"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • Antiga cidade da Galia, capital dos eduos, situada no monte Beuvray (Nivernès), que a finais do s I a C e por orde dos romanos, foi abandonada polos seus habitantes, que se trasladaron á nova cidade de Augustodunum (Autun), levantada na chaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Está considerado como o máis importante poeta simbolista do seu país, influído directamente pola corrente do Parnasianismo. Colaborador asiduo do xornal A Noticia, publicou entre outras obras: Poesias (1888) e Tarde (1919). A súa obra máis destacada é O caçador de esmeraldas (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana lipoproteica elemental que separa espacios internos de reacción celular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador neerlandés. Foi discípulo do seu pai, o escultor e arquitecto Cornelis Bloemaert (1525?-1595?) e de Joos de Beer. Cultivou o retrato, a pintura de xénero e a de historia con tendencia italianizante seguindo o estilo de Caravaggio e posteriormente dos Carracci. Os seus fillos tamén foron pintores: Frederick (1610?-1669), Hendrick (1601?-1672), Cornelis (1603?-1684?) e Adriaen (1609-1666).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública e universitaria de Oxford (Inglaterra). Foi reorganizada e aberta por Thomas Bodley no ano 1602. Dispón de máis de cinco millóns de volumes. A súa importancia radica nos fondos de manuscritos orientais, nas coleccións sobre literatura e historia inglesa, e nos impresos raros. Inclúe a Radcliffe Camera, a New Library e as bibliotecas que dependen dela, a Radcliffe Science Library, a Law Library, a Indian Institute Library e a Rhodes House Library. Dende o ano 1610 ata o 1753 foi a única biblioteca central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • álxebra de Boole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Montemolín, fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista á coroa de España (1845) co nome de Carlos VI. Intentou o seu casamento coa Raíña Isabel II. Mentres era rei pretendente tivo lugar en Catalunya a segunda guerra Carlista. No 1860 levou a cabo unha rebelión militar desde San Carlos de la Rápita, foi prendido e condenado a morte, aínda que sería indultado ao renunciar ao trono (Tortosa, 23.3.1860). Máis tarde, ante as pretensións do seu irmán Xoán Carlos, invalidou a renuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Montizón e segundo fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista ao trono de España. Despois da renuncia á coroa feita polo seu irmán Carlos Luís, conde de Montemolín (1860), erixiuse en xefe dos carlistas e propuxo ás cortes o establecemento dun réxime máis liberal, distinto ao de Isabel II. Despois, o seu irmán anulou a renuncia e, ao morrer este en 1861, sucedeulle nas pretensións ao trono. Os seus dereitos pasaron a seu fillo Carlos María das Dores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e debuxante francés. Foi profesor na Académie Royale (1648-1661). Influído por Jacques Callot, a súa obra analiza a descrición e a crítica de detalles, costumes, a arquitectura, etc, da sociedade francesa coetánea. Publicou Suite de gravures de mode à la manière de Callot (Serie de gravados de moda ao xeito de Callot, 1629) e Traité des manières de graver en taille douce (Tratado das maneiras de gravar en talla suave, 1645).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na notación de Dirac da mecánica cuántica, vector dual dun ket introducido para realizar produtos escalares de vectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo, director escénico e novelista. É autor da novela Jonny og Matilde (1919-1920) e de varios dramas. Caracterízase polo realismo social de cariz popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canto revolucionario belga, con música de François Van Campenhout e texto de Jenneval. Xurdiu en 1830 con ocasión da loita belga pola independencia. En 1860, acompañado do texto de Charles Rogier, converteuse no himno belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de liño e fabricación manual procedente da provincia belga de Brabante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da Europa occidental, que comprendía aproximadamente as actuais provincias belgas de Brabante e Anveres, e a neerlandesa do Brabante Setentrional. Topograficamente é unha área inserida na gran chaira do N de Europa, aínda que a súa altura aumenta de N a S. A rexión está drenada por diversos afluentes do río Escalda e do Mosa, así como por numerosos canais entre os que destacan o canal Alberte e o de Kempenen en Bélxica e o de Wilhelmine nos Países Baixos. Ten solos arxilosos e moi fértiles, o que constitúe a base dunha agricultura e unha gandería florecentes. Os principais produtos son acelgas, ravos, cereais, plantas forraxeiras, árbores froiteiras e outros cultivos industriais. Na gandería destacan a ovina, a porcina e a cabalar. A poboación é urbana. Sobresaen as seguintes cidades: Bruxelas, Louvain, Nivelles, Anveres, Malines, ‘s-Hertogenbosch, Breda, Eindhoven e Tilburg. As densidades de poboación son moi altas: 661 e 550 h/km2 (1983) nas provincias de Brabante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bélxica, constituída por dous territorios (divididos segundo a comunidade nacional) e pola capital do país Bruxelas. A parte flamenga ten unha superficie de 2.106 km2 e unha poboación de 1.004.692 h (estim 1997). A zona valona ocupa unha superficie inferior, 1.091 km2, repartíndose neste espazo unha poboación de 341.565 h (estim 1997). A capital, Bruxelas, forma parte desta provincia, cunha poboación estimada no ano 1997 de 950.597 h nunha superficie de 162 km2. Os tres territorios son administrados polas institucións das súas respectivas comunidades; Bruxelas, polo seu carácter capitalino, é un municipio autónomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia dos Países Baixos (5.082 km2; 2.304.094 h [estim 1997]). A súa capital é š-Hertogenbosch.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto e construtor de automóbiles de competición australiano. En 1961 fabricou o seu primeiro modelo. Foi campión mundial en 1959, 1960 e 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador inglés. Traballou como actor na compañía Edison antes de pasar a dirixir na MGM. Na súa filmografía hai dúas películas que definen o seu estilo: Beast of the city (A besta da cidade, 1932), un dos primeiros filmes de gángsters, e The mask of Fu Manchu (A máscara de Fu Manchú, 1932), interpretada por Boris Karloff. Entre a súa produción pódense sinalar tamén: The man who disappeared (O home que desapareceu, 1914), While New York sleeps (Mentres Nova York dorme, 1920) e A wicked woman (Unha muller malvada, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO