Breton, André
Escritor. De tendencia surrealista, publicou en 1919 a primeira recompilación de poemas titulada Mont de piété (Monte de piedade) e fundou xunto con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, órgano do dadaísmo, onde publicou Les champs magnétiques (Os campos magnéticos). En 1924 dirixiu a revista La révolution surréaliste e publicou Manifeste du surréalisme (Manifesto do surrealismo). As obras Légitime défense (Lexítima defensa, 1926) e Second manifeste du surréalisme (Segundo manifesto do surrealismo, 1930), foron a reacción fronte á tendencia inicial a unha socialización do surrealismo e ao control marxista en poesía, reacción que en 1935 lle fixo romper co partido comunista francés. En 1941 ante a prohibición de Anthologie de l’humour noir (Antoloxía do humor negro, 1940), marchou a América. Volveu a Francia en 1946, combateu contra o realismo socialista e contra Albert Camus, e fundou diversas revistas surrealistas. Publicou, ademais, Les pas perdus (Os pasos perdidos, 1924), Nadja (1928), Le surréalisme et la peinture (O surrealismo e a pintura, 1928) e L’art magique (A arte máxica, 1957).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tinchebray, Normandía -
Deceso
Lugar : París