"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. de atestar.

    2. Conxunto de dilixencias (declaracións, investigacións, informes, etc) ao redor dun presunto delito, practicadas pola policía xudicial, ben porque non tiveran coñecemento por si mesmas, ben a consecuencia dunha denuncia, e que son comunicadas ao ministerio fiscal ou á autoridade xudicial. Ten efectos informativos, non probatorios, dos feitos investigados, se as actuacións practicadas non son ratificadas en presenza do xuíz ou tribunal.

    3. Documento no que se fai constar a veracidade dun asunto.

    4. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bens, capital, riqueza’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘capitalista, rico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encher por completo algún recipiente.

    2. Encher un obxecto ou lugar cunha cantidade excesiva de cousas ou persoas.

    3. Reencher un bocoi de viño para que non se avinagre o que xa hai ou para compensar a mingua que se produce durante a fermentación.

    4. Encherse algunha cousa incluso excesivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Afirmar a autenticidade dalgunha cousa.

    2. Dar testemuño dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Quiroga. baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañeira de santa Úrsula, non morreu -como esta e as once mil virxes- martirizada polos hunos na masacre de Colonia de 385 xa que, á volta da peregrinaxe a Roma, enfermou na capital alsaciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao vestíbulo da orella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resultado da desviación cara a un mesmo dos impulsos agresivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta autoesterilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade dun ser vivo para autofecundarse, malia posuír os dous sexos simultaneamente, ben porque a madureza dos gametos non coincide no tempo, ben por incompatibilidades de índole xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade humana de autovaloración, esencial para a sobrevivencia psicolóxica. Sen un certo nivel de autovaloración positiva, a persoa presenta signos de desánimo que poden ser un primeiro síntoma de depresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estrada de catro ou máis vías con sentidos de circulación separados por unha mediana central, con control total de acceso e proxectada para poder circular a velocidades elevadas. Os cruzamentos con outras vías de comunicación fanse con pasos a distintos niveis, e ás veces co emprego de viadutos para sortear zonas urbanas, depresións importantes, etc. Ao proxectar unha autoestrada téñense en conta, entre outros factores, a intensidade do tránsito, as velocidades previstas desexadas, as características dos vehículos, as do terreo e especialmente as posibles variacións destes factores no futuro. O radio das curvas en planta, os peraltes e a distancia de visibilidade dependen da velocidade específica do proxecto, que se adoita considerar de 120 km/h en terreo chan, de 100 km/h noutros tipos de terreo, e de 80 km/h en zonas urbanas. Nas autoestradas de campo aberto e de terreos chans acostúmanse a limitar as pendentes ao 3%, e a adoptar curvas verticais dunha lonxitude mínima de 150 m e radios...

    2. Concepto ideado polo vicepresidente dos EE UU Albert Gore para referirse ás redes de comunicación de gran capacidade para a transmisión de datos. Popularmente chámaselle autoestrada da información á Internet, posto que a través dela é posible mandar e recibir todo tipo de datos. A diferenza estaría en que a súa capacidade tecnolóxica é moi limitada en numerosos aspectos; e por esa razón en 1999 se inaugurou a rede Abilene, primeira das que integrarán Internet 2. Aínda que esta nova rede non será accesible para os usuarios finais, senón para universidades, investigadores e empresas implicadas no seu desenvolvemento, servirá para probar novas tecnoloxías IP (Internet Protocol), aplicacións de seguridade para o comercio electrónico e a telemedicina, transmisión de vídeo en tempo real e outros servicios. Incluirá asemade unha nova versión do IP coa que se superará a falta de identificativos numéricos no sistema de dominios vixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de suxestión na que o suxeito utiliza para si mesmo unha idea ou un sentimento creado e cultivado pola propia psique, independientemente de toda influencia extraña. Se é voluntaria, pódese empregar como método terapéutico (método Coué); patoloxicamente, atopámola en individuos hiperemotivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suxestionarse a si mesmo, convencéndose, sen motivacións externas reais, de que se ten certo estado, calidade, enfermidade, personalidade, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enquisa realizada por unha persoa a si mesma mediante unha serie de preguntas valoradas por puntos ás que debe responder con si ou con non.

    2. autocomprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de organización das actividades sociais (produtivas, comerciais, administrativas, etc) que se desenvolven mediante a cooperación e o compromiso na toma de decisións por aqueles que participan no proceso. As consecuencias deste sistema son: eliminación da distinción entre quen toma as decisións e quen as executa, e obtención da autonomía de decisións de toda a unidade produtiva. Como sistema económico fai referencia a un modelo determinado de organización do proceso de xestión no interior das empresas, que require os seguintes principios: superación da alienación obreira con respecto ao produto realizado; control directo sobre a plusvalía do produto; eliminación da propiedade capitalista e plena autonomía de xestión dos distintos colectivos de traballo. Como sistema social oponse ao modelo centralista e planificado das decisións, e modifica as relacións sociais e persoais debido á apropiación do poder de decisión contra calquera autoridade. Como sistema político difire do autogoberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito mediante a autoxestión.

    2. Que actúa empregando a autoxestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de libros sagrados do Zoroastrismo que constitúen as escrituras e o ritual dos parsis. A obra orixinal debeu ser destruída en tempos de Alexandre o Grande. Coa base dos fragmentos salvados e doutros reconstruídos de memoria, os sacerdotes do ss III e IV recompuxeron un canon de 21 libros, conservados en parte. O Avesta actualmente coñecido divídese en cinco partes: Yasna (sacrificios), libro litúrxico, cunha parte importante que está constituída polos Gáthá (sermóns en verso), probablemente obra de Zaratustra; Visprat, invocacións litúrxicas, recitadas nas festas; Yasht, cantos de loanza na honra da divindade; Vendidad, serie de prescricións para manter a pureza ritual; e Khorda Avesta, breve extracto do Avesta, empregado amodo de libro de pregarias polos fieis. O libro estaba escrito en avéstico (antigo iraniano), lingua que deixou de ser viva desde o s IV a C. Os textos comezaron a ser traducidos e comentados en pahlavi...

    VER O DETALLE DO TERMO