"Arad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 227.

  • GALICIA

    Comarca situada no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, no SL da provincia de Pontevedra, que se estende polo extremo meridional das montañas da Dorsal Occidental Galega, na cabeceira do Tea, no val do río Deva e no tramo oriental do Miño pontevedrés. Limita ao N coa comarca de Vigo (Fornelos de Montes) e O Ribeiro (Avión), ao L coa do Ribeiro (Melón e Cortegada) e Terra de Celanova (Pontedeva e Padrenda), ao S con Portugal, e ao O ca do Condado (Mondariz, Salvaterra de Miño e As Neves). Abrangue unha superficie de 333,6 km2en que acolle unha poboación de 17.356 h (2001) distribuída nos concellos de Arbo (43,3 km2; 3.742 h), A Cañiza (107,5 km2; 7.194 h), Covelo (125,3 km2; 3.743 h) e Crecente (57,5 km2; 2.677 h). A capitalidade comarcal é a vila da Cañiza, principal centro comercial e de servizos, beneficiado por ser o principal nó de comunicacións do extremo SL pontevedrés e pola grande accesibilidade respecto a Portugal, Ourense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 632 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en La Campiña e regado por diversos ríos pequenos procedentes do Guadaira (7.040 h [2001]). A súa economía é principalmente agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de san Marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado ao O da parroquia de Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 937 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Carmoega e Santa Comba (Agolada). O seu cumio acada os 566 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Meis baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Miguel que dá nome ao concello de Paradela, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Toques baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Sarria, situado na provincia de Lugo no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 45’ 30’’ de latitude N e 7° 34’ de lonxitude O. Limita ao N co Páramo (comarca de Sarria), ao L con Sarria e O Incio (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Bóveda e O Saviñao (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos), e ao O con Taboada (comarca de Chantada) e Portomarín (comarca de Lugo). Abrangue unha superficie de 77,7 km 2 , en que acolle unha poboación de 2.240 h (2007), distribuída nas parroquias de Aldosende, Andreade, Barán, Castro, Castro de Rei de Lemos, As Cortes, Ferreiros, Francos, A Laxe, Loio, Paradela, San Facundo de Ribas de Miño, San Martiño de Castro, San Vicente de Paradela, Santa Cristina de Paradela, Santalla de Paradela, Suar e Vilaragunte. A súa capital está no lugar de Pacios, na parroquia de Paradela, situada a 115 km de Santiago de Compostela e a 35 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Sarria.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico rural e escritor. Coñecido como Amaro Orzán, doutorouse en Medicina pola Universidad de Madrid. Colaborador asiduo de La Voz de Galicia e Ferrol Diario, a súa obra, inconformista e chea de enxeño, ten como obxectivo a eficacia expresiva, coa procura das súas referencias na realidade galega, expresada nunha lingua popular moi achegada á expresión oral. Da súa produción destacan La rosa que canta (1958), Asimetría glandular (1963), Heces afrentosas (1966), Onte é hoxe aínda (1967), Líneas paradelas: por ejemplo (1968), Sabencias (1969), en que inclúe numerosos aforismos; Casi cuentos para desentontecer (1970), Dous contos (1971), La Galicia que duele (1971), en que tenta definir a idiosincrasia galega con humor; Media media dúcia de contos (1972) e Irmaus tolos. Tolerías de tolos (1973). Foi académico correspondente da Real ; Academia Galega. Recibiu o premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Porqueira baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO