Tras Salomé, pazo de
Tras Salomé, pazo de
Construción situada en Santiago de Compostela. Edificada no s XVI, atribúeselle a Rodrigo Gil de Hontañón ou a algún membro da súa escola. Consérvase o primeiro corpo, formado por catro arcos sobre columnas con medallóns nos sobrazos.