"López" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 371.

  • GALICIA

    Ilustrador e escritor. Colaborou en diversas revistas de banda deseñada, como Can sen dono e Golfiño, labor que compaxinou coa ilustración de libros como A Galiña Azul (1991), de Carlos Casares, Gatto Tigrato e Miss Rondinela (1991), de Jorge Amado, Nace un campión (1993), de Úrsula Heinze, e O avó é sabio (2002), de Fina Casalderrey. Da súa autoría destacan Voces na lagoa do espantallo (1990), Baile de colores (1992) e Teodomiro xoga con dragóns (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi director da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas do Seminario de Estudos Galegos. Membro do Partido Galeguista, participou na comisión que acudiu a Madrid para tramitar o Estatuto de Autonomía. Trala Guerra Civil Española exiliouse en México e deu clases na Universidade de Michoacán. Participou nas actividades políticas dirixidas polo Consello de Galiza na década de 1940 e posteriormente relacionouse coa Unión do Pobo Galego. Formou parte do consello de redacción da revista Vieiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e escenógrafo. A súa traxectoria teatral está vinculada ás compañías Teatro Circo, Escola Dramática Galega e Luís Seoane, coas que participou en espectáculos como Zardigot, Os vellos non deben de namorarse, A voda de Esganarello e O rei aborrecido, e nas que realizou distintas escenografías. Colaborador habitual da escola de formación teatral Casahamlet, publicou diversos traballos sobre plástica escénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor galego. Dirixiu a Escola Normal de Santiago de Compostela a finais do s XIX e contribuíu á renovación da escola en Galicia, baixo a influencia da ILE. Das súas obras destacan Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. La primera Colonia Escolar Compostelana. Vacaciones escolares de 1893 (1894) e Cuestiones educativas. Colección de estudios pedagógicos con arreglo a las modernas teorías de la Escuela (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oftalmólogo. Traballou no campo da histoloxía ocular, xunto con Cajal e P. del Río Hortega, e descubriu no nervio óptico a microglía e a oligodendroglía, descritas primeiro por este último. Tamén estudiou os efectos patolóxicos da avitaminose durante a Guerra Civil Española. Fixo contribucións técnicas, como o oftalmoscopio fotográfico, e publicou La excitación mecánica de la retina (1933) e Biomicroscopia del fondo del ojo (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura. Foi autor de edicións críticas e de artigos sobre novela pastoral e bizantina. Publicou Introdución á literatura medieval española (1953), Métrica española del siglo XX (1969), Notas sobre la espiritualidad española de los siglos de oro (1972), Lírica medieval española (1977), Tomás Moro y España: sus relaciones hasta el siglo XVIII (1980) e Panorama crítico sobre el poema del Cid (1982). Correspondente da Real Academias Española, é autor de edicións literarias como Poéticas castellanas de la Edad Media (1985) e colaborou en dous volumes do Século de Ouro da Historia y Crítica de la Literatura Española, que dirixiu Francisco Rico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Filoloxía Clásica. Foi asesor da Presidencia do Goberno, subdirector xeral de Relacións Internacionais do Ministerio de Cultura, investigador do CSIC e redactor xefe (1980) da revista Emérita deste organismo. As súas obras céntranse na lexicografía grega, nas traducións de literatura grega e na lingüística galega. Foi redactor do Dicionario Griego-Español e das súas obras destacan Los usos abverbiales del acusativo, dativo y genitivo en la lengua de Heródoto (1974) e Mi lenguaje (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e economista. Foi economista no Banco Popular Español (1972-1973) e no Grupo Banco Central (1973-1974). Director económico financeiro en SODIGA, foi deputado do Parlamento galego na III lexislatura polo PSdeG-EG. Colaborou en diversas publicacións e escribiu Desarticulación y dependencia industrial de Galicia (1977) e Excedente agrario e modo de produción: unha aproximación á lóxica da historia (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Tomou o hábito no convento de San Esteban de Salamanca en 1751 para despois dedicarse á predicación nos conventos da súa orde en San Sadurniño, Tui, Santiago de Compostela e Viveiro, polo que en 1778 acadou o título de predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Coñecido como Tokio, colabora en diversos xornais e publicacións de banda deseñada. É autor de Achegándonos aos mamíferos mariños (1993) e Xogando con Enol: unidade didáctica sobre o mar (1997). Foi galardoado co Premio de Humor de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Ordenouse sacerdote (1954) e especializouse en teoloxía e filoloxía semítica. Escribiu Dos siglos de crítica literaria en torno al prólogo de San Juan (1973), Feijoo y la Biblia o la gran paradoja (1976) e Sacerdocio ministerial y Eucaristía en la Carta a los Hebreos (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. É autora de traballos de historia e crítica literaria publicados no Anuario de estudios literarios galegos (1992). Publicou A difusión dos cancioneiros galego-portugueses na Galicia no século XIX (1989) e Névoas de antano (I Premio de Investigación Lingüística-Literaria Carballo Calero, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cóengo da Catedral de Santiago de Compostela, historiador, arqueólogo e novelista. Durante a súa estadía en Madrid dedicouse á transcrición de documentos galegos do Archivo Histórico Nacional e comezou a escribir os seus primeiros artigos de carácter histórico. Foi arquiveiro-bibliotecario (1865) e realizou un labor investigador e arqueolóxico na catedral de Santiago de Compostela desde 1871. Fundou a revista Galicia Histórica (1901-1903) e colaborou en distintas publicacións, como El Porvenir, Galicia Católica, El Pensamiento Gallego e Galicia Diplomática. Ademais publicou estudios históricos, fontes, bibliografía e crónicas de Galicia. No ámbito da literatura galega pódese incluír na segunda xeración provincialista, xunto con algúns autores coetáneos, como Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal, pero se estes últimos se dedicaban á produción poética en galego, López Ferreiro cultivou o xénero novelístico. Nese sentido destaca a súa influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nadador. Especializado na modalidade de bolboreta, foi campión de España en 100 m (1998) e finalista da Copa do Mundo en 200 m (1997). Posúe as marcas nacionais en 200 m bolboreta, 50 m costas e 100 m estilos. Recibiu a Carabela de Plata en 1996 e 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Construíu o convento--colexio da Compañía de María de Santiago de Compostela (1765-1778). Colaborou nas obras da casa do concello a partir de 1767, nas modificacións da capela das Dores en San Miguel dos Agros e no remate da construción da igrexa de Santa María do Camiño (1770). Comezou as obras do edificio do convento dos xesuítas (1773) e dirixiu a obra da capela das Ánimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Abordou o tema da revolución mexicana e destacou pola súa facilidade narrativa e a creación de personaxes. Publicou Campamento (1931), Tierra (1932) e Mi general (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Lugo (1612-1624), desde onde impulsou as obras do seminario, fundado por L. Asensio Atedui. Para isto, adquiriu un xuro perpetuo sobre alcabalas reais e estivo rematado para acoller os seminaristas en 1624. Posteriormente foi bispo de Valladolid (1624-1627).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor rexionalista, fillo do escultor Reimundo López Pol. Coñecido como Manuel Garabal, formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago con Mariano Tito Vázquez, influencia que explica o tenebrismo das súas primeiras obras (A enredante, 1926; Sol entre carballos, 1946), e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde descubriu a luminosidade e a cor (Rapaz comendo mazás; O millo, 1934). O feito de que frecuentase o taller de Cándido Garabal foi de grande importancia para o seu desenvolvemento artístico. Aínda que expuxo no acto inaugural da Sociedade Galega de Amigos da Arte (1929), ese mesmo ano abandonou a pintura, afectado de tuberculose. Xa recuperado (1932) reiniciou a súa actividade, especialmente prolífica tralo remate da Guerra Civil Española (1936-1939). En 1941 obtivo o título na Escola Superior de Belas Artes e converteuse en profesor de Debuxo Lineal e Decorativa na Escola Elemental de Traballo en Santiago de Compostela. Deste ano data a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Participou no volume poético colectivo Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola libertade (1995). Das súas obras destacan Os camiños do soño: A poesía de Uxío Novoneyra (1993) e Se as aves insistisen na ledicia: a obra de Bernardino Graña (2002). Recibiu o premio da agrupación cultural O Facho en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Cultivou unha estética realista pola que foi coñecido internacionalmente e, en 1970, asinou un contrato en exclusiva coa galería Malborough de Nova York. A complicidade con outros compañeiros, como María Moreno, Isabel Quintanilla, Francisco e Julio López Hernández, fixo que o grupo recibise a etiqueta de realismo madrileño. A súa obra representa fragmentos do mundo cotián e afectivo, paisaxes, interiores e, como temática principal, a cidade de Madrid. Interveu como protagonista na película El sol del Membrillo (1991), dirixida por V. Erice. Das súas obras destacan Los novios (1955), Campo del Moro (1960) e Gran Vía (1974-1981). Recibiu a Medalla de Oro de Bellas Artes (1983) e o Premio Príncipe de Asturias (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO