"Galle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 217.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Madrid a partir do 1 de outubro de 1954. Subtitulouse “Revista de Galicia para España y América”. Dirixida por Emilio Canda, contou coa colaboración de destacados intelectuais galeguistas, como R. Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro e Filgueira Valverde. No seu primeiro número reproducíronse os Seis poemas galegos, de Federico G. Lorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada editada en Madrid a partir do 10 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 28 de decembro de 1881. Fundada e editada por Alexandre Chao Fernández, contaba na dirección editorial con Manuel Murguía e na dirección artística con Xosé Cuevas. Os seus contidos trataban temas de interese para Galicia e Asturias, ademais dun apartado cultural no que predominaban as composicións poéticas en bable e galego. Cómpre salientar a publicación da primeira novela en galego, Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, e a presenza de numerosos artistas colaboradores, como Ricardo Acebal, Isidoro Brocos, Dionisio Fierros e Federico Guisande, que reproduciron as obras pitóricas e escultóricas máis destacadas da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Vigo a partir de xuño de 1986. Dirixida por Víctor Martínez de las Heras, incluía crónicas e noticias referidas á actualidade de Vigo e de Galicia, ademais de información sobre saúde, política, economía, espectáculos, deportes e cultura. Inseriu tamén numerosas entrevistas a persoeiros políticos, economistas, deportistas e intelectuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo cultural do Centro Gallego de Bos Aires. Conta cunha biblioteca de máis de 20.000 volumes e un coro polifónico. Organiza conferencias, cursos gratuítos de lingua galega, historia, arte e xeografía de Galicia e edita libros e discos de temática galega, ademais de manter o programa radiofónico Galicia en América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comisión nacida en Bos Aires en 1942 coa finalidade de coordinar as sociedades e asociacións galegas. Funcionou ata 1970 e organizou diversos actos políticos, como a celebración do 18 aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936.
-
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (1.693 km2; 779.774 h [2001]). A súa capital é Kegalle (15.015 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista decenal ilustrada, editada en La Habana a partir de xaneiro de 1914. Cesou a súa edición ao redor de febreiro de 1917. A súa tendencia era anticaciquil, polo que estivo próxima a Acción Gallega. Dirixida por Juan V. Martínez, exerceu como voceira das sociedades galegas de instrución en América. Ademais, incluíu temas culturais e pedagóxicos, abundantes poesías e narracións, relatos de viaxes e notas de carácter histórico.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Pontevedra a partir do 10 de xaneiro de 1895. Cesou a súa edición no mesmo ano. Subtitulouse “Diario tradicionalista de Pontevedra. Órgano del Partido Carlista de la Provincia” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Eiras García. En 1947 apareceu outra publicación co mesmo título de periodicidade bimestral, que manifestaba a mesma liña ideolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en Ourense a partir do 1 de xaneiro de 1900 e que cesou en 1901. Subtitulouse “Revista semanal de enseñanza” e estivo dirixida polo inspector de ensino primario Xerardo Álvarez Limeses. Substituíu o Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza como revista profesional de maxisterio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que se editou en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1882 e que cesou en 1913. Subtitulouse “Revista de Instrución Primaria. Portavoz de la Asociación de Socorros de los Maestros del Distrito Universitario de Santiago”. Estivo dirixida por Augusto Milón e, posteriormente (1904), por Celestino Buján Suárez. En 1912 pasou a titularse Revista de Instrución Pública.
