"Gil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 160.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.
-
FILOSOFOS
Filósofo inglés. Da súas obras destacan Philosophical Arguments (1945), The Concept of Mind (1949), Dilemmas (1954), A Rational Animal (1962), Plato’s Progress (1966) e Collected Papers (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade do departamento de Gard, na rexión de Languedoc-Rosellón, Francia, (14.849 h [1999]) situada á beira da vía Tolosana do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Destaca a igrea románica de Saint-Gilles-du-Gard, da segunda metade do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Clemente VIII.
-
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Adscrito ao historicismo gótico, das súas obras destacan a Martyrs’ Chapel en Oxford (1841), a casa do concello, o palacio do senado e a estación de Hamburgo, o cárcere de Reading (1842) e o monumento ao príncipe Alberte en Hyde Park (Londres).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Irwin Shaw, dedicouse ao teatro, con pezas como Bury the Dead (1936), The Gentle People (1939) ou The Assassin (1945) e posteriormente á novela, como Rich Man, Poor Man (1970), convertida en serie televisiva, e Beggarman, Thief (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas fósiles, da familia das sixilariáceas, que se caracteriza polas súas cicatrices foliáceas e por presentar follas longas e flores estrobiliformes. Viviron durante o Carbonífero e o Pérmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aso de cerámica característico da época romana, desde finais do s I a C ata o s V. Feitos en molde, están decorados exteriormente con figuras en relevo, cunha textura externa moi fina conseguida cun tipo de verniz, de tons marrón-vermellos e que levan impresa a marca (sigillum) do ceramista. A súa decoración externa, feita tamén en molde ou aplicada con tampón, é de orixe oriental. OBS: Tamén se denomina terra sigillata.
-
PERSOEIRO
Escultor. Activo en Burgos entre 1486 e 1505?, a súa obra é dunha gran forza expresiva e dunha gran densidade decorativa. Realizou na Cartuja de Miraflores os sepulcros de Xoán II de Castela e a súa muller Isabel de Portugal (1848-1493), a tumba do infante Afonso (1490?) e o retablo do altar maior (1496-1499). Fixo os retablos da Árbore de Xesé (1486-1488) e de Santa Ana (1500?) para a catedral de Burgos. Esculpiu tamén o sepulcro de Juan de Padilla (1500-1505).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudou con B. West en Londres, onde recibiu a influencia de J. R. Reynolds e T. Gainsborough. Destacan os seus retratos de Washington, Reynolds e Matilde Stoughton.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Vallellano. Alcalde de Madrid (1924-1927), redactou o manifesto de Afonso XIII do 23 de xaneiro de 1932. Vicepresidente de Renovación Española (1933), foi deputado entre 1933 e 1935 e en 1936. Conselleiro permanente do Consello de Estado desde 1941, en 1958 accedeu á súa presidencia. Foi ministro de Obras Públicas (1951-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra encádrase dentro do postexpresionismo, influída polas últimas tendencias de Henri Matisse. Caracterízase polo uso dunha gama de cores planas, das que destacan os verdes, amarelos e carmíns, cun debuxo mínimo e onde a cor é a protagonista. Participou, entre outras exposicións, na Mostra Unión Fenosa e en 1991 obtivo o primeiro premio no concurso Carlos Maside do concello de Pontecesures.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, que limita ao SL co río Guadalquivir (7.464 h [2001]). Destacan as actividades agropecuarias e a industria alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘viño’.
-
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo a mediados do s XIII, identifícase coa familia nobre dos Soverosa, de orixe galega, afín ao Rei Sancho II de Portugal, e que tiveron certo protagonismo na corte do monarca portugués, especialmente na guerra civil de 1245-1247. Capturado polas tropas de Afonso III o Boloñés, foi liberado ao pouco tempo e marchou para Castela, onde participou na conquista de Sevilla (1248). A súa obra está constituída por 13 cantigas de amor, dúas de amigo e dúas tenzóns, con Pero Martinz e Afonso X. Nas composicións de amor destaca unha en que responsabiliza a Deus polo sufrimento do amado, “Que sen-mesura Deus é contra mi!”, e outra que salienta pola forza das súas queixas e o emprego de formas paralelísticas, “Ay mia senhor! quero-vus preguntar”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, debuxante e escritor. Xefe de prensa e de protocolo do Concello de Vigo, cronista oficial da cidade olívica e director do Museo Municipal Quiñones de León e do Arquivo Municipal. Colaborador de El Pueblo Gallego, neste xornal asinou artigos e viñetas protagonizadas por Gorecho, co pseudónimo de Lalo. Publicou os libros de poemas O noso pai (1982) e Vigo, personaxes e paisaxes (1998); un de efemérides, Vigo camp (1985), e outros relacionados con temas históricos, como Los tesoros de la Ría de Vigo (1985), Retrincos da historia de Vigo (1987) e As rúas de Vigo (1989), ademais da novela A da alba sería (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor dramático portugués. Fundador do teatro portugués, inspirouse na tradición popular, nos mimos e nos ciclos teatrais da Paixón e Nadal (Autos de Reis), e creou tipos e personaxes con trazos da vida cotiá. Das súas 44 obras, 11 delas escribiunas en castelán, 15 en portugués e 18 en ambas as dúas linguas. No Auto da barca do inferno (1516), Auto da barca do purgatorio (1518) e Auto da barca da gloria (1519), inspiradas na Divina Commedia de Dante, sintetizou elementos medievais e renacentistas. Algunhas farsas, como Inês Pereira, O Velho da Horta e Auto da Índia presentan unha auténtica intriga. Os autos pastorais, como Auto pastoril português e Auto pastoril da Serra da Estrela, son máis propios da tradición popular. Na súa obra tamén escenifica episodios de novelas cabaleirescas, como en Comédia Rubena, Don Duardos e Amadís. Outras obras, como a Comédia do Viúvo e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. En 1924 fundou o grupo K, e mantivo contactos co grupo De Stijl de Leiden. Membro de Cercle et Carrée (1930), participou na fundación do grupo Abstraction-Création, en París (1932). Adaptou o neoplasticismo ao seu propio estilo e pintou con diagonais e triángulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de transcrición do chinés ideado por Francis Thomas Wade (1818-1895) e modificado posteriormente por Herbert Allan Giles (1845-1935). Foi moi difundido en Occidente a través dos británicos, pero retrocedeu debido ao sistema pinyin, oficial en China.
-
PERSOEIRO
Valí (gobernador) muladita de Mérida. Protagonista de numerosas revoltas fronte ao Emir Mu ḥ ammad I, refuxiouse na corte de Afonso III. Volveu ao Al-Andalus no 884.
VER O DETALLE DO TERMO