"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Matemático, irmán de Joaquim Bonet i Vinyals. Foi profesor e director da Escola de Nàutica de Barcelona. Publicou, en colaboración con Ezequiel Calvet, as Tablas de Logaritmos Españoles. Publicou tamén, con Joan Dey, unhas Tablas de declinaciones del Sol y ecuaciones del tiempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, político, pintor e xornalista. Contribuíu á introdución do Romanticismo en València. Desta etapa quedan algúns dramas, un volume de poesías castelás e os artigos críticos e polémicos do Diario Mercantil. En 1837 iniciou en València a publicación de El Mole, acreditándose como agudo panfletista político e poeta de inspiración popular e satírica. Durante un exilio en Barcelona (1841-1842) escribiu para os xornais La Ley e El Popular, e participou activamente nos disturbios da Jamancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Economía e Dereito pola Universidad de Deusto (ICADE). Exerceu como avogado ata 1979, actividade que compaxinou coa de profesor de Dereito Político na Universidad Complutense de Madrid. En 1976 viaxou a Chile como comisario da ONU para investigar as violacións dos dereitos humanos e foi expulsado polo goberno de Pinochet. En 1970 comezou a súa carreira política no Partido Socialista Popular onde permaneceu ata a súa unión co Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1979. Foi deputado por Albacete e secretario do Congreso dos Deputados (1979-1983). En 1983 foi elixido presidente de Castela-A Mancha, cargo do que foi reelixido nas seguintes catro convocatorias. En 1988 foi nomeado secretario xeral do Partido Socialista de Castela-A Mancha, cargo que desempeña, e presidente dende 1990 ata 1997. Ten publicados os libros: A vueltas con el futuro: reflexiones para la renovación del socialismo (1995), Discursos del presidente José Bono, 1983-1995 (1995), El príncipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romántico. Atacou as institucións vixentes con Champavert (1833) e Madame Putiphar (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (6.839 h [1996]). Situado 5 km ao SO de Sevilla, a súa economía, tradicionalmente baseada na agricultura especializada nos produtos mediterráneos (oliveira, viña e cereais), experimentou unha reorientación debida á súa inclusión na área metropolitana hispalense, causada pola expansión residencial da cidade, feito que provocou a aceleración do seu crecemento demográfico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Enxeñería Aeronáutica e catedrático de Fundamentos de Análise Económica na Universidad Complutense de Madrid. Afiliouse ao PSOE en 1975. No 1979 foi secretario xeral de Orzamentos (1983-1984) e, entre 1984-1991, secretario de Estado de Facenda. Foi ministro de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente entre 1991-1996. Tamén é portavoz de Orzamentos do PSOE e presidente da Comisión Mixta para a UE no Congreso. Entrou na executiva deste partido no 34º Congreso, en xuño de 1992. En 1998 e tras un proceso de eleccións primarias converteuse no candidato á Presidencia do Goberno polo PSOE, renunciando ao ano seguinte. Publicou entre outros textos: Métodos matemáticos para la economía (1981) e Al filo de los días (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Augustin Pajou e de Antonio Canova. Neoclásico ortodoxo, en París foi escultor oficial de Napoleón e de Luís XVIII. É autor da cuadriga do arco de Carrousel (1806), dos relevos da columna Vendôme (1806-1810) e da estatua ecuestre de Luís XIV na praza das Victorias (1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e xesuíta. Foi profesor en Tortosa, Barcelona e Sant Cugat del Vallès. Membro da Comisión Bíblica Pontificia. É autor de Las epístolas de san Pablo (1940), San Pablo, maestro de la vida espiritual (1941), La Asunción de María (1947) e da edición da Biblia en colaboración con Francisco Cantera (La Sagrada Biblia, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Estableceuse en Calabozo (Venezuela) aos dezanove anos. En 1812 incorporouse ás forzas reais que loitaban en contra do movemento de independencia sudamericano, creando un grupo guerrilleiro. Ocupou as rexións de Los Llanos e Mosquiteros. Derrotou a Simón Bolívar en 1813 e tomou Valencia, Caracas e Barcelona en 1814. Morreu nunha emboscada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico inglés. Autor de numerosos inventos e melloras como as bombas hidráulicas, os extintores contra incendios, unha máquina para distribuír cervexa, o propio váter, etc. Propuxo o uso da hélice para a propulsión dos barcos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeobotánico suízo. Autodidacta e fundador da chamada escola sigmatista ou de Zúric-Montpellier, mantivo boas relacións cos principais botánicos suízos da época. Despois duns anos de docencia e de investigación en Zúric, en 1926 estableceuse definitivamente en Montpellier, onde fundou a Station Internationale de Géobotanique Méditerranéenne et Alpine (SIGMA) en 1930. Foi un dos centros mundiais máis vangardistas no estudo da vexetación. Elaborou un método de estudo das comunidades vexetais (na actualidade é un clásico e aplícase nunha gran parte do mundo) e unha ampla síntese de vexetación europea e mediterránea. É autor de Pflanzensoziologie (Socioloxía dos vexetais, 1928), La végétation alpine des Pyrénées orientales (A vexetación alpina dos Pireneos orientais, 1948), Les groupements végétaux de la France méditerranéenne (Os agrupamentos vexetais da Francia mediterránea, 1952) e Les groupements végétaux du bassin moyen de l’ Ebre et leur dynamisme, en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor en lingua hebrea. É autor de ensaios sobre escritores hebreos modernos. Instituíuse en Israel un premio literario á súa memoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra e fisiólogo. Colaborou con Sigmund Freud, con quen publicou Studien über Hysterie (Estudio sobre a histeria, 1895). Descubriu o poder terapéutico da catarse, o que representou o punto de partida da psicanálise. Investigou tamén a función dos nervios pneumogástricos e a fisioloxía do aparello vestibular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. No 1963, acusado de parasitismo, foi ingresado nun hospital psiquiátrico e, posteriormente, condenado a traballos forzados ata 1965. No 1972 exiliouse aos EE UU. De formación autodidacta, a súa obra poética constituíu unha reflexión metafísica irónica e desesperanzada. Dos seus poemarios destacan: Ostanovka v pustyne (Parada no deserto, 1970), Konec prekrasnoj epokhi (A fin da belle époque, 1977), Novyje stansy k Avgusta (Novas estancias para Augusta, 1979) e Uranija (1987); publicou tamén ensaio: A Part of Speech (1977) e Less than One (1987). No 1987 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico militar francés, profesor na Universidade de París. Sostivo que as enfermidades eran secundarias a unha inflamación de aparello dixestivo, e elaborou unha teoría (broussaismo) segundo a que practicamente o único tratamento efectivo eran as sangrías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político iugoslavo, coñecido polo alcume de Tito. En 1910 ingresou no Partido Socialdemócrata de Croacia. Participou na Primeira Guerra Mundial formando parte do exército do Imperio Austrohúngaro e foi feito prisioneiro polos rusos en 1915. Liberado trala revolución de 1917, uniuse aos bolxeviques e tomou parte na Guerra Civil rusa co Exército Vermello. Regresou a Croacia en 1920 e participou na fundación do Partido Comunista. Foi detido en 1928 e estivo no cárcere ata 1934. Foi un dos dirixentes das Brigadas Internacionais que participaron na Guerra Civil española. En 1937 reorganizou o Partido Comunista Iugoslavo e foi nomeado polo Komitern secretario nacional en 1939. Organizou en 1941 o movemento partisano de resistencia á ocupación nazi e creou a Fronte Antifascista de Liberación Nacional. En 1943 formou un goberno provisional de partisanos. Enfrontado aos chetniks, a resistencia serbia recibiu apoio aliado en 1944. En 1945, ao finalizar a Segunda Guerra Mundial, gañou as...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico, especialista en enfermidades do sistema nervioso. Fixo valiosas contribucións ao diagnóstico clínico das meninxites, entre as que destacan os signos de Brudziński.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político francés. Discípulo de Saint-Simon, afastouse deste e tratou de facer unha síntese entre o socialismo, o cristianismo e o ideal revolucionario. Foi presidente da Asemblea Constituínte de 1848. Escribiu, entre outras obras, Histoire parlamentaire de la Révolution française (Historia parlamentaria da revolución francesa, 1834-1858).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Orientalista, teólogo e diplomático alemán, barón de Bunsen. Foi embaixador de Prusia no Vaticano entre 1823 e 1838 e en Londres entre 1842 e 1854. Propuxo a reconciliación entre as diversas igrexas evanxélicas. Entre os seus traballos, de temas tan variados como exiptoloxía, patrística, filosofía e historia das relixións, destaca Die Zeichen der Zeit (Os signos do tempo, 1855), no que defende a liberdade de conciencia. Fundou o Instituto Arqueolóxico de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario. Foi director da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e profesor de diplomática e paleografía na universidade compostelá. Realizou o Catálogo de la Biblioteca América de la Universidad de Santiago (1927-1929) e o Catálogo general alfabético de autores de la biblioteca del Doctor Lago (1929). Así mesmo, a partir de 1944, publicou os Catálogos de la Biblioteca Universitaria, que recollían toda a obra impresa na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela dende o s XV.
VER O DETALLE DO TERMO