"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. A súa rebeldía contra o moralismo puritano levouno a unhas teorías vitalistas que desembocaron nunha especie de metafísica do sexo. Publicou os seus primeiros poemas en 1909 e deuse a coñecer con novelas como Sons and Lovers (1913). Con The Rainbow (1915) comezaron os seus problemas coa censura e, en 1919, abandonou Inglaterra. Escribiu Kangaroo (1923), The Plumed Serpent (1926) e Lady Chatterley’s Lover (1928), a súa novela máis famosa, prohibida por obscenidade en diversos países.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico estadounidense. Distinguiuse polos seus coñecementos de física nuclear, física biolóxica e física médica. Tivo un papel importante na fabricación da bomba atómica. Foi un dos inventores do ciclotrón, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Protexido por sir J. Reynolds, en 1792 sucedeuno como pintor de cámara. Retratista, introduciu a colocación baixa da liña do horizonte e deu máis importancia ao retratado ca os accesorios. Tivo unha etapa prerromántica, Lord Granville Leverson-Gower (1795-1798), e depois pasou ao retrato de busto, máis severo con Waterloo (1815) e Pío VII (1818). Recibiu o título de sir e presidiu a Royal Academy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e axente político británico. Coñecido como Lawrence de Arabia, participou nunha expedición arqueolóxica á antiga cidade hitita de Karkemish. En 1914 ingresou no Intelligence Service e converteuse en conselleiro de Faysāl, fillo do emir da Meca e xefe da revolta contra os turcos (1916). Unificou os seus exércitos e dirixiu diversas accións militares contra as forzas turcas. Despois da guerra, participou na Conferencia de Paz de París (1919) e defendeu a independencia do pobo árabe articulado nunha gran federación, con pouco éxito. Dimitiu como asesor do goberno (1922) e serviu como voluntario na antiga RAF entre 1925 e 1935. Escribiu Seven Pillars of Wisdom (1926) e The Mint (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Condición necesaria para que na fusión nuclear a reacción sexa automantida. Este criterio enuncia que o produto da densidade do plasma polo tempo de contención debe ser superior a 1014 ións-segundo por cm3.
-
PERSOEIRO
Escritor e guionista cinematográfico. Foi unha das principais víctimas do maccarthismo pola súa filiación marxista. Da súa produción destacan os guións das películas Heart of Spain (1937), Blockade (1938) e Counter-Attack (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Materia colorante extraída de diversas plantas do xénero Lawsonia que se emprega como axente antisolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato hidratado de aluminio e calcio, de fórmula CaAl2(OH)2Si2O7·H2O. Pertence ao grupo dos sorosilicatos e cristaliza no sistema rómbico. É de cor branca ou gris e o brillo é como o do vidro. Ten unha dureza 6 e unha densidade 3,09.
-
PERSOEIRO
Novelista polaco. Especializado no xénero de ciencia fición, as súas obras manifestan a súa imaxinación futurista, o seu sentido filosófico crítico e un coñecemento perfecto da técnica moderna. Entre outras obras escribiu Dzienniki gwiazdowc (Diarios estelares, 1957), Solaris (1961), Bajki robotów (Fábulas de robots, 1964), Cyberiada (1965), Doskonat a próznia (O oco perfecto, 1971) e Golen XIV (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romántico. Das súas obras destacan Laka (A pradeira, 1920) e Napoj cienisty (Embriagada de sombras, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político polaco. Foi un dos que introduciu o socialismo en Polonia. Membro do comité revolucionario de Vilnius (1861), foi arrestado e deportado a Arkhangel’sk. Amnistiado en 1868, presidiu en París o congreso fundador do partido socialista polaco (1892) e representouno no parlamento de Varsovia desde 1919. Das súas obras destaca Historia das institucións do pobo polaco (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Kayah, Myanmar, á beira esquerda do río Pilu (36.478 h [1983]). É un centro comercial, principalmente de madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Xunto con Pendericki foi un dos principais representantes da nova escola polonesa. Da súa obra destacan Concerto para Orquestra (1954) e Música Fúnebre (1958). Desde Xogos venecianos (1961) utilizou a técnica aleatoria, que continuou na Segunda Sinfonía (1967) e nun Concerto para piano (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado do SL de África, que limita ao N e ao NL con Tanzania, ao L e S con Moçambique e ao O con Zambia (118.484 km2; 10.450.00 h [estim 2001]). A capital é Lilongwe.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
É unha franxa estreita de terra cun gran número de montañas, como o Nyika (2.606 m) e o Sapitwa (3.002 m). O clima é tropical, con temperaturas elevadas e constantes e unha estación chuviosa de decembro a abril. Está regado por numerosos ríos, dos que destaca o Shire. A sabana cobre a maior parte do país. A agricultura é a actividade económica principal, con cultivos de tabaco, algodón, té, cana de azucre, cacahuetes e café. A base alimentaria da poboación é o arroz, o sorgo, as patacas, a mandioca, as hortalizas e a froita. A pesca e a gandería vacúa teñen bastante importancia. Posúe xacementos de bauxita, uranio e carbón. A industria céntrase na transformación de produtos do campo, na elaboración de azucre, ademais de fábricas de cemento, de produtos téxtiles e serradoiros... -
VER O DETALLE DO TERMO
Niassa.
-
PERSOEIRO
Etnólogo polaco. Considérase o fundador da etnoloxía de campo moderna, foi un dos precursores da antropoloxía económica e introduciu a teoría funcionalista. O seu traballo de campo (1914-1919) entre os indíxenas das illas Trobriand en Nova Guinea, foi a base das súas teorías. Escribiu The Family among the australian aborigenes (1913), Crime and Custom in savage society (1926), The sexual sife of savages in Northwestern Melanesia (1936), The dynamics of culture change (1945) e A diary in the strit sense of the term (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero poético de orixe persa utilizado nas literaturas islámicas. Adoita ser de tema narrativo ou didáctico, con versos que riman en pareado.
-
PERSOEIRO
Músico árabe. Foi protexido dos califas de Bagdad e autor dunha recolla dunhas 100 cancións, das que destaca o Kitāb al-Aganī de Abū-l-Farā Palatino; ǧ ‘Alī al-Isfahānī.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico, fillo de Ibrāhīm al-Maw Palatino; ṣ ilī. Destacou como cantante, compositor e musicólogo. Provocou a emigración a Magrib do seu discípulo Ziryāb, que tanta influencia tivo no novo desenvolvemento da música andalusí. Foi autor dunha recolla de 100 melodías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que no Islam se convertía ao islamismo por mediación dun patrón, normalmente un personaxe musulmán notable. Tamén se empregaba indistintamente para o amo e mais o seu escravo, despois de que este acadase a condición xurídica de liberto. Durante o goberno de Almanzor constituíron unha aristocracia burocrática, que encabezou diversas taifas en Levante.