"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
PERSOEIRO
Pacifista inglés. Formouse como carpinteiro e en 1852 trasladouse a Londres onde comezou o seu activismo obreiro. Participou na formación da Primeira Internacional, pero retirouse ao non considerala pacifista. Dende 1868 pertenceu ao Parlamento. En 1870 organizou un comité obreiro para a defensa da neutralidade que deu lugar á Workmen’s Peace Association (Asociación de Obreiros pola Paz), da que foi elixido secretario en 1871. Fundou tamén a International Arbitration League (Liga Internacional de Arbitraxe) e en 1889 a Interparlamentary Union (Unión Interparlamentaria), da que foi vicepresidente e secretario da sección británica. En 1903 recibiu o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra, fundamentalmente paisaxística, caracterízase polo emprego da mancha ao modo postimpresionista, pola captación da luz e polas referencias á realidade. Participou en numerosas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás crisomonadais.
-
Alga da antiga orde das crisomonadais.
-
Antiga orde de crisofíceas unicelulares cun flaxelo ou dous (máis raramente tres ou catro), xeralmente desiguais e en parte con bárbulas. Actualmente, están repartidas entre a orde das ocromonadais e a das nomulinais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde das poliporais, de cogomelos semicirculares e planos, de ata 20 cm de diámetro, coa cutícula áspera e de cor crema cinsenta. O himenio aparece disposto en pequenos tubos alongados, a xeito de láminas rudimentarias, que ofrecen un aspecto labiríntico. A especie D. quercina vive sobre carballos aos que infecta; a carne ten unha consistencia coriácea, polo que non ten valor culinario.
-
RIOS
Río de Suecia que nace da confluencia dos ríos Västerdal e Österdal. Forma varios lagos e numerosos saltos de auga. Desemboca ao S do golfo de Botnia, despois dun percorrido de 500 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antonietta Meneghelli.
-
PERSOEIRO
Compositor e castrato soprano italiano. Ingresou na Capela Sixtina en 1654, onde foi mestre de capela entre os anos 1669-1670. Como compositor destacan os seus Sagri concerti (1675) e dous libros de madrigais a cinco voces.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Utensilio de madeira ou pedra empregado para recoller a auga da barrela.
-
Canle ou tubo de madeira ou doutro material polo que se botan ao mar as augas que, por medio da bomba de achicar, soben á cuberta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se asentou en Padrón. As súas armas levan, en campo de azul, unha dala.
-
REXIÓNS
Rexión de Guinea (5.750 km2; 132.802 h [1983]). A capital é Dalaba (12.500 h [1965]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado radical-socialista (1919-1940 e 1946-1958), foi ministro das Colonias (1924), Obras Públicas (1930-1931) e Guerra (1932). Presidiu en tres ocasións o consello de ministros (1933, 1934 e 1938-1940). En 1939 declaroulle a guerra ao III Reich. Ocupou o ministerio da Guerra en marzo de 1940 e o de Asuntos Exteriores en maio de 1940; foi detido polo goberno colaboracionista de Vichy en xuño de 1940 e permaneceu deportado en Alemaña entre 1943 e 1945. Foi presidente do Partido Radical entre 1957 e 1958.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título do líder espiritual do lamaísmo (relixión baseada no budismo Mahayana) e gobernante do Tibet, ata que este territorio perdeu a súa independencia. Considérase como unha reencarnación do bodhisattva Avalokitesvara (Buda). Sonam Gyatso, gran lama do mosteiro Drepung e líder da seita Dge-lugs-pa (‘Casquetes Amarelos’), foi o primeiro que levou o título de Dalai Lama (dalai ‘océano [de ciencia]’ e lama ‘mestre’, ‘monxe’, ‘honorable’), que recibiu en 1578 do príncipe mongol Altan Kan e que se aplicou dun xeito retroactivo aos anteriores líderes da secta. En 1642, outro xefe mongol, Gushri Kan, designou o quinto Dalai Lama (1617-1682) como gobernador temporal e espiritual do Tibet e edificou o palacio de Potala, en Lasa, que pasou a ser a sede dos Dalai Lama. A autoridade espiritual era compartida co panchen-lama (abreviatura de pandita-chen-po bla-ma, ‘grande sabio’), superior de Tashilhunpo, polo que xurdiron frecuentes rivalidades de tipo...
-
LAGOS
Lago de Manchuria, ao NO da Mongolia Interior, China. A súa superficie é de 202 km2.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica lama e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Gonçaluo Fernandes da Lama” (doc ano 1396, Clarinda de Azevedo Maia História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 166), “Pedro da Lama” (doc ano 1471 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 333). Adoita grafarse Da Lama. A voz lama -apelativo ou topónimo- é de orixe prerromana, aínda que non se sabe con certeza de ónde procede. Pola súa extensión xeográfica semella porvir do substrato prerromano ambro-ilirio-lígur. Na toponimia peninsular atópase frecuentemente ao noroeste...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia, que se estende do NO ao SL, desde a fronteira con Noruega ata o río Österdal (28.193 km2; 282.898 h [estim 1999]). A capital é Falun. A base da súa economía é a explotación forestal, a metalurxia e a industria téxtil.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Entrou ao servizo do conde de Artois, en Versailles, onde estreou óperas cómicas (Nina, 1786). Autor de numerosos cuartetos de corda, da súa produción destacan Camille (1791) e Sargines (1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador, primeiro barón de Acton. Foi deputado de tendencia católica-liberal e conselleiro de Gladstone. Profesor na Cambridge University desde 1895, dirixiu a English storical review e iniciou a colección Cambridge Modern History, unha historia xeral da Idade Moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primado de Alemaña (1806), barón de Dalberg. Arcebispo-elector de Maguncia, trasladouse en 1803 a Ratisbona. Foi nomeado primado de Alemaña, arquichanceler da Confederación do Rin, presidente da Dieta e gran duque de Frankfurt. De ideas ilustradas, realizou importantes reformas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Morelli, cultivou a paisaxe e a pintura de carácter folclorista na que recolleu imaxes tradicionais napolitanas. Entre as súas obras destaca Da Frisio a Santa Lucia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta búlgaro. Preocupado por problemas metafísicos, despois da instauración do réxime comunista (1944) foi marxinado pola crítica oficial ata os anos sesenta. Publicou os seus primeiros poemas nos anos vinte e destacan as súas obras Prozorec (1926) e Stichotvorenija (Poesías, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO