"ISS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 194.

  • Empresa automobilística xaponesa, que se creou en 1933. O seu domicilio social está en Yokohama e as súas oficinas centrais en Toquio. Os seus vehículos levaron a marca Datsun ata 1981 e nos últimos anos aumentou a súa presenza internacional, especialmente en América e Europa. En 1999 Renault e Nissan asinaron un acordo estratéxico que lle permitiu á marca nipona superar unha crise financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo laico ortodoxo. Foi observador do Consello Ecuménico das Igrexas no Concilio Vaticano II (1963-1964). Foi director adxunto (1958-1966) e director (1966-1974) do Instituto Ecuménico de Bossey, e moderou a Comisión Fe e Constitución do Consello Ecuménico. Escribiu numerosas obras sobre relixión e teoloxía ortodoxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cromatina descrita nas neuronas que se atopa no citoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual en revistas de crítica literaria como Nouvelles littéraires (1960-1970) ou Point (1972), é autor das novelas L’eau grise (1951), Un petit bourgeois (1964), L’empire des nuages (1981) e Prince des Berlingots (2003), e dos ensaios Lorca (1995) e Le musée de L’homme (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronteira entre Alemaña e Polonia determinada polas potencias aliadas ao final da Segunda Guerra Mundial, pola que se transferiu a Polonia unha extensa sección de territorio alemán. Rematada a guerra, o exército soviético ocupou todas as terras situadas ao L da liña do Oder-Neisse e a súa administración foi transferida ás autoridades do goberno provisional de Polonia. Este asunto converteuse nun dos temas principais da Guerra Fría en Europa, e non foi resolto ata que en 1970 a República Federal Alemá recoñeceu a liña do Oder-Neisse como a lexítima e inviolable fronteira con Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India, situado ao NL diante do golfo de Bengala (155.707 km2; 36.706.920 h [2001]). A súa capital é Bhubaneswar. Morfoloxicamente inclúe unha parte dos Ghates Orientais, a conca media e baixa do Mahānadī e a chaira aluvial costeira. A maioría da poboación dedícase á agricultura, con cultivos de arroz, cana de azucre, millo e oleaxinosas. A industria, en expansión, inclúe siderurxia, aluminio, cemento, química, fertilizantes, téxtiles, vidro, papel e mecánica. Correspóndese cunha parte do antigo Reino de Kalinga. Conquistado por Aśoka a mediados s III a C, foi un dos redutos do budismo. Gobernado sucesivamente por diversas dinastías, tivo unha época de esplendor coa dinastía Ganga (ss XII-XIII) e mantívose como bastión da cultura hindú. Perdeu a independencia a mans dos afgáns, dos mongois (s XVI) e posteriormente dos marathas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución científica fundada en 1847 en Viena polo emperador Fernando I, que xa fora proxectada en 1676 por Leibniz. Ten 113 membros e consta de dúas seccións, unha de ciencias matemáticas e naturais e outra de historia e filosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado con E. Morera, vinculouse aos intelectuais da Renaixença e foi un dos introdutores en España da música de R. Wagner e C. Debussy. Interesado polas innovacións internacionais, en 1937 marchou a Arxentina, onde realizou un destacado labor pedagóxico. Das súas obras destacan, ademais de diversos concertos sinfónicos e música de cámara, as óperas Gala Placidia (1903), Marianela (1921) e La princesa Margarida (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sabio, ceramista e vidreiro francés. Realizou as vidreiras do castelo de Écouen (1544), e na corte interesouse pola cerámica esmaltada. Fixo covas rústicas de cerámica para o castelo de Ecouen e para as Tuilleries, cerámicas ornamentadas con baixorrelevos, arabescos e decoracións que imitan a escultura. Publicou Discours admirable de l’art de terre... (1580) e os Discours admirables de la nature des eaux et fontaines...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación, nunha partitura musical, que indica que ese fragmento marcado debe ser interpretado cunha sonoridade moi suave. OBS: Adóitase indicar pp ou ppp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Nos seus inicios recibiu influencias de Camille Corot, Jean-François Millet e Gustave Courbet (La Còte du Jallais à Pontoise, 1867), pero desde 1876 achegouse ao grupo dos impresionistas (La Route de St Germain à Louvenciennes, 1870). Durante a Guerra Franco-prusiana (1870-1871), refuxiouse con Monet en Londres, onde se interesou polas paisaxes de Joseph Turner. A partir de 1874 participou en todas as exposicións do grupo impresionista e cultivou a representación da paisaxe natural e da vida campestre (Les Toits Rouges, 1877), aínda que tamén pintou escenas de rúa parisienses, como Boulevard Montmartre, Printemps (1897). Practicou o puntillismo (Soleil de Printemps dans le pré à Eragny, 1887), pero na súa derradeira etapa volveu ao impresionismo máis libre, realizando series sobre un mesmo tema. Destacan os seus Autoportrait (1873 e 1903). Tamén cultivou o gravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e artista gráfico, fillo de Camille Pissarro. Fortemente influído polo grupo impresionista, practicou tamén o puntillismo. Fundou a Eragny Press en Hammersmith e o Camden Town Group e foi membro do London Group. Destacou pola súa contribución á difusión e a compresión do impresionismo e do postimpresionismo no Reino Unido. Das súas obras destacan Queen of the Fishes (1894), a acuarela La Frette ou as augafortes Café de Province nº II (1888), Nini (1895) ou The Children (1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Estudou na escola de ballet do Bol’šoj de Moscova, onde a partir de 1960 foi a bailarina principal. Colaborou con coreógrafos de gran renome como M. Béjart e foi directora artística do Ballet del Teatro Lírico Nacional de Madrid (1987-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre a contracción transversal e o alongamento dunha barra de sección uniforme sometida a unha tensión lonxitudinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que relaciona o potencial ö dun campo electrostático coa densidade de carga ñ. No baleiro, a ecuación de Poisson é igual á ecuación de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marquesa de Pompadour. Coñecida como madame Pompadour, era filla dun rico financeiro e casou moi nova cun arrendatario de impostos. Foi amante de Luís XV de Francia e anfitrioa do círculo íntimo do rei en Versailles. Interveu en política e protexeu as letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • distribución de Poisson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación que cumpre un gas ideal nun proceso adiabático. Exprésase mediante pVã = constante, en que p é a presión, V o volume e ã = Cp/Cv o cociente entre as calores molares do gas a presión e volume constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico francés. Profesor na École Polytechnique e en La Sorbonne de París, realizou importantes investigacións en análise matemática, cálculo de probabilidades, calor, acústica, capilaridade e elasticidade de materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Yvelines, Francia, situada á esquerda do Sena (36.745 h [1990]). É porto fluvial e centro residencial e industrial. En 1561 celebrouse nela o Coloquio de Poissy, convocado por Catarina de Medici e Michel de l’Hospital, que aspiraba a un entendemento entre católicos e calvinistas.

    VER O DETALLE DO TERMO