"CIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 410.

  • Líquido cun forte olor a limón do que se coñecen as dúas formas D- e L-. É o principal constituínte do aceite esencial de limón e emprégase como perfume e insectífugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol líquido moi oloroso do que se coñecen dúas formas, a forma alfa ou rhodinol, e a beta ou citronelol propiamente dita. Emprégase moito en perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido non estándar que non forma parte das proteínas pero que intervén como intermediario na biosíntese da urea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria do metabolismo dos aminoácidos na que a falla do enzima arxino-sucínico-sintetasa non permite a degradación da citrulina que se acumula no sangue e se excreta polos ouriños. O proceso vai acompañado de alteracións no desenvolvemento corporal e atraso mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores orixinarias do sueste asiático. A súa importancia económica radica nos froitos, ricos en vitamina C e ácido cítrico. Entre as 12 especies que comprende o xénero están a laranxeira, o limoeiro, o mandarineiro e o pomelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante da escola pollencina, residiu en París (1910) e en 1913 estableceuse en Mallorca seguindo a Anglada i Camarasa. A súa estética inicial orientalizante evolucionou cara ao gusto fauve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1930. Foi dirixida por Charles Chaplin e interpretada polo propio Chaplin, Virginia Cherrill, Harry Myers, Florece Lee, Allan García e Henry Bergman. Trátase dunha dramática historia amorosa entre un home pobre que está no paro e unha vendedora ambulante invidente. A fortuna e o destino fan que os seus camiños se separen, ela mellora a súa posición e el cae en desgracia; finalmente, vólvense xuntar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector central dunha cidade onde se localizan as principais actividades administrativas e financeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula urticante característica dos cnidarios, que ten unha función ofensiva e defensiva. Distínguese, ademais do núcleo e do citoplasma, o nematocisto, composto dunha cápsula que contén un líquido urticante e un filamento enrolado no seu interior. O contacto cun corpo estraño fai que se desenrole o filamento e que, por un buraco que hai no extremo, lle inxecte o líquido urticante á presa ou ao atacante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das células típicas das esponxas que forman o endoderma. Son troncocónicas e están provistas dun longo flaxelo, rodeado na base dun colar de lanuxe microscópica, que forma un mecanismo de filtración. A función dos coanocitos é a de capturar as partículas nutritivas e dixerilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Epiro, afluente do Aqueronte. Pertencente á mitoloxía grega, Virxilio describiuno como o principal río dos infernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de conservar a imantación que presenta un corpo previamente imantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que constrinxe a alguén para que faga ou diga algunha cousa.

    2. Campo magnético mínimo que se necesita para anular a imantación dun corpo imantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é capaz de coñecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do número e das características das células de escamadura fisiolóxica da vaxina. Emprégase para a investigación das fases do ciclo ovárico e os seus trastornos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen concita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar algo ou alguén unha actitude ou sentimento, normalmente negativo, contra si mesmo ou contra outro.

    2. Facer que se xunte nun lugar un número determinado de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación dinámica que prescribe un movemento axitado, apaixonado e fogoso.

    VER O DETALLE DO TERMO