-
GALICIA
Actor e director teatral. Traballou no grupo O Facho e, en 1983, fundou Danthea Teatro, compañía en que dirixiu as súas producións A máis forte (1985), Sobre o tabaco (1985) e Peluquillas Mangariñas II (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen taxa o que dá ou gasta.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Madrid a partir do 1 de agosto de 1936 e que cesou ao ano seguinte (nº9). Subtitulouse “Órgano del Cuarto Batallón de la Primera Brigada Mixta de Líster” e editouse para aglutinar politicamente o Batallón de Milicias Gallegas. O promotor e principal executor foi Santiago Álvarez. De contido bélico e político, incluíu prosa e poesía de colaboradores como Ramón Cabanillas e Rafael Dieste. Foi un dos tres xornais galegos publicados na zona republicana durante a Guerra Civil Española, xunto con Nova Galicia e Nueva Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir de outubro de 1951 e que cesou ao ano seguinte. Subtitulouse “Revista de Galicia en América”, os seus fundadores foron Teodoro Campos, Xosé Conde Fernández e Eliseo Alonso, e dirixiuna este último. Saíron só catro números, cunha periodicidade irregular. Coas homenaxes a Rosalía de Castro, Castelao, Curros Enríquez e Valle-Inclán cumpriu o seu obxectivo de promocionar a cultura galega. Incluíu seccións de deportes, cine, teatro ou reportaxes e un apartado literario onde integrou poesías e o humor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1952, baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Madrid”, institución da que foi voceira. Sen periodicidade fixa, estivo dirixida por Manuel Fraga de Lis, que a orientou cara a unha postura oficialista, e ofreceu unha proxección cultural de Galicia sen ofrecer moita información sobre os problemas dos emigrantes galegos en Madrid. Incluíu poemas, contos, biografías de literatos galegos e artigos da historia e das tradicións de Galicia. En 1959 tivo a segunda época, a partir de 1968 comezou unha terceira, marcada por un cambio de deseño e unha redución do seu apartado literario, ata que en 1996 iniciou a súa cuarta época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Bos Aires a partir do 21 de agosto de 1980. Substituíu a Lugo, a publicación editada polo Centro Lucense de Bos Aires que desaparecera en maio dese ano. Foi o xornal oficial do Centro Galicia de Bos Aires e distribuíuse de balde. De periodicidade irregular, estivo dirixido por Óscar Gañete Blasco, Gabriel López Penelo e Manuel Caramelo Gómez. Roberto Luis Moskowich foi o seu correspondente en Galicia. De escasa calidade literaria, cabe destacar os artigos de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell ou Álvaro Cunqueiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de museos e galerías do Vaticano iniciados no s XVIII. Benedito XIV creou o Museo Sacro (1756) e Clemente XIII o Museo Profano (1767), ambos foron instalados suntuosamente na galería da Biblioteca Apostólica Vaticana. Clemente XIV (1770-1774) transformou en museo o palacio do Belvedere de Inocencio VII, e instalou as coleccións de escultura antiga iniciadas por Xulio II (1503-1513), formando así o Museo Pio-Clementino. Pío VI ampliouno e Pío VII (1800-1823) engadiulle a galería setentrional, sé do denominado Museo Chiramonti e Braccio Nuovo. Gregorio XVI fundou o Museo Gregoriano Etrusco (1837) e o Museo Gregoriano Egizio (1839). Pío XI fixo unha nova entrada aos museos e o edificio da Pinacoteca Vaticana (1932). Paulo VI (1970-1973) engadiulle a Collezione d’Arte Religiosa Moderna e abriu ao público o Museo Gregoriano Profano (creado en 1843 por Gregorio XVI), o Museo Pio Cristiano (creado en 1854 por Pío IX) e o Museo Missionario Etnologico (fundado por Pío XI en 1926). Dentro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social fundada en 1958. É unha asociación de empresarios, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que colabora na xestión da Seguridade Social e que centra a súa actividade na cobertura dos riscos derivados dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Asume tamén a prestación económica de incapacidade temporal por enfermidade común e accidente non laboral e os servizos de prevención para as empresas aseguradas. Concibe o accidente laboral como un todo único e o seu estudo e tratamento inclúe os niveis preventivo, asistencial e de rehabilitación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte situado en Londres. A súa orixe remóntase á adquisición por parte do goberno inglés (1823), da colección do xudeu ruso J. J. Angerstein. Foi instalada desde 1838 no edificio de W. Wilkins en Trafalgar Square e considérase un dos museos máis ricos en pintura occidental desde o prerrenacemento italiano ata o postimpresionismo francés.