"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, na illa de Sicilia, Italia (55.072 h [1996]). Centro comercial e industrial (cemento, mobles, fármacos). Fundada durante a primeira etapa da colonización grega en Occidente, contra o 580 a C, conserva templos dóricos como o de Zeus e de Heracles, o da Concordia e o dos Dioscuros. Roma conquistouna no 262 a C e posteriormente foi dominada por árabes (829) e normandos (1086).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da illa de Sicilia, Italia (3.042 km2; 473.229 h [1991]). A capital é Agrigento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pór grillóns a un preso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio medir as terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da topografía que trata da determinación das superficies agrarias e das particións dos terreos. A actual técnica da agrimensura consiste en dividir o terreo en parcelas de área facilmente medible, cousa que se fai mediante triangulacións ou poligonacións. A medida das áreas faise por trigonometría e por planimetría. Actualmente, a aplicación da aerofotografía e dos sistemas de captura de datos vía satélite (GPS e SIX) representan unha gran vantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba perenne, de 30 a 100 cm de altura, de follas pinnatisectas, con foliolos grandes, ovalados e serrados, e con foliolos pequenos intercalados, estípulas amplexicaules, de flores marelas, reunidas en acios longos, e de froitos aqueniformes cunha coroa de pequenas espiñas reviradas. Presente en bosques, sebes, camiños e prados de case toda Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor que se lles forma ás cabalerías na articulación situada na parte media da pata posterior.

    2. agrón.

    3. brizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danzas rituais en honor de Dióniso que ían acompañadas de cantos ditirámbicos interpretados por bacantes. A antiga traxedia grega bebe do seu dramatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político romano. Dirixiu a campaña contra Sexto Pompeio (segundo fillo de Pompeio o Grande) a quen derrotou en Sicilia (37-36 a C), unha expedición contra os ilirios (35-33 a C) e tomou parte na Batalla de Actium (31 a C). Defendeu a Galia (20-19 a C) das ameazas a que estaba a ser sometida polos xermanos e puxo fin ás guerras cántabras (19 a C). Agripa foi senador, tivo a potestade imperial concedida por Augusto (21 a C) e tribuno (18 a C); así mesmo, a súa influencia sobre Augusto, de quen era o principal conselleiro, estableceu un verdadeiro sistema de correxencia. Tanto Agripa coma os seus fillos Gaio e Lucio, adoptados por Augusto, morreron antes ca o Emperador. Os seus estudios xeográficos están contidos nos posteriores de Estrabón, Mela e Plinio; elaborou un inacabado mapa do mundo que mandou expor Augusto (12 a C) no pórtico de Agripa; ordenou a construción da primeira rede viaria da Galia, con centro en Lión; erixiu catro pórticos, as termas de Roma que levan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coller a gripe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa. Nun principio, era un nome común que designaba os nenos que nacían en posición podálica, é dicir, botando primeiro os pés. A festa de santa Agripina, mártir en Roma baixo o Emperador Valeriano, celébrase o 23 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Vella (? 14 a C - Pandaria 33 d C) Filla de Marco Vipsanio Agripa e de Xulia; muller de Xermánico e nai de Calígula e de Agripina a Nova. En tempos de Tiberio foi exiliada á illa Pandataria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Nova (? 16 - 59 d C) Filla de Xermánico e Agripina a Vella. No ano 49 casou en terceiras nupcias co Emperador Claudio, a quen obrigou a adoptar o seu fillo Nerón, facendo que o nomease sucesor en detrimento do propio fillo de Claudio, Británico. Claudio morreu envelenado por Agripina, axudada por Locusta, que mantivo o poder durante a primeira parte do Imperio de Nerón, quen a fixo asasinar cando considerou que o poder da súa nai era excesivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heinrich Cornelius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor gris ou similar ao gris, cinsento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tornar de cor gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión de terreo cultivable, pequeno e da propiedade dunha soa persoa.

    2. Conxunto de actividades que teñen relación coa agricultura.

    3. agrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Barredo, concello de Castroverde (630 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Pedreda, no concello de Lugo (513 m de altitude).

    VER O DETALLE DO TERMO