"Lomé" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 156.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado na illa de Lanzarote (13.030 h [2001]). Destaca a agricultura, a gandaría de camelos e a elaboración de viños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en Tierra Llana, a 29 km da capital (3.012 h [2001]). A economía baséase na agricultura, con cultivos de oliveiras, laranxeiras e amorodos, e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector meridional da illa de Gran Canaria (34.515 h [2001]). A economía baséase no turismo. No termo atópase a estación de seguimento espacial (Maspalomas) e o xacemento arqueolóxico de Arteara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral cantábrico, situada entre a enseada do Rego de Foz e a praia de San Cosme, na parroquia de San Cosme de Barreiros (Barreiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Bartolomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Santiago de Compostela. Fundouna o chantre Paio Abad cara a 1140 en honor da nai dos apóstolos Santiago o Maior e Xoán e contou co mecenado do arcebispo Xelmírez. Ten planta cadrada con pequenos brazos que xorden de catro arcos de medio punto apoiados sobre pilastras estriadas. A cúpula é de media laranxa sobre pendentes e está decorada con estudos. No s XVI engadíuselle, á beira do presbiterio, a capela de Nosa Señora e San Xosé, cuberta cunha bóveda nervada, e no s XVII construíuse a capela barroca de Santa Tareixa, cuberta cunha cúpula con casetóns e lanterna. A portada principal ten arquivolta tripla levantada sobre columnas con capiteis decorados. Na clave da porta atópase a imaxe da Virxe do Leite co Neno e aos lados a Anunciación do s XV. A porta está gornecida por un pórtico do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Foi director da Banda de Música do Concello de Santiago de Compostela, da de Luarca, da Banda e Orquestra da Coruña e director da Coral Severo Ochoa. Membro do Colegio Nacional de Directores, das súas composicións destacan Libredón, Tambre-Antealtares, As nosas cousas, Xiradela, Rapsodias e Anduriña. Recibiu o Premio Nacional de Composición do Conservatorio Superior de Bilbao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Coñecido como Bramantino, realizou os planos para a capela Gian Giacomo Trivulzio e a pintura L’Adorazione dei Magi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso químico catalítico en que unha ou máis moléculas dunha substancia se combinan cos fragmentos doutra molécula, denominada telóxeno, que quedan como grupos terminais da cadea oligomérica así formada, que recibe o nome de telómero.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos extremos polares dun cromosoma que ten por función evitar a adherencia con outros cromosomas.

    2. Cadea oligomérica que está formada por telomerización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Capitán da mariña mercante e político. Foi deputado autonómico polo PP (1981-1982, 1985-1989) e director xeral de Pesca e Marisqueo da Xunta de Galicia (1982-1985). Alcalde de Ribeira desde 1991, foi presidente da FEGAMP (1991-1995) e da Deputación da Coruña (1999-2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi o primeiro dramaturgo hispánico que tentou unha renovación da escena partindo de presupostos italianos, humanistas e horacianos, tal e como formulou no “Proemio” da Propaladia, que recolle a súa produción poética e dramática, en Diálogo del Nacimiento e en seis comedias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Edificada no s XVI, atribúeselle a Rodrigo Gil de Hontañón ou a algún membro da súa escola. Consérvase o primeiro corpo, formado por catro arcos sobre columnas con medallóns nos sobrazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Bartolomeu de Rebordáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa e pedagoga. Figura central da lírica dominicana do s XIX e pioneira da educación feminina formal. En 1881 fundou o Instituto de Señoritas, primeiro centro feminino de ensino secundario da República Dominicana, no que se formaron as primeiras mestras do país. A súa obra caracterízase polo seu espírito patriótico, sentimental e defensor da cultura indíxena. Destacan Poesías (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador e prateiro. Realizou estampas de cores de temática relixiosa, das que destacan La Virgen de la Silla ou La Virgen de la Rosa. Gravou tamén obras de pintores coñecidos como El niño de Vallecas de Velázquez ou Pastorcita de Zurbarán.

    VER O DETALLE DO TERMO