Stypocaulon
Stypocaulon
[PROTISTA]
Xénero de algas, da división das feófitas, con aspecto de arbusto moi ramificado e o talo de cor parda verdosa. En Galicia atópase en pozas de marea a especie S. scoparium, de ata 10 cm de lonxitude, que se fixa ao substrato mediante rizoides.