Domingo i Sanjuán, Marcellí
Político, mestre e escritor. Xornalista político, defendeu o republicanismo federal e a xustiza social. Deputado a Cortes por Tortosa (1914), fundou, xunto con Layret, o Bloc Republicà Autonomista e presidiu o novo Partit Republicà Català (1917). Encarcerado pola súa participación nas folgas de Barcelona (1917), dende outubro do 1918 colaborou na campaña a favor da autonomía iniciada en Catalunya. Fundou o Partido Radical-Socialista, xunto con Álvaro de Albornoz e Ángel Galarza (1929). Interveu no Pacto de San Sebastián (1930) e, detido e procesado, exiliouse a Portugal e Francia. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya (1931) e durante a Segunda República foi ministro de Instrución Pública do goberno provisional (1931), ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1931), ministro de Agricultura (1933) e ministro de Instrución Pública (1936). Fundou, con Azaña, Izquierda Republicana e presidiu o Partit Catalá d’Esquerra (1933). Ao remate da Guerra Civil, exiliouse en Francia. Colaborou en La Publicidad, El liberal e La Barricada e dirixiu La Lucha (1916-1919). Entre as súas obras destacan El burgo podrido (1924), En la calle y en la cárcel (1921), La isla encadenada (1923), Libertad y autoridad (1928), Adónde va España? (1930), La escuela en la República (1932) e La experiencia del poder (1934).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tortosa -
Deceso
Lugar : Toulouse