"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
PERSOEIRO
Militar carlista. Participou na Guerra da Independencia contra os franceses, e chegou ao grao de coronel. En 1833 organizou as partidas carlistas do Baixo Aragón. Actuou a miúdo en combinación con Ramón Cabrera. Ascendido a xeneral, foi nomeado comandante do Baixo Aragón e do Maestrazgo. En 1835 marchou a Navarra para entrevistarse co pretendente Carlos V, pero foi capturado e fusilado polos liberais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Establecemento onde se vende carne despezada para o consumo.
-
Mortaldade de xente causada por unha guerra ou calquera outro feito violento.
-
Destrozo ou lesión na carne ou na pel, xeralmente con profusión de sangue.
-
-
GALICIA
Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás carofíceas.
-
Alga da clase das carofíceas.
-
Clase de algas da división das clorófitas que abrangue algas de organización complexa. Comprende unhas 300 especies propias de augas doces e salobres, englobadas nas ordes das klebsormidiais, das coleocatais, das zignematais e das carais.
-
-
GALICIA
Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de carrizas ou carrizos.
-
PRAIAS
Praia do litoral da parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo, situada ao L da praia das Catedrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vicente Pérez de Eguía Casanova.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Inicialmente interesouse polo futurismo e, posteriormente, estivo influído por Cézanne (Retrato da irmá). Autor dunha obra moi persoal, arredor de 1930 derivou cara á arte abstracta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Vicente López, recibiu os favores do Rei Carlos IV e exerceu a docencia na Acadèmia de San Carles. É autor de pinturas murais e de flores, de naturezas mortas, de retratos e de pinturas históricas. Da súa pradución destaca o retrato O escultor Josep Cloostermans.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras e en Xornalismo, colaborou en periódicos e revistas como La Noche, Informaciones, Blanco y Negro, La Vanguardia, Ínsula, Revista de Occidente, Grial ou Galicia Emigrante. Da súa produción destacan as obras Los que se fueron (1957), Víspera del odio (Premio Elisenda de Montcada, 1958), El jardín de las siete puertas (Premio Doncel, 1961), Galicia: Rías Bajas (1965), El zopilote presumido (1964) e Los días de Lina (1971). Foi membro da Assotiation Internationale des Critiques Litteraires.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Université de Lyon (1931), foi profesor de economía política e facenda pública na mesma Universidade (1935) e de lingua e literatura españolas na Universidade de Palermo. En 1940 exerceu como asesor da Dirección General de Relaciones Culturales do ministerio de Asuntos Exteriores. Ademais de levar a cabo un destacado e prolífico labor como conferenciante por América e Europa, colaborou en varios xornais e revistas, exerceu varios cargos dentro do eido xornalístico e dirixiu El Pueblo Gallego. Home polifacético, cultivou case todos os xéneros literarios (prosa, teatro, ensaio e poesía) e a maior parte da súa obra, escrita tanto en galego como en castelán, susténtase na realidade galega e ten como temática a Galicia (arte, historia, xeografía, natureza, folclore, lendas, oficios, supersticións, gastronomía, tradicións, costumes, festas e romarías). O seu estilo caracterízase...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Garibaldino e, posteriormente, de tendencias socialistas, colaborou na prensa da época. Escribiu poesía e teatro de carácter neorromántico. Da súa produción destacan as obras Battaglie (Batallas, 1871) e I pezzenti (Os mendigos, 1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja (2.102 h [1996]). Está situado sobre terrazas que se forman no río Ebro. A súa economía baséase na agricultura, especialmente na viña. A industria xira ao redor das adegas de viño, que posúen a Denominación de Orixe La Rioja. Destaca a igrexa parroquial de San Martín do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás centrofíceas.
-
Alga da subclase das centrofíceas.
-
Subclase de algas da clase das diatomeas, cos frústulos de simetría radiada, normalmente circulares ou triangulares, sen rafe. As células están sempre inmóbiles en fase vexetativa e conteñen numerosos plastos circulares e pingas de lípidos. Teñen reprodución sexual oógama, cos gametos masculinos flaxelados. Tamén se multiplican por auxosporulación. A maioría das especies son mariñas e constitúen unha parte fundamental do fitoplancto.
-
-
CAPITAIS
Capital do kraj de Bohemia Meridional, Bohemia, na República Checa, situada á beira do río Vltava (99.708 h [1996]). A base da economía é a industria. Ademais é unha importante rexión agropecuaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boiro. Construíuse en estilo románico a finais do s XII pero reedificouse en 1691, segundo unha inscrición que percorre as arquivoltas e o tímpano da porta principal. A capela é de forma rectangular, cuberta cunha bóveda de canón que descansa sobre dous arcos de medio punto. Os capiteis son de tipo vexetal, algúns inspirados en modelos derivados das obras da catedral de Santiago de Compostela e outros con factura menos elaborada. No beiril do tellado consérvanse varios canzorros decorados, algúns con figuras humanas, como o que representa a un personaxe que sostén un barril sobre as súas pernas. A porta occidental, de orixe románica, presenta catro pares de columnas. O tímpano está decorado cunha aspa encerrada nun círculo que semella unha corda e ao seu carón sitúanse dúas pequenas flores. En 1894 construíuse a torre, formada polo corpo das campás e rematada nunha lanterna poligonal. No interior consérvase un baldaquino do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anaco de monte que, despois de incendiarse, aínda conserva en pé os talos chamuscados ou medio carbonizados das plantas.
-
GALICIA
Médico e farmacéutico. Discípulo de X. Casares Gil, licenciouse na Universidade de Santiago e doutorouse na Universidad de Madrid en 1926. En 1930 obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente dirixiu, na mesma universidade, o departamento de Análise Química Aplicada e Bromatoloxía-Toxicoloxía. Tamén ocupou os cargos de secretario, vicedecano e decano da facultade de Farmacia. Centrou o seu labor investigador no estudo da composición e do estado dos alimentos, así como dos hábitos alimentarios en Galicia. Entre as súas publicacións, destacan Síntesis de medicamentos orgánicos (1914), Contribución al estudo físico-químico de las aguas minero-medicinales de Galicia (1933) e Análisis de alimentos españoles. Composición química de moluscos y crustáceos gallegos (1941)
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director teatral francés. Comezou a súa actividade profesional logo de gañar un concurso para directores novos co espectáculo Les soldats (Os soldados, 1967). Despois dunha breve estancia no Picolo Teatro de Milán, uniuse á dirección do TNP de Villeurbanne, onde realizou un considerable número de espectáculos, algúns a partir de textos de autores como Henrik Ibsen, Richard Wagner ou Pierre Marivaux. Estes traballos destacan pola brillantez da posta en escena, polo traballo do elenco e pola novidosa lectura de textos doutras épocas. En 1982 foi nomeado director do Teatro dos Amandiers de Nanterre e colaborou co dramaturgo novo Bernard-Marie Koltès, na realización dos espectáculos Combate de negro e can (1983), Quai Ouest (Peirao oeste, 1986), Na soidade dos campos de algodón (1987) e Le Retour au désert (Retorno ao deserto, 1988). Posteriormente, realizou traballos a partir de obras de Jean Genet (Les Paravents, 1987), Čekhov (Platonov, 1987) ou Shakespeare (Hamlet, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO