"DOM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Relativo ou pertencente ao domicilio ou que se realiza no mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.

    2. Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.

      1. Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.

      2. domicilio social

        Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Edificio ou lugar no que vive alguén habitualmente.

      1. Lugar de residencia habitual ao que a lei lle outorga a característica de ser o emprazamento de referencia dunha persoa, física ou xurídica, para o cumprimento das súas obrigas e o exercicio dos seus dereitos. O domicilio pode ser calquera lugar pechado, natural ou artificial, moble ou inmoble. A elección do domicilio é xeralmente voluntaria, e é legal cando vai determinada pola lei. A inviolabilidade do domicilio constitúe un dereito e unha garantía da persoa.

      2. domicilio social

        Lugar no que unha sociedade legalmente constituída establece o seu enderezo a efectos administrativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana da gens Domicia. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 192 a C, venceu a Antíoco III en Magnesia (189 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 122 a C, derrotou os avernos na Galia. Lucio Domicio Ahenobarbo , cónsul no 54 a C, morreu na Batalla de Farsalia en combate contra César (48 a C). Cneo Domicio Ahenobarbo , fillo do anterior, foi cónsul no 32 a C e un dos asasinos de César. Cneo Domicio Ahenobarbo , cónsul no 32 d C, casou con Agripina, irmá do Emperador Calígula, e foi o pai de Lucio Domicio Ahenobarbo , emperador que adoptou o nome de Nerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode dominar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dominar, ou de exercer un poder sobre algo ou alguén.

    2. Unha das xerarquías anxélicas segundo a tradición bíblica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de dominar ou dominarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen domina ou exerce dominación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dominante.

    2. Relación existente entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro. A dominancia é completa ou sinxela cando o homocigoto do alelo dominante e o heterocigoto non se distinguen fenotipicamente; recibe tamén o nome de superdominancia ou heterodominancia. É incompleta ou parcial cando o heterocigoto presenta caracteres intermedios entre os dous homocigotos. Entre estas dúas clases pódense dar todos os graos. A dominancia tamén pode ser alternativa, cando cambia no transcurso do desenvolvemento, e condicionada, cando se ve afectada pola presenza de certos xenes, chamados modificadores, ou por variacións de idade, sexo ou ambiente. A dominancia tamén se pode presentar entre series de alelos.

    3. Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.

    4. Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais ata que exista unha certa distancia entre elas e o ápice vexetativo. Prodúcese pola acción das auxinas, que inhiben o crecemento das xemas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que domina por ser superior en forza ou ser máis aparente.

    2. Aplícase á persoa que tende a dominar os outros de maneira despótica.

      1. Aplícase ao alelo ou á serie de alelos que presentan dominancia.

      2. Aplícase á mutación que produce o alelo ou a serie de alelos dominantes.

    3. Aplícase ás especies que teñen a biomasa máis grande dentro dun ecosistema, e que modifican as condicións ambientais de tal xeito que o resto das especies quedan supeditadas a elas.

    4. Quinto grao da escala diatónica na distancia dunha quinta xusta da tónica. Tamén se denomina nota dominante.

    5. Aplícase á propiedade inmoble a favor da que se establece unha servidume.

    6. Termo empregado polos formalistas rusos para referirse ao procedemento ou factor que subordina todos os demais nun texto literario. Por exemplo, a rima e o ritmo considéranse factores dominantes do verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter unha persoa ou un estado baixo a súa autoridade a algo ou alguén.

    2. Someter alguén baixo a súa vontade a outras persoas.

    3. Reprimir alguén os seus sentimentos ou impulsos.

    4. Conter ou reprimir algo prexudicial ou que está fóra de control.

    5. Influír algo considerablemente na actuación de algo ou de alguén.

    6. Ter coñecementos profundos dun determinado tema ou materia.

    7. Constituír algo o punto máis alto en relación a outros.

    8. Abarcar coa vista dende un lugar elevado.

    9. Ser unha cousa superior por constituír o máis destacado ou predominante.

    10. Ter unha persoa ou un estado autoridade sobre algo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sétimo día da semana no cómputo antigo ou primeiro no cristián. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando o domingo chove despois da misa, a semaniña enteira verás que risa. Cada martes ten o seu domingo”.

      1. Festa semanal dos cristiáns. A celebración ten a súa orixe na resurrección de Cristo e era o día da reunión dos crentes para celebrar a liturxia da palabra e a fracción do pan.

      2. domingo de Pascua/de Resurrección

        Festividade máis importante do calendario litúrxico cristián. Nel celébrase o día da resurrección de Cristo, que fora crucificado dous días antes, o Venres Santo. Esta data do domingo de Resurrección coincide co día da celebración da Pascua xudía. Ambas as dúas festas, conmemoran os alicerces a partir dos que se fundamenta o pobo de Deus e a súa Alianza con El. A Pascua é a celebración do paso do Mar Vermello no Éxodo de Exipto, o momento clave na conformación de Israel. A Resurrección é un novo paso, supón a redención definitiva do pecado.

      3. domingo de Ramos/de Paixón

        Domingo anterior ao domingo de Resurrección, no que a Igrexa conmemora, como un inicio da Semana Santa, a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén.

    2. Día no que principia o ciclo do Entroido. Recibe o nome de domingo fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, xa que en determinados lugares de Galicia é típico saír á rúa con sacos de fariña, borralla, betume ou feluxe para esparexer por riba da xente. O segundo domingo chámase domingo oleiro, pola práctica habitual do xogo das olas. Os participantes, colocados formando círculos, van pasándose os recipientes de barro cheos de viño, auga ou fariña duns aos outros. O que os deixe caer ten a obriga de pagar unha rolda de viño ou unha merenda. O domingo anterior ao de Entroido é o corredoiro, momento no que se celebra a corrida do galo, que consiste en pendurar a ave dunha corda tendida para que os mozos lle arrinquen a cabeza. A festividade remata co domingo de Entroido, día no que se come en abundancia, especialmente carne de porco, para dar paso á Coresma e ao domingo de piñata, celebración especialmente urbana na que se tenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome persoal e apelido patronímico Domingos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1992. Subtitulada “Periódico gratuito de Información Deportiva”, incluíu abundante información dedicada ao fútbol, especialmente ao Real Club Deportivo de La Coruña. Ademais dos artigos críticos, marcadores, clasificacións, goleadores e entrevistas que teñen que ver con este deporte, inseriu tamén páxinas doutros como o baloncesto, o ciclismo, o hóckey sobre patíns, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Naceu no seo dunha familia de cantantes de zarzuela e aos nove anos trasladouse coa súa familia a México. Alí comezou a súa formación musical, fundamentalmente adquirida no teatro cos seus pais e no Conservatorio de México, ao que acudía esporadicamente. Comezou a cantar como barítono ao debutar na zarzuela Gigantes y Cabezudos (1957), de Manuel Fernández Caballero, e aos dezaoito anos na Ópera Nacional de México como tenor co papel secundario de Matteo Borsa de Rigoletto de Verdi. O seu primeiro papel importante como tenor foi o de Alfredo de La traviata (1961) e ese mesmo ano debutou xunto a Lily Pons en Dallas co papel de Arturo de Lucia di Lammermoor. Posteriormente trasladouse a Tel Aviv onde adquiriu experiencia teatral en máis de trescentas representacións e, a partir de 1965, traballou nos principais teatros e festivais europeos e americanos (París, Viena, Berlín, Chicago, Milán, Barcelona, Washington, Salzburgo, Nova York, etc). Debutou no Metropolitan de Nova York...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e crítico teatral. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Parlamentario e do Heraldo de Madrid, no que escribiu diversos artigos de crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo e foi tamén correspondente do xornal bonaerense La Nación. Ao finalizar a Guerra Civil española exiliouse a Alemaña e Francia. En París foi locutor da radio e da televisión francesa. Da súa autoría son os diálogos radiofónicos La Rebotica e La tertulia del Café Dupont, dedicados aos exiliados republicanos, e tamén a comedia El triunfador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, mestre e escritor. Xornalista político, defendeu o republicanismo federal e a xustiza social. Deputado a Cortes por Tortosa (1914), fundou, xunto con Layret, o Bloc Republicà Autonomista e presidiu o novo Partit Republicà Català (1917). Encarcerado pola súa participación nas folgas de Barcelona (1917), dende outubro do 1918 colaborou na campaña a favor da autonomía iniciada en Catalunya. Fundou o Partido Radical-Socialista, xunto con Álvaro de Albornoz e Ángel Galarza (1929). Interveu no Pacto de San Sebastián (1930) e, detido e procesado, exiliouse a Portugal e Francia. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya (1931) e durante a Segunda República foi ministro de Instrución Pública do goberno provisional (1931), ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1931), ministro de Agricultura (1933) e ministro de Instrución Pública (1936). Fundou, con Azaña, Izquierda Republicana e presidiu o Partit Catalá d’Esquerra (1933). Ao remate da Guerra Civil, exiliouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na escola de Sant Carles de València e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1864). Con unha pensión outorgada pola deputación valenciana (1868), trasladouse a Roma onde pintou La destrució de Sagunto (A destrución de Sagunto). Mestre na escola de Sant Carles, en 1875 trasladouse a París onde residiu ata 1914. Realizou cadros anecdóticos de ambiente histórico, e retratos. Entre outros galardóns, recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1871 polo cadro Santa Clara (1870) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1917). O seu fillo Roberto Domingo Fallola (París 1833 - Madrid 1956), tamén pintor, especializouse en escenas de touros.

    VER O DETALLE DO TERMO