"COI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 307.
-
-
Unión sexual humana que consiste na introdución do pene do macho na vaxina da femia, que xeralmente vai acompañado dunha serie de procesos fisiolóxicos que producen pracer.
-
Unión sexual que se realiza mediante a introdución do pene dentro do ano.
-
coitus interruptus.
-
-
-
-
Cada unha das puntas do pau menor do xogo da billarda, que recibe tamén o nome de billarda.
-
Golpe dado co palán en calquera das puntas da billarda, no xogo da billarda.
-
-
Lugar marcado, xeralmente un círculo, que en distintos xogos pode indicar a prisión, o lugar de salvación ou o lugar a partir do que se inicia o xogo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método contraceptivo que consiste en interromper o acto sexual e efectuar o home unha exaculación extravaxinal. É unha práctica que ocasiona unha alta porcentaxe de fracaso (15-40%) e pode xerar insatisfacción sexual e crear certos problemas psicolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘velliño’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vello’.
-
GALICIA
Dramaturgo e pedagogo. Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol. Colaborou en diversos xornais como La Semana e El Heraldo Gallego, e dirixiu El Correo Gallego. Como dramaturgo, publicou Pilara ou grandezas dos humildes (1920), drama en prosa estreado no teatro Jofre de Ferrol (23.8.1919) por un grupo ferrolán dirixido por Xaime Quintanilla e representado, entre outros, polo cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña (1920) e o coro Toxos e Froles (1930). Trátase dunha peza de ambiente mariñeiro caracterizada polo seu didactismo e intención anticaciquil. Tamén é autor de Redención por amor, estreada en 1920. Ademais, publicou Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol (1912) e Catecismo social (1920). O seu poema “A María Pita” recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten forma de cuncha.
-
Aplícase á fractura que produce unha superficie con elevacións e depresións en forma de cuncha.
-
Relativo ou pertencente á concoide.
-
-
-
Que ten forma de cuncha.
-
Fractura que na superficie presenta elevacións e depresións análogas, pola súa forma, a unha cuncha.
-
cono de percusión.
-
-
Curva plana de ecuación x 2 y 2 =(a+y 2 )(b-y 2 ), onde a e b son dúas constantes.
-
concoide dunha curva respecto a un punto
Dada unha curva C e un punto O do seu plano, lugar xeométrico dos puntos Q e Q’ determinados ao medir, nos dous lados, unha determinada distancia b a partir do punto P obtido ao cortar a curva C mediante unha recta R que pase por O. Da definición dedúcese que a concoide dunha curva ten dúas ramas. Se C é unha recta e se escolle un sistema de coordenadas polares con orixe no punto O, separado de C por unha distancia perpendicular a a, a expresión da concoide da recta C respecto a O é r=(a/cosϑ)+b; se a<b, determínase un lazo en O, se a=b, hai unha cúspide en O (e a concoide é a concoide de Nicomedes), e se a>b, non hai unha cúspide pero hai un acnodo en O. Outro caso particular ten lugar cando C...
-
-
-
PERSOEIRO
Escritor. En 1869 estreou a peza teatral Le passant (O paseante) e, posteriormente, as obras en verso de cariz posromántico Severo Torelli (1883) e Pour la couronne (Para a coroa, 1895). En poesía evolucionou do parnasianismo de obras como Le reliquaire (O relicario, 1866) ou Intimités (Intimidades, 1868) cara a unha poesía que enxalzaba a xente sinxela, como Les humbles (Os humildes, 1872), Le cahier rouge (O caderno vermello 1874) ou Les paroles sincères (As palabras sinceras, 1890). Escribiu tamén novela, narracións breves e as memorias La bonne souffrance (O bo sufrimento, 1898). En 1884 ingresou na Académie Française.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten forma curvada como o peteiro do corvo.
-
Cada un dos dous ósos que forman parte da cintura escapular de moitos vertebrados (anfibios, réptiles, aves e mamíferos monotremas) situados na cara ventral por diante das clavículas.
-
Proxección do ángulo anterior da omoplata dos mamíferos, a excepción dos monotremas, que serve para o sostemento e a articulación das extremidades superiores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos segregados pola codia das glándulas suprarrenais, que se caracterizan por posuír na súa estrutura o núcleo do cicloperhidrofenantreno. Divídense en glicocorticoides e mineralcorticoides. Os primeiros, entre os que están o cortisol e a cortisona, teñen no C-17 un grupo ceto- ou hidroxi-, e actúan sobre o metabolismo dos glícidos, dos lípidos e dos prótidos. Os segundos, entre os que figuran a desoxicorticosterona e a aldosterona, non teñen ningún grupo osixenado no C-17 e actúan no metabolismo hídrico e electrolítico.
-
PERSOEIRO
Compositor, sobriño de Louis Couperin. Figura relevante da escola clavecinista francesa, sucedeu o seu pai no posto de organista de Saint Gervais e en 1717 nomeárono clavecinista real. Dentro da súa obra destacan catro libros con pezas para clavecín (1713, 1717, 1722 e 1730), Concerts royaux (1722), L’apothéose de Corelli (1724) e L’apothéose de Lully (1725). Compuxo tamén música vocal, profana e relixiosa, e escribiu o tratado L’art de toucher le clavecin (A arte de tocar o clavecín, 1716-1717), que contén nove pezas para este instrumento.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cartilaxe cricoide.
-
Cartilaxe situada na parte máis inferior da larinxe que ten forma de anel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromato de chumbo, de fórmula PbCrO4. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos que presentan estrías. Ten unha cor vermella alaranxada ou amarelenta. Está asociada con piromorfita, cerusita e outros minerais secundarios do chumbo.
-
PERSOEIRO
Militar, marqués de Croix. Participou na Guerra de Sucesión de Austria (1740-1748) e desenvolveu a súa carreira militar en España, onde acadou o grao de tenente xeneral. Foi comandante en Ceuta e en El Puerto de Santa María e capitán xeneral de Galicia (1755-1756 e 1762-1764). Foi vicerrei de México (1766-1771), onde expulsou os xesuítas (1767) e organizou as expedicións de Gaspar de Portolano a California. Regresou á Península Ibérica e foi capitán xeneral de València e Murcia (1777-1785).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e decorador francés. Traballou ao servizo do elector Maximiliano Manuel II de Baviera e foi discípulo de J. F. Blondel (1720-1724). En 1725 nomeárono arquitecto da Corte de Múnic. Adaptou o rococó ao gusto alemán e fíxoo máis exuberante, para o que fundiu arquitectura e decoración. Entre as súas obras destacan o pavillón de Amalienburg no parque Nymphenburg (1734-1739), en colaboración co estucador Johann-Baptist Zimmermann, e o Residenztheater (1751-1753). En 1738 publicou numerosos gravados dos seus deseños que popularizaron o estilo Luís XV en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma columnar que presenta no extremo un bloque rochoso, formado por depósitos de orixe morénica ou volcánica. Estes bloques son heterométricos e pouco compactos. Tamén se denomina demoiselle coiffée e cheminée de fée.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jean-François d’ Andrieu.
-
PERSOEIRO
Almirante e político francés. Comandante en xefe da flota desde 1939, foi ministro da Mariña e vicepresidente do goberno de Vichy (1941-1942). Trasladouse a Alxer, onde foi comandante en xefe das forzas francesas libres do norte de África en novembro de 1942. Pouco tempo despois morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Fillo do tamén pintor Edmé-François Daubigny (1789-1843), estudiou na École des Beaux Arts con Paul Delaroche. Cultivou a paisaxe e relacionouse coa escola de Barbizon, pero o luminismo dos seus cadros achegárono ao impresionismo. Empregou a técnica da augaforte nos seus gravados.
VER O DETALLE DO TERMO