"Arce" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 252.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Máximo representante da vangarda cinematográfica francesa da década de 1920, con filmes como L’inhumaine (1924), Feu Mathias Pascal (1925) e L’argent (1928), a súa obra estivo posteriormente comprometida por problemas comerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, escritor, orador e sacerdote. Foi catedrático de Retórica e Psicoloxía no Instituto Jovellanos de Gijón (1883) e de Literatura Preceptiva no instituto de Ourense (1884-1941). Profesor e director da Escola de Artes e Oficios de Ourense, pertenceu á Real Academia de la Historia, á Real Academia Galega e presidiu a Asociación de Prensa de Ourense e o Ateneo de Orense. Destacou como orador e realizou importantes estudios de investigación histórica, sobre todo no campo da epigrafía e da numismática. En 1898 comezou a publicación do Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, que dirixiu ata a súa morte, e onde colaborou con destacados intelectuais galegos. Publicou, entre outras obras, Epigrafía romana de la ciudad de Astorga (1903), Cronicón de Idacio (1904), Colección de modelos literarios; con un discurso preliminar acerca del Origen y progresos de la lengua castellana (1907), Elementos de literatura preceptiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e anatomista italiano. Fundador da histoloxía, descubriu numerosas estruturas corporais, como os capilares nos pulmóns da ra, e identificou os lóbulos hepáticos, os corpúsculos do gusto na lingua e os glomérulos que levan o seu nome. Pola súa obra Anatome plantarum (1671) está considerado un dos iniciadores da anatomía microscópica vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Marcel Marceau, especializouse no mimo, e creou o personaxe de Bip, co que mesturaba a sensibilidade romántica coas situacións tráxicas. Destacan os seus espectáculos Paris qui rit, Paris qui pleure (1959), Le danseur de tangos (1972) e The Bowler Hat (2000). Traballou tamén na serie televisiva First Class (1984) e nos filmes Barbarella (1968), Silent Movie (1976), Elogio della pazzia (1986) e Kinski Paganini (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempo desapracible e cambiante, en que se mesturan claros e chuvias, propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un tempo variable, propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcel Mangel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Nomeado preboste dos mercadores de París en 1355, foi o representante principal da burguesía nos Estados Xerais iniciados en 1356. Foi membro do Conseil Municipal de París en 1358 e exerceu un poder persoal, ata que a súa morte, a mans dun axente da coroa, puxo fin á revolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. Participou no movemento da filosofía do espírito e o seu pensamento filosófico, que se iniciou a carón do idealismo, caracterizouse despois pola oposición máis rotunda a todo sistema. Das súas obras destacan Existence et Objectivité (1925), Journal métaphysique (1927), Être et Avoir (1935), Le Mystère de l’Être (1951), L’Homme problématique (1955) e Pour une sagesse tragique (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matrona . Foi a primeira en impulsar os principios do monacato. Foi cativa de Alarico. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, irmán de san Marcos. Morreu decapitado xunto co seu irmán durante a persecución de Diocleciano. A súa festividade celébrase o 18 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Merlín (Agolada). O seu cumio acada os 663 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa, filla dun funcionario imperial e irmá maior de santo Ambrosio e de san Sátiro, educados por ela. Aparece representada con dous nenos (os seus irmáns). A súa festividade celébrase o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcelino Martínez Cao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio do mes de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (296-308). Foi mártir durante a persecución de Diocleciano xunto cun tal Pedro, segundo a inscrición atopada nunha catacumba romana. Viste de pontifical co sagrado palio e a tiara na cabeza e como atributos persoais leva o pergamiño e unha espada ou puñal. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Marcellinus, diminutivo de Marcellus e este de Marcus. Presenta os hipocorísticos Cheluco, Nucho, Manino (para o masculino) e Nucha e Manina (para o feminino). Destacan con este nome san Marcelino, que se celebra o 2 de xuño e santa Marcelina, que se celebra o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Baña baixo a advocación de santa Cristina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Acadou fama internacional coa súa obra mestra Estro poetico-armonico, unha colección de 50 salmos. Tamén compuxo a sátira sobre a ópera contemporánea Il teatro alla moda (1720), a pastoral Calisto in Orsa (1725) e as óperas Dorinda (1729) e Arianna. O seu irmán Alessandro Marcello (Venecia 1684-1750), foi violinista, discípulo de Tartini, e deixou música instrumental e relixiosa, unha cantata de cámara e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO