‘Abd al-Ra mān II de Córdoba

‘Abd al-Ra mān II de Córdoba

Emir do Al-Andalus (822-852). Sucesor do seu pai al- Ḥ akam I, presidiu unha época de reorganización e centralización do Emirato. Tivo que facer fronte a diversas revoltas como a de al-Balansī, as disputas das tribos árabes no país de Tudmir, que o induciron a derribar a capital Orihuela e a construír Murcia (825-831), a rebelión de Mérida (829) e a de Toledo (830). Derrotou os normandos en Tablada (844). Cara ao final do seu reinado acadou especial gravidade o problema dos mozárabes de Toledo e, sobre todo, os de Córdoba.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Toledo