"BD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 171.
-
PERSOEIRO
Valí (gobernador) muladita de Mérida. Protagonista de numerosas revoltas fronte ao Emir Mu ḥ ammad I, refuxiouse na corte de Afonso III. Volveu ao Al-Andalus no 884.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Imán de Tāhert. De orixe persa, foi Gobernador de Qayrawān durante a ocupación dos bérberes (758). Expulsado polo exército califal, no 761 fundou a cidade de Tāhert, dende a que consolidou un reino independente de Bagdad.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
-Andalus no 721 e do 730 ao 732. Efectuou unha expedición a Aquitania para reprimir a rebelión do bérber Munusa e tomar Bordeos. Derrotado e executado por Carlos Martell.
-
PERSOEIRO
Emir do Al-Andalus (822-852). Sucesor do seu pai al- Ḥ akam I, presidiu unha época de reorganización e centralización do Emirato. Tivo que facer fronte a diversas revoltas como a de al-Balansī, as disputas das tribos árabes no país de Tudmir, que o induciron a derribar a capital Orihuela e a construír Murcia (825-831), a rebelión de Mérida (829) e a de Toledo (830). Derrotou os normandos en Tablada (844). Cara ao final do seu reinado acadou especial gravidade o problema dos mozárabes de Toledo e, sobre todo, os de Córdoba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa de Córdoba. Neto e sucesor (912) do Emir ‘Abd Allāh, levou o Al-Andalus ao seu máximo esplendor. Sucesivamente, puxo termo á rebelión da aristocracia andaluza (928), á autonomía do Principado de Sevilla e do territorio de Badajoz (930), e á revolta de Toledo (933). A vitoria de Valdejunqueras (920) sobre Ordoño II e o saqueo de Pamplona (Iruña), a pesar do fracaso de Simancas (929) fronte a Ramiro II, conducírono a unha hexemonía peninsular indiscutida. Proclamado Califa (929), desfíxose dos últimos vencellos con Bagdad. Fixo do Califato de Córdoba unha potencia marítima co seu centro en Almería. No seu reinado, Córdoba chegou a ser a principal cidade de Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Califa omeia de Córdoba. Bisneto de ‘Abd al-Rahmān III, foi proclamado Califa en Xátiva. Morreu derrotado en Granada por Ḥ ayrān.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sirio. Autor de novelas (Sorrindo entre bágoas, 1958 e O camiño da virxe negra, 1960) e diversos contos e poesías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valí (gobernador) de Zaragoza. Ao redor do 857, negociou un pacto de amizade co novo marqués Humfredo de Barcelona e Narbona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta iraquí que acadou sona co diván titulado Malā’ika wa-šayātīn (Anxos e demos, 1950). Escribiu tamén poesía política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marrākušī.
-
PERSOEIRO
Sultán alauita de Marrocos (1895-1908). Fillo herdeiro do Sultán al- Ḥ asan I. As súas reformas e a Conferencia de Algeciras conseguiron facelo impopular. Foi destronado polo seu irmán en 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de València (1021 ou 1026-1061). Fillo de Sançol e neto de Almanzor. Algúns xefes amiritas de València proclamárono Rei en Xátiva; outros non o aceptaron e foi desterrado de València. No ano 1038, aproveitando a morte do liberto Zuhayr, Rei de Almería e de Murcia, alegou dereitos sobre os seus bens, debido a que fora o seu escravo, e apoderouse do reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro Valí (gobernador) de Al-Andalus, fillo de Mūsà ibn Nusayr. Conquistou unha boa parte do sur peninsular. Asinou unha capitulación amistosa co Rei godo Teodomiro. Estableceuse definitivamente en Sevilla, onde morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir (1902-1917), Sultán (1917-1927) e rei (1927-1932) de Najd, Rei de Al- Ḥ ijāz (1927-1932) e de Arabia Saudí (1932-1953), da dinastía wahhabita. Membro dunha familia rexente exiliada, sucedeu ao seu pai no 1902. No 1932 cambiou o nome do reino polo de Arabia Saudí. As explotacións petrolíferas (dende o 1938) consolidaron o seu poder persoal. Durante a Segunda Guerra Mundial permaneceu neutral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emir omeia. Fillo de Mu ḥ ammad I, casou con Oneca, filla de Fortuno Garcés de Navarra. No ano 888 substituíu o seu irmán Mundir, quen posiblemente foi asasinado. Despois fixo decapitar o seu segundo fillo al-Mutarrif, que pretendía usurparlle o trono. Durante o seu reinado acadou o punto máis importante a crise provocada polo pulo que van tomando os reinos cristiáns do norte, a inquietude dos muladís e mozárabes e o particularismo árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada, da familia zírida. Sucedeu ao seu avó Badis no ano 1073. Foi deposto por Yūf ibn Tašin. Como monarca, interesáronlle máis as letras que a política.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Califa de Sudán dende 1885, sucesor do Mahdī Mu ḥ ammad A ḥ mad ibn ‘Abd Allāh. Foi vencido polos británicos e os sudaneses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Granada (? 1145) e de València. Foi nomeado polo seu pai Mu ḥ ammad ibn Gānīya herdeiro do Goberno de Mallorca. Morreu asasinado polo seu irmán Is ḥ aq ibn Gānīya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gobernador de Ifrīqiya, fillo de Mūsà ibn Nu ṣ ayr. No ano 707, sen ter o cargo, capitaneou o primeiro ataque musulmán ás Illes Balears. Foi destituído e asasinado por orde do Califa Sulaymān.
VER O DETALLE DO TERMO