"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

    1. Mestura de cinsa ou xabre e auga para tapar o barril hermeticamente.

    2. Materia branda e pegañenta feita con lama e outras substancias para barrar as cortizas das abellas ou para espallar na eira antes de mallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral meridional da península do Morrazo e da parroquia do Hío, (concello de Cangas), na beira setentrional da ría de Vigo. Esténdese entre a punta Fusiño, ao O, e a punta Creixiña, ao L, quedando no seu interior as praias de Barra e de Nerga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praia do litoral meridional da península do Morrazo, na beira setentrional da ría de Vigo, situada na parroquia do Hío (concello de Cangas). A punta Mexilloeira, ao L, sepáraa da praia de Nerga. Cara ao interior, desenvolve unha formación de dunas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 750 metros ANCHURA MEDIA: 30 metros GRAO OCUPACIÓN: Medio GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Si
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2.000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Si SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría do Barqueiro, situada ao N do Porto do Barqueiro, na parroquia de Bares (concello de Mañón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Corcubión, no litoral da parroquia de Brens, no concello de Cee, situada ao N da punta Pión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Brasil, ao O de Rio de Janeiro, na beira dereita do río Paraibá do Sul (123.421 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecha de area que pecha a ría de Ladrido, na desembocadura do río Baleo, en territorio do concello de Ortigueira. A barra esténdese no contacto entre as rías de Ladrido ao L e de Santa Marta de Ortigueira ao O, aínda que o seu desenvolvemento se produce na primeira. Na súa parte sudoccidental (cara ao interior da ría) desenvólvese unha formación de dunas que se interpón entre as praias de Cabalar e Ladrido e as marismas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Miño pola dereita. Nace como rego no lugar das Lousas, na parroquia de Gueral (concello da Peroxa), a 510 m de altitude. Adopta un curso de dirección NO-SL e penetra na parroquia de Toubes, onde recibe ao seu principal afluente, o río de Armental. Prosegue pola parroquia de Vilarrubín e penetra no concello de Coles pola da Barra, onde o seu caudal xa é permanente, volvendo ao límite co concello da Peroxa, na parroquia de San Xes da Peroxa. No seu treito final continúa servindo de límite entre as parroquias de Graíces (concello da Peroxa) e Santo Eusebio da Peroxa (concello de Coles). Bótase no Miño no lugar de Barra de Miño, vértice destas dúas parroquias coa de Melias, do concello do Pereiro de Aguiar, logo dun percorrido duns 8 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coles baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Coles, Ourense, outorgado ao mosteiro de Celanova no ano 985 polo Rei Vermudo II xunto co de San Xoán de Abruciños. Así mesmo, documéntase posteriormente en inventarios e confirmacións das propiedades de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa desasosegada ou rapaz traveso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo o Evanxeo, delincuente encarcerado en Xerusalén, probablemente por motivos políticos, en tempos de Poncio Pilato. Os xudeus demandaron que fose indultado, con motivo da Pascua, ao tempo que esixían a crucifixión de Xesús de Nazaret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión ou acción insensata, provocada moitas veces por falta de prudencia, que pode causar un prexuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificación, pobre e habitada, construída aproveitando materiais vellos.

    2. Caseta de vendedores ambulantes empregada xeralmente nas feiras e festas.

    3. Construción nos arrabaldes dalgún núcleo urbano.

    4. Construción e vivenda típica da horta valenciana e murciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía itinerante de teatro universitario creada en 1932 por Federico García Lorca, Eduardo Ugarte, Benjamín Palencia e José Caballero, na que colaboraron estudiantes vencellados aos sectores máis progresistas da universidade como o galego Ernesto Guerra da Cal. Converteuse en referente significativo nas diversas propostas de renovación teatral que se sucederon en España durante a Segunda República. O seu repertorio baseábase na produción de textos de autores clásicos como Cervantes, Calderón de la Barca, Lope de Rueda ou Juan de la Encina. Entre 1932 e 1936 realizaron múltiples xiras por todo o territorio estatal, visitando Galicia en agosto e setembro de 1932, e realizando funcións na Coruña, Santiago, Pontevedra, Ribadeo e Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte das estribacións noroccidentais da serra do Piornal, na parroquia de Nulla (concello das Nogais). O seu cumio acada os 1.065 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Seoane (concello de Allariz) no límite coa de Guillamil (Rairiz de Veiga). Ten o seu cumio a 856 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, India, situado na aglomeración urbana de Calcuta (133.429 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado no alto val do Alberche (2.010 h [1996]). O encoro de Burguillo atravesa o termo. O principal recurso económico é a gandería (caprina e bovina). Este sector abastece de materia prima a industria peleteira local. Na Idade do Ferro, na localidade establecéronse os vettóns, pobo celtíbero. A pegada da romanización permanece nos restos de calzadas e pontes, como a Puente Nueva. Outros achados da época visogótica confirman a ocupación deste territorio, tamén intensa durante a dominación musulmana, como se constata na toponimia. A primeira referencia documental sobre El Barraco data de 1215; nela infórmase da orixe da aldea e da repoboación ordenada por Afonso VI en 1086. Ata 1307 El Barraco pertencía á xurisdición da cidade de Ávila. A partir de entón pasou ao dominio de catro cabaleiros abulenses, cedida polo consello da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción de carácter non definitivo para aloxamentos ou establecementos provisionais.

    VER O DETALLE DO TERMO