"Inés" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 173.

    1. Relativo ou pertencente ao Porriño ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Porriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • portomarinense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Beariz, no concello homónimo. O seu cumio acada os 798 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de luz que acompaña a algúns procesos químicos e bioquímicos en que se orixinan moléculas en estado excitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semestral publicada en Vigo a partir de xuño de 1983. Subtitulada “Revista de educación especial”, foi dirixida por Francisco Insua. Promovida polo Centro de Educación Especial San Rafael de Vigo, centra os seus estudos e investigacións no campo da discapacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luminescencia producida en certas substancias ao seren sometidas a radiacións, especialmente de onda curta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Doutorouse en 1944 pola universidade de Nova York e especializouse en física nuclear. Recibiu o Premio Nobel de Física (1995), compartido con M. L. Perl, polo descubrimento da partícula subatómica neutrino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Debutou na gran pantalla en 1979 no filme Ópera prima, de Fernando Trueba. Intérprete moi prolífico na televisión e no cine, da súa filmografía destacan La vida alegre (1987), Amor propio (1994), La buena estrella (1997, Premio Goya 1998), El oro de Moscú (2003) e Otros dìas vendrán (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de transformación socialista de China. Rematada a Segunda Guerra Mundial, as forzas do Guomindang dirixidas por Chiang Kai-shek retrocederon ante a contraofensiva dos comunistas e o 1 de outubro de 1949 Mao Zedong, máximo dirixente dos comunistas, proclamou en Pequín a República Popular China. A vitoria militar iniciou unha primeira fase revolucionaria marcada por catro feitos: a primeira reforma agraria (1947 e 1950), a reforma do idioma, a lei de casamentos (1950) e a Guerra de Corea (1950-1953). En 1953 púxose en funcionamento o primeiro plan quinquenal (1953-1957), baseado na nova reforma agraria (1955), levada a cabo mediante cooperativas e granxas estatais segundo o modelo soviético. As relacións coa URSS empeoraron por causa das diferenzas estruturais entre ambas as dúas revolucións. O segundo plan quinquenal (1958-1963) radicalizou a reforma agraria, creando comunas populares, insistindo na industrialización pesada e nas obras de interese colectivo. O plan fallou, e foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa química francesa nacida da fusión da Société des Usines du Rhône (1895) cos Établissements Poulenc Frères (1827). É unha das principais empresas químicas mundiais e a primeira de Francia. Desenvolve a súa actividade preferente nos campos das fibras sintéticas (Rhovyl), produtos farmacéuticos, celulosa e filmes plásticos. En 1982 foi nacionalizada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade do olfacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. Formouse na Escuela de Filosofía y Letras (1949), onde coñeceu a Juan Rulfo e Guadalupe Dueñas. En 1950 publicou o seu primeiro poemario, Horal, posteriormente publicou Tarumba (1956) e recompilou gran parte da súa obra en Recuento de poemas (1962). Tras a súa visita a Cuba e a decepción política que sufriu co comunismo escribiu Yuria (1967), ao que seguiu Maltiempo (1972). Recibiu o Premio Nacional de Ciencias y Artes (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao S de Toronto (129.170 h [2001]). Predominan as industrias do automóbil, do téxtil e de produtos alimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Illes Balears (3.389 h [2001]). A agricultura, esencialmente de secaño, perdeu importancia como recurso económico e deu paso aos sectores da construción e do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Marino ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de San Marino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (4.530 h [2001]). Ten cultivos de secaño e industria téxtil. É un centro de veraneo e segunda residencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, (4.310 h [2001]). Ten cultivos de regadío, sobre todo cítricos, e destaca o sector servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Cronista de Carlos V (De rebus gestis Caroli V) e de Filipe II (De rebus gestis Philippi II), traduciu a Aristóteles e Alexandre de Afrodisia. Antierasmista, combateu a Bartolomé de Las Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento involuntario que se produce nunha parte do corpo e que está asociado a un movemento voluntario de outra.

    VER O DETALLE DO TERMO