboracións xornalísticas en Madrid en distintas publicacións como Blanco y negro, na que asinou numerosas crónicas de viaxe co pseudónimo de El Hidalgo de Tor. Posteriormente, emigrou a Bos Aires e alí colaborou con El Diario Español e La Nación, entre outros xornais. Publicou Novelas lóstregos. Amor de pai (1900), a novela curta O terruño (1900) e o conto “No hespital” (1904), ademais doutros relatos en distintas publicacións da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Abandonou os estudios do seminario para emigrar a Bos Aires en 1901. Alí colaborou en numerosas publicacións e foi onde comezou a desenvolver o seu estilo irónico e satírico, mesmo sufriu ataques daqueles que rapidamente o etiquetaron como anarquista por mor da dureza dos artigos que escribía. Tres anos despois regresou a Galicia onde colaborou no Diario de Pontevedra. Máis tarde marchou a Madrid como colaborador dos xornais El País, invitado por Santiago Mataix, e España Nueva; alí coñeceu o poeta Rubén Darío, os irmáns Machado, a Pío Baroja e a Ramón María del Valle-Inclán, e asistiu a numerosos parladoiros de destacados cafés do centro de Madrid. Continuou a súa etapa madrileña redactando para as publicacións El Mundo, Los Lunes del Imparcial, La Correspondencia de España, El Sol, La Voz e La Correa. Despois de viaxar a Turquía entrou na redacción de La Tribuna. En 1916 ingresou en ABC como correspondente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Veciño de Valladolid, en 1654 asinou un contrato co cabido da catedral de Santiago de Compostela para realizar traballos en metal na capela maior, baixo as ordes de Peña de Toro. En 1657 abandonou a cidade compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Foi maître de musique en Toulouse entre os anos 1683 e 1694, ano no que se trasladou a París para aceptar ese mesmo cargo na catedral de Notre Dame ata 1700. Cultivou a ópera-ballet, da que compuxo L’Europe galante (1697), e a ópera, destacando Tancrède (1702) e Camille (1717). Representou o nexo entre as obras de Lully e Rameau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, duque de Pópoli. Serviu no exército de Filipe IV de Castela en Flandres, onde era gobernador. Posteriormente exerceu como lugartenente xeneral de Catalunya (1644-1645), cando esta se levantou contra o monarca. Foi derrotado polas forzas francesas do conde de Harcourt en 1645 e destituído.

    VER O DETALLE DO TERMO