"Ibi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

    1. Calidade de infalible.

    2. Prerrogativa da Igrexa en virtude da que esta permanece preservada do erro nas materias de fe que o maxisterio xerárquico propón como dogma. A doutrina da infalibilidade foi sistematizada despois da época postapostólica, pois na Idade Media o uso da palabra non era moi preciso. O Concilio Vaticano I preparou un esquema sobre a infalibilidade da Igrexa, aínda que só definiu a do maxisterio pontificio. O Concilio Vaticano II apropiouse das afirmacións do Vaticano I e integrounas na doutrina da colexialidade do episcopado unido ao papa e na da Igrexa como pobo de Deus. Deste xeito, o colexio episcopal e a súa cabeza, o bispo de Roma, son suxeitos capaces de determinar proposicións infalibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inflexible. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de infusible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inhibir ou inhibirse.

    2. Detención ou restrición da función dun órgano ou dunha actividade fisiolóxica determinada polo feito de estar alterada a acción que exercía un centro nervioso, unha substancia ou unha hormona específica.

      1. Supresión parcial ou completa da actividade espontánea ou condicionada dun sistema excitable (un órgano, un centro nervioso), debido a unha causa física ou mental.

      2. Estado psíquico que tende a frear ou evitar os modos de expresión que poderían revelar publicamente o carácter ou os pensamentos dun individuo.

    3. Acción reversible ou irreversible dunha substancia sobre un enzima, de maneira que non lle permite actuar. Na inhibición non competitiva a presenza do substrato non inflúe sobre a reacción do inhibidor coa molécula do enzima, e a acción inhíbese completamente; un exemplo é o bloqueo dos enzimas respiratorios polo ión cianuro. A inhibición competitiva preséntase cando unha molécula orgánica, estruturalmente semellante ao substrato, pode unirse reversiblemente ao centro activo dun enzima. Na inhibición alostérica o inhibidor únese reversiblemente ao enzima nalgún centro diferente do centro activo, pero deforma a estrutura da molécula do enzima e impide a unión do substrato. Este tipo de inhibición é moi importante na regulación de moitas vías metabólicas polo proceso de inhibición retroactiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que inhibe.

    2. represor.

    3. Substancia que, a unha concentración baixa, ten a propiedade de deter ou retardar unha reacción química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impedir ou reprimir o desenvolvemento de algo ou que alguén interveña nel.

    2. Deixar de actuar ou absterse alguén de intervir nun asunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Petición formulada por un órgano xurisdicional que se cre competente para coñecer dun determinado caso dirixida a outro que naquel momento o coñece, para que desista en favor seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á inhibición.

    2. Que causa inhibición.

    3. Despacho, decreto ou cartas que inhiben a un xuíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inintelixible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade de aceptación, nos transplantes, de sistemas antixénicos ligados ás características fisiolóxicas dos tecidos, que fan máis ou menos probable a aceptación dun órgano ou tecido alleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gravar algo sobre unha superficie dura.

    2. Incluír un nome nun rexistro ou lista cunha finalidade concreta.

      1. Trazar un polígono no interior dunha curva, ou ben un poliedro no interior dunha superficie, de xeito que todos os vértices do polígono ou do poliedro se sitúen sobre a curva ou a superficie sexa tanxente a todas as caras do poliedro, respectivamente.

      2. Trazar unha curva no interior dun polígono, ou ben unha superficie no interior dun poliedro, de xeito que a curva sexa tanxente a todos os lados do polígono ou que a superficie sexa tanxente a todas as caras do poliedro, respectivamente.

      3. Trazar un polígono no interior doutro polígono, ou ben un poliedro no interior doutro poliedro, de xeito que os vértices do primeiro polígono ou poliedro se sitúen sobre os lados ou as caras do segundo polígono ou poliedro, respectivamente.

    3. Incluírse nun rexistro ou lista cunha finalidade concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de sensibilidade.

    2. Calidade de insensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de insensibilizar ou insensibilizarse.

    2. Produción de insensibilidade mediante a administración de anestésicos ou narcóticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar insensibilidade física ou emocional.

    2. Perder sensibilidade física ou emocional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intanxible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intelixible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de intransmisible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de invisible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irascible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de irredutible.

    VER O DETALLE DO TERMO