Marcelino, san

Marcelino, san

Papa (296-308). Foi mártir durante a persecución de Diocleciano xunto cun tal Pedro, segundo a inscrición atopada nunha catacumba romana. Viste de pontifical co sagrado palio e a tiara na cabeza e como atributos persoais leva o pergamiño e unha espada ou puñal. A súa festividade celébrase o 2 de xuño.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Roma