"CAU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 163.
-
PERSOEIRO
Músico. A súa música, á marxe de escolas e técnicas, caracterizouse pola súa expresión lírica directa. Das súas obras para piano destacan Scènes d’enfants (1915-1918), Charmes (1920-1921), Música callada (1959-1967), e das súas obras para canto e piano destaca o ciclo Combat del somni (1942-1951). Compuxo obras corais como Cantar del alma (1951) e Ultreia (1962-1966), e para guitarra Suite Compostelana (1962). Foi nomeado Académico de Honor da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1973) e recibiu numerosos premios, como a Medalla al Mérito en las Bellas Artes (1980) e a Medalla de Oro da SGAE (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Expresión latina que significa ‘adquisición por causa de morte’.
-
Expresión latina que se utiliza na adquisición a título singular que se produce co motivo da morte dunha persoa e que non constitúe un legado ou unha doazón por causa de morte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moitos talos e que se ramifica desde o chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non presenta follas no caule.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles fósiles, da familia dos camarasáuridos, da orde dos saurisquios, de aproximadamente 5 m de altitude e 12 m de lonxitude, cun pescozo longo. Eran herbívoros e cuadrúpedes, e viviron a finais do Cretáceo. Os seus restos foron descubertos no deserto de Gobi.
-
PERSOEIRO
Debuxante e guionista de cómics estadounidense. En 1894 creou para o New York World unha serie de debuxos ambientados nos barrios populares de Manhattan titulada Hogan s Alley e protagonizada por Yellow Kid. Esta nova forma narrativa, baseada no emprego de bocadillos e a repetición do personaxe, deu paso á creación do cómic moderno. A cor do personaxe e a descrición dos ambientes marxinais propiciou o emprego do termo “prensa amarela”, identificado co xornalismo sensacionalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o tronco moi groso, onde se acumulan reservas de auga e de nutrientes.
-
REXIÓNS
Rexión de Normandie, Francia, situada na costa do canal da Mancha, entre as desembocaduras do Sena e do Béthune. De agricultura fértil e cunha importante gandaría bovina, o seu centro é Dieppe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Lugo (1786-1811). Foi cóengo da catedral de Oviedo (1772) e vigairo da súa diócese. Reformou o seminario de Lugo a partir de 1792 coa fundación de dúas cátedras de Teoloxía. Para impartir esta disciplina, concordou cos conventos de San Francisco e San Domingos da mesma cidade que os profesores que alí traballaban tamén o fixeran no seminario. En 1803 conseguiu que os estudos se incorporaran á Universidade de Santiago de Compostela
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de esmaltadores de Limoges dos ss XV e XVI. Léonard Penicaud, fundador da dinastía, evolucionou desde o gótico cara ao gusto italiano (La Nativité). Jean Penicaud o Vello, imitou gravados flamengos e alemáns. Jean Penicoud o Novo, traballou o estilo renacentista (Couronnement de la Vierge) e o seu fillo Jean Penicau d (III) estudou en Italia, onde recibiu influencias de Il Parmigianino. Pierre Penicaud foi pintor sobre vidro e esmaltador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aimerico Picaud.
-
-
Medida tomada para evitar ou prever un dano.
-
Actitude prudente para previr un mal ou perigo posible.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve de precaución.
-
-
de recauchutar.
-
Operación de recauchutar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Refacer a cuberta gastada dun pneumático superpoñéndolle unha banda de rodamento nova que se fixa sobre a carcasa por vulcanización.
-
GALICIA
Filólogo. Licenciado en Filosofía Clásica, realizou traballos de normalización lingüística no concello de Vigo. Foi fundador da Aula de Toponimia Galega, socio fundador de Estudios Latinos e presidente-director do Instituto de Estudios Vigueses. Publicou Vigo nalgúns dos seus topónimos (1990), Os nomes da Terra de Vigo (1996) e os tres volumes de Os nomes da Ría de Vigo (1998, 2000 e 2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ser imaxinario que asusta os nenos ameazándoos con levalos metidos dentro dun saco para logo matalos e vender o seu unto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas, da división das feófitas, con aspecto de arbusto moi ramificado e o talo de cor parda verdosa. En Galicia atópase en pozas de marea a especie S. scoparium, de ata 10 cm de lonxitude, que se fixa ao substrato mediante rizoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento cirúrxico que cauteriza as feridas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte meridional de Caucasia situada ao S do Gran Cáucaso e que comprende as repúblicas de Armenia, Xeorxia e Acerbaixán.