"Berg" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
PERSOEIRO
Escritor alemán. Autor neorromántico, da súa produción destaca a obra de teatro Alles um Liebe (Todo polo amor, 1910), a novela Katinka, die Fliege (Katinka, a mosca, 1911) e retratos literarios como Schattenbilder (Sombras, 1912-1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta alemán. Escribiu o poema coñecido como Canción de Ezzo, que comeza coa xénese e remata coa redención, ademais de reflectir as ideas reformistas de Cluny.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ourive ruso. Formouse en Europa Occidental (1860-1864) e dende 1870 encargouse do obradoiro familiar, do que abriu sucursais en cidades rusas e en Londres. Traballou con diferentes metais, xemas, pedras duras e esmaltes, e foi ourive e xoieiro da corte rusa. Participou na Exposición Panrusa de Moscova (1882) e recibiu unha medalla de ouro. En 1990 fundouse a Fabergé Arts Fundation con sedes en Washington e San Petersburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de artistas alemáns activos nos ss XVII e XVIII. Entre outros membros cómpre destacar o escultor Benedikt Faistenberger (Kitbühel 1621-1693), que realizou, entre outras obras, o retablo de santo Andrés de Kitbühel; Andreas II Faistenberger (Kitbühel 1647-Múnic 1736) escultor e decorador que traballou, entre outras, na decoración do palacio dos Wittelsbach; Anton Faistenberger (Salzburgo 1663-Viena 1708), pintor formado en Italia que cultivou a paisaxe de temas heroicos; e os tamén pintores Joseph Faistenberger (Salzburgo 1675-1724) e Simon Faistenberger (Kitbühel 1695-1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Da súa produción destaca Bør Børson (1920), Den fjerde nattevakt (1923), Christianus Sextus (1927) e Nattens brød (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque (1797-1803), primeiro elector (1803-1806) e primeiro rei de Württemberg (1806-1816), fillo do duque Federico Uxío I. Aliouse con Napoleón contra Austria e recibiu polo Tratado de Presburgo (1805) gran parte das posesións austríacas. En 1806 acadou o título de rei, entrou na Confederación do Rin e anexionouse varios principados. Uniuse á coalición de 1813 contra Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. Doutor en Filosofía pola University of Michigan, foi profesor nas facultades de filosofía das universidades de Brown, Princeton e Rockefeller, e profesor emérito na Universidade de Arizona. Os seus estudios centráronse na ámbito da ética, a teoría de acción, a filosofía do dereito e a filosofía política, en concreto no ámbito das liberdades persoais e a lexitimidade da intervención estatal na esfera do comportamento individual. Das súas obras destacan Doing & deserving: essays in the theory of responsibility (Facendo e desexando: ensaios sobre a teoría da responsabilidade, 1970), The moral limits of the criminal law (Límites morais das leis criminais, 1984-1988) e Philosophy of law (Filosofía do dereito, 1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Educador suízo. En 1799 fundou en Hofwyl, cerca de Berna, unha institución agrónomo-educativa e favoreceu o ensino das diversas clases sociais. Á súa escola, orientada baixo postulados pestalozzianos, acudiron estudiantes de toda Europa e tivo unha grande influencia no desenvolvemento das teorías educativas, especialmente na educación baseada no traballo directo no campo. Foi un dos máximos difusores e continuadores da obra da educación popular que trazara Johann Heinrich Pestalozzi
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudiou na Universidade de Copenhaguen, onde se doutorou en 1890 e da que foi profesor. É o inventor da fototerapia e da lámpada que leva o seu nome, e que se empregou no tratamento do lupus vulgaris ou tuberculose da pel. O seu descubrimento conduciu á utilización de raios ultravioletas para a esterilización dos instrumentos. En 1903 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polas súas investigacións sobre os raios ultravioletas e as súas aplicacións terapéuticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de variedades parisino. Inaugurado en 1869 co nome de Café du Sommier Élastique, en 1871 adquiriu o nome definitivo. O termo francés folie designa un lugar de recreo ou casa de campo e a finais do século XIX utilizouse para designar espacios teatrais, entre os que cómpre destacar os denominados Folies Dramatiques, Folies Marigny, Folies Mayer e, finalmente, Folies Bergère. Este último especializouse nos xéneros da opereta e a pantomima. Anos despois, en 1918, e baixo a dirección de Paul Derval, comezou unha nova etapa baseada no teatro de variedades e de revista, na que presentou espectáculos musicais de gran formato no que se alternaban todo tipo de escenas cos números bailados e a actuación de cantantes célebres. No seu escenario iniciaron a súa carreira artistas notables como Maurice Chevalier, Charles Spencer Chaplin, Yvette Guilbert ou Josephine Baker.
-
CIDADES
Cidade de Dinamarca, na illa de Sjaelland, dentro da área metropolitana de Copenhaguen (9 km2; 90.327 h [2000]). O seu territorio está totalmente rodeado pola capital. Contén unha área de recreo, un sector residencial e unha área industrial. Do seu patrimonio cultural destacan a Real Fábrica de Porcelana de Copenhaguen, o palacio de Frederiksberg (1609-1703) e os xardíns de Frederiksberg, dentro dos que destacan o pavillón chinés (1799), o Apistemplet (1802) e o Kildegrotten (1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da xeración beat, foi un dos representantes da contracultura e do movemento Gay Liberation. Da súa produción destacan Howl and other poems (1956), Empty Mirror (1961), Indian Journals (1970), The Fall of America (1973), Mind Breaths: Poems 1972-77 (1978), Straight Hearts Delight (1980), White shroud. Poems 1980-1985 (1986) e Cosmopolitan Greetings: poems 1986-1992 (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido co pseudónimo de A ḥ ad ha-’Am, publicou Al parašat derakīm, onde se pronunciou a favor da creación dun centro espiritual en Palestina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e guionista cinematográfico arxentino. Na súa obra dramática destacan títulos como Knepp (1983), Krinsky (1983), Poniendo la casa en orden (1985), Cartas a Moreno (1987) ou Rajemos, Marqués, Rajemos (1976), texto destinado ao publico infantil e presentado en Galicia en 1985 polo grupo Tagallo e en 1990 pola Compañía Kalandraka.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo e lingüista. Doutorouse en Antropoloxía (1940) na Northwestern University (Evanston, Illinois). Foi profesor na University of Minnesota e, en 1962, trasladouse á Stanford University, onde permaneceu ata o seu retiro (1985). Ademais de estudar os universais, investigou as distintas familias lingüísticas. Na súa obra The Languages of Africa (1963) -publicara unha primeira versión co título Classification of African Languages (1955)-, clasificou todas as linguas de África en catro familias: níxer-congo, nilosahariana, afroasiática e khoisan. Tamén estudiou a clasificación xenética das linguas de Nova Guinea e de América do Sur. Para a primeira distinguiu dúas familias: a austronesia e a indopacífica; e para a segunda concluíu que existía unha estreita relación entre as linguas de América do Sur e as de América do Norte, e que as linguas indíxenas de América pertencían a tres familias: esquimó-aleutiana, na-dené e amerindia. A partir da década de 1990 investigou as linguas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie do interior da terra, situada a uns 2.900 km de profundidade, que separa o manto da codia terrestre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Johann Gensfleisch.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Borato de berilio, de fórmula Be2 (OH)(BO3). Cristaliza no sistema rómbico e preséntase en cristais prismáticos, é incoloro, gris, branco ou amarelo. Ten dureza 7,5 e o seu peso específico é 2,36.
-
PERSOEIRO
Escritor romántico alemán. Coñecido como Novalis, entendeu o amor como unha forza elemental anímica e cósmica, e no seu individualismo máxico todo coincidiu, individuo e universo, vida e morte, un e todo. Publicou Geistliche Lieder (Cánticos espirituais, 1799), algúns poemas alegres e vitais, Lied der Toten (Canto dos mortos) e Hymnen an die Nacht (Himnos á noite, 1800). Tamén publicou fragmentos literarios co nome de Blütenstaub (1798), o ensaio Die Christenheit oder Europa (A cristiandade en Europa, 1799) e a novela inacabada Heinrich von Ofterdinge, en resposta ao Wilhelm Meister, de Goethe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que determina a proporción de caracteres mendelianos dominantes e recesivos que se transmiten no seo dunha poboación. Constituíu a primeira formulación matemática rigorosa dunha xenética de poboacións.