corticoide

corticoide

(

s m [BIOQ]

Cada un dos compostos segregados pola codia das glándulas suprarrenais, que se caracterizan por posuír na súa estrutura o núcleo do cicloperhidrofenantreno. Divídense en glicocorticoides e mineralcorticoides. Os primeiros, entre os que están o cortisol e a cortisona, teñen no C-17 un grupo ceto- ou hidroxi-, e actúan sobre o metabolismo dos glícidos, dos lípidos e dos prótidos. Os segundos, entre os que figuran a desoxicorticosterona e a aldosterona, non teñen ningún grupo osixenado no C-17 e actúan no metabolismo hídrico e electrolítico.

Sinónimos