"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • estidura composta dunha capa ancha, con esclavina, que adoitaban utilizar os eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico satírico de Pontevedra que apareceu o 4 de abril de 1903. Cesou no segundo número. Os medios anticlericais da cidade de Pontevedra botaban á rúa este “periódico de circunstancias”, un xogo satírico e antixesuítico de vida efémera porque o gobernador civil suspendeu a súa publicación pola excitación reinante. O clima antixesuítico foi consecuencia da axitación clericalista e católica que trouxo a estrea de Electra de Pérez Galdós.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Balandra pequena.

    2. Balandra de coeficientes de finura moi pequenos e grande altura metacéntrica, construída especialmente para as regatas. Os diferentes monotipos de balandro son moi numerosos e moitos deles, como o vaurien, o snipe, o 505, o flying dutchman, constitúen series internacionais.

    3. Embarcación costeira de pequenas dimensións, con cuberta e aparellado, de proa a popa, cun só mastro e un bauprés fixo. Con anterioridade á adopción do vapor nas embarcacións, os balandros de guerra (corvetas) tiñan un aparello inferior ao das fragatas e unicamente montaban canóns sobre a ponte superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao glande do pene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • glandífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa do glande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo superior do pene, de forma bulbosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘glande’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de hemicordados da clase dos enteropneustos, que poden acadar unha lonxitude de ata 30 cm, son de cor amarela e teñen o abdome aplanado. No Atlántico, e tamén no Mediterráneo, pódese atopar a especie B. clavigerus, que escava nos fondos areosos e lamacentos da zona infralitoral e nas augas máis profundas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do glande do pene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa do glande e do prepucio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemorraxia producida no glande do pene.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos balantas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo balanta.

    3. Pobo que ocupa o país de Bisau, entre os ríos Casamance (Senegal) e Geba (Guinea Bisau). Divídense en tribos de agricultores e gandeiros.

    4. Lingua africana da familia atlántica occidental e do grupo setentrional. Utilizan esta lingua 150.000 persoas de Senegal e de Guinea Bisau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua de Oceanía, da familia austronésica, do grupo malaio-polinesio e do subgrupo célebes. Na actualidade emprégana uns 125.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade causada polo protozoo Balantidium coli, que ocasiona dor abdominal, vómitos, diarrea, debilidade e adelgazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos do filo dos cilióforos que comprende especies parasitas intestinais de diversos vertebrados e invertebrados. A especie B. coli produce no ser humano unha clase de disentería chamada balantidiose, semellante á amebiase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos da subclase dos cirrípedos coñecidos coa denominación común de arneirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que permite medir a masa dun corpo comparándoa coa doutro, de masa coñecida, mediante a igualación ou determinación da relación existente entre os seus pesos nun campo gravitatorio calquera. O tipo básico é o da balanza que ten os brazos de igual lonxitude, ou balanza de brazos iguais. Esta, en esquema, está formada por unha barra ríxida chamada hastil ou brazo, que é atravesada transversalmente por tres prismas de aceiro denominados fulcros. A aresta inferior, ou coitelo, do fulcro central do hastil descansa sobre unha superficie horizontal dura (de ágata ou aceiro) que forma parte do soporte fixo da balanza, e constitúe deste xeito un eixe horizontal e perpendicular ao hastil ao redor do que este pode oscilar. Enriba dos coitelos dos fulcros dos extremos do hastil sitúanse dúas placas duras, das que penduran os dous pratos, totalmente iguais, destinados a soster as masas que se comparan. A agulla da balanza,...

    2. balanza analítica

      Balanza aperiódica de precisión; é, polo tanto, unha balanza de precisión que leva nos extremos do hastil uns dispositivos que amortecen as oscilacións, de tal xeito que a lectura das pesadas é moi rápida. É o aparello fundamental da análise química cuantitativa. En microanálise utilízanse as microbalanzas, das que se distinguen dous tipos: a microbalanza de oscilación libre e a microbalanza aperiódica.

    3. balanza aperiódica/balanza de Curie

      Balanza que leva nos extremos do hastil uns dispositivos que amortecen as oscilacións, de tal xeito que a lectura das pesadas é moi rápida. Normalmente os amortecedores son de aire, de aceite ou ben electromagnéticos.

    4. balanza automática

      Balanza dun só prato que indica directamente a masa medida, equilibrando por si mesma a carga. É a balanza típica das transaccións do comercio e da industria. Consta dunha panca dobrada en ángulo cun fulcro: ao situar nela a carga, o conxunto xira un ángulo que depende da masa da carga. As balanzas electrónicas indican o peso, o prezo da mercadoría, e normalmente proporcionan unha nota impresa cos detalles da pesada.

    5. balanza de contar

      Balanza que determina o número de pezas dun lote mediante a comparación do seu peso co dunha peza individual.

    6. balanza de contrapeso

      Balanza automática, cun só prato e un contrapeso ao outro extremo do hastil, na que unha articulación transmite directamente o descenso do prato cargado á escala de lectura que, en forma de arco, se despraza por diante da agulla indicadora fixa. O tipo máis corrente é o pesacartas.

    7. balanza de precisión

      Balanza que, polo seu deseño, os seus materiais e a súa coidadosa construción, fai posible a determinación de masas cun grao elevado de exactitude. Para evitar a influencia das correntes de aire e por protección, a balanza está pechada no interior dunha vitrina, accesible pola súa parte frontal ou polos costados para manipulala. A gran parte das balanzas de precisión, e todas aquelas destinadas ao uso analítico, son do tipo aperiódico (balanza aperiódica). Os modelos antigos inclúen un mecanismo de pancas que permite incorporar os pesos dende o exterior. O hastil está fabricado con aliaxes lixeiras, para que non se deforme facilmente, e normalmente está graduado para desprazar sobre si os réiteres, pequenos fíos metálicos en forma de V invertido. Para evitar que o peso dos pratos e do brazo sexan aplicados innecesariamente sobre os fulcros, existe un mecanismo de suspensión que os separa mentres non se utiliza a balanza. Actualmente, as balanzas de precisión só...

    8. balanza de Roberval

      Balanza de brazos iguais na que os pratos, en vez de pendurar dos extremos do hastil, repousan sobre dúas coitelas, de xeito que quedan ao descuberto para facer doada a manipulación dos pesos e da mercadoría. Foi moi utilizada comercialmente antes da difusión da balanza automática. A estabilidade dos pratos acádase mediante dúas varas, conectadas entre si por unha barra que xira ao redor do punto fixo e que fai de segundo hastil; deste xeito os puntos dos hastís situados no eixe da balanza permanecen fixos.

    9. balanza dun só prato

      Tipo de balanza analítica de pesada rápida que só presenta o fulcro de suspensión do hastil nun só dos pratos. O corpo que se quere pesar colócase no prato, onde se engaden unha serie de pesos determinados; o peso total do prato equilíbrase cunha carga fixa situada no outro extremo do hastil. Neste caso o peso do corpo determínase mediante o método da pesada dobre.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equilibrar algo inestable, especialmente unha balanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Envolver algún obxecto que vai ser transportado para protexelo.

    VER O DETALLE DO TERMO