Brodskij, Josif

Brodskij, Josif

Poeta. No 1963, acusado de parasitismo, foi ingresado nun hospital psiquiátrico e, posteriormente, condenado a traballos forzados ata 1965. No 1972 exiliouse aos EE UU. De formación autodidacta, a súa obra poética constituíu unha reflexión metafísica irónica e desesperanzada. Dos seus poemarios destacan: Ostanovka v pustyne (Parada no deserto, 1970), Konec prekrasnoj epokhi (A fin da belle époque, 1977), Novyje stansy k Avgusta (Novas estancias para Augusta, 1979) e Uranija (1987); publicou tamén ensaio: A Part of Speech (1977) e Less than One (1987). No 1987 foille outorgado o Premio Nobel de Literatura.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Petersburgo

  • Deceso

    Lugar : Nova